No lugar da Eirexe a uns 40 metros ao noroeste da igrexa de Santo André achamos este
bonito e esvelto cruceiro feito totalmente de pedra.
A plataforma cuadrangular adáptase ao
desnivel do terreo. No oeste son tres
graos, mentres que no leste só asoman dous. Sobre eles un pedestal rematado con
chafráns duns 40
centímetros de altura. Acaroada a el polo lado sur hai
unha mesa de ofrendas.
O varal, duns 2,70 metros de altura,
empeza e remata cadrado pero a maior parte é octogonal. Sobre el hai un capitel cuadrangular moldurado cunha
esquina algo deteriorada.
Os paus da cruz son circulares leñosos e con
nós. Hai as dúas figuras típicas. Un
cristo bastante detallado con tres cravos, cabeza á dereita, mans pechadas,
coroa de espiñas e pano sen nós. Sobre a cabeza distínguese o cartel do INRI. A
virxe en cambio parece moito máis estilizada, máis básica. Situada sobre unha
peaña que semella unha nube, está orando coas mans xuntas e o seu vestiario é
liso sen unha soa engurra.
O conxunto debe de medir arredor duns 4 metros e medio.
Se queredes ver máis fotos e unha vista de
rúa preme en Cruceiro de Lesta da
excelente web Todos los cruceiros de Galicia.
No hay comentarios:
Publicar un comentario