Antonio Concheiro naceu en Ordes o 25 de
febreiro de 1904. Era fillo de Antonio Concheiro Rodríguez, médico
forense de Ordes e subdelegado de Medicina do distrito desde 1909, e Asunción Iglesias Rápela, matrimonio
que tivo numerosos fillos.

Non comezou a exercer en Ordes senón en Carral, onde se instalou en 1927, e un ano despois
casou con Euduvigis Carro Viqueira,
filla do industrial coruñes Manuel Carro, coa que tería dous fillos: Antonio e
Luis.
Xa en Ordes, compaxinou o traballo con
diversas actividades como xogar ao fútbol (compartindo equipo co seu inimigo
político García Gerpe), ser
presidente da banda de música (onde tamén estaba Gerpe) e, por suposto,
participar na convulsa vida política da época.
Convertido no líder da dereita, foi alcalde de Ordes durante a II República
(de 1931 a
1936). A esquerda acusábao de usar as festas e as ceremonias relixiosas como
armas contra as ideas republicanas. A victoria da Fronte Popular en febreiro de 1936 obrígao a deixar a alcaldía.
Segundo Gerpe, entregou as chaves "con
lágrimas de rabia y desesperación".
Non foron bos tempos para el pois ata foi
detido algunha vez por reunión ilegal. Temendo pola súa vida agochouse nunha casa no lugar de Vilar (Mercurín).
A situación cambiou co alzamento militar.
Despois da guerra loitou por ser de novo o "home forte" do concello, pero non o logrou inmediatamente: en 1944 foi multado con 1000 pesetas por criticar a Rafael Mariño, xefe local do "Movimiento".
Unha anécdota daqueles tempos era que como había tres Antonios na familia, o seu pai era don Antonio, el era Toñito, e o seu fillo era Tonecho.
Unha anécdota daqueles tempos era que como había tres Antonios na familia, o seu pai era don Antonio, el era Toñito, e o seu fillo era Tonecho.
Morreu o seu pai en 1942 e montou ao ano
seguinte o "Sanatorio
Concheiro" -no edificio adxacente ao actual-. Pouco despois foi un dos
médicos que atenderon ao guerrilleiro Foucellas
cando este estivo ferido.
En agosto do ano 1950 inaugurouse (con bendición do mesmo arcebispo) o novo sanatorio, que hoxe aínda pervive.
En agosto do ano 1950 inaugurouse (con bendición do mesmo arcebispo) o novo sanatorio, que hoxe aínda pervive.

Neses tempos (anos 50) era alcalde Juan Liñares Castro, fillo dun curmán e íntimo seu, o que lle permitía gobernar
na sombra.
En 1963 foi nomeado forense de 1ª categoría
do xulgado de Ordes.
No ano 1968 volveu a ocupar o posto de alcalde. Dous anos despois, en xaneiro de 1971, morreu a súa muller case ao mensmo tempo da súa entrada na Deputación da Coruña. Na
alcaldía vive os anos de crecemento da vila.
Co fin da ditadura tivo a honra de recibir aos
reis de España nunha curta visita en 1976. Enrolouse na UCD de Adolfo Suárez e participa nas primeiras eleccións municipais
da nova democracia. Gañou cun 55 % dos votos e logrou 10 de 17 concelleiros.
Daqueles tempos data a famosa anécdota de
que, indo a pedir o voto porta a porta, unha señora pouco maior ca el estrañouse:
-
Pero vostede, don Antonio, ós seus anos ...
El respondeu:
-
¿Qué le voy a hacer? Si en casa no hay
nadie que quiera coger la alcaldía.
O descalabro da UCD con Landelino Lavilla no
ano 1982, alonxouno da 1ª liña política e non se volveu presentar ás eleccións.
Morreu o 2 de marzo de 1991 aos 87
anos.
Os seus dous fillos, tamén son médicos. Antonio Concheiro Carro continuou en
Ordes e Luis estableceuse en
Santiago onde é unha figura moi reputada.
Tomaron o seu relevo político dous netos: Antonio Concheiro Coello, farmacéutico,
que foi concelleiro en Ordes e parlamentario galego (1995-2004), e Gonzalo, alcalde de Boimorto polo PP
durante só nove meses entre os anos 2015 e 2016.
Unha das futuras rúas proxectadas que irá
desde Alfonso Senra (a carón da casa de Higinio) ao centro médico levará o seu
nome. Comezou a explanarse en abril de 2017.
No hay comentarios:
Publicar un comentario