Xaneiro de 1956 resultou ser un dos mellores momentos na historia do equipo de fútbol
de Ordes. A excelente campaña realizada o ano anterior garantiulle o primeiro
posto da clasificación que permitiría o soñado ascenso a terceira división, antes da última
xornada.
Como o número de equipos da categoría
Rexional Serie A era impar (11 concretamente) un deles sempre descansaba e ao
Ordes tocoulle precisamente facelo na xornada final o día 15 de xaneiro de 1956.
Para celebralo axeitadamente a directiva concertou un partido amigable co Club
Marte coruñés. Así, de paso, o adestrador Neira puido comprobar o estado de
titulares e suplentes. O partido acabou 7-1, mostrando a diferenza de nivel
entre os equipos. O que tivo máis traballo foi o árbitro xa que os xogadores do
Marte, quizais picados polo avultado marcador, empregáronse con máis dureza da
aconsellable nun partido non oficial.
Pola
noite celebrouse unha festa, documentada polo xornalista Luis
Sánchez-Harguindey Pimentel Lusapi nas páxinas de La
Noche.
El
presidente del club, Antonio Concheiro Iglesias, invitó a jugadores, entrenador, directivos y a
alguna otra persona allegada al club a una magnífica cena que fue servida en un
espacioso salón, engalanado con motivos futbolísticos, en los que destacaba la
insignia del club en su momentáneamente nueva división.
La cena transcurrió dentro de la mayor
camaradería y cordialidad entre todos los asistentes, en los que el buen humor
se dejó notar a lo largo de todos los suculentos alimentos.
Fue muy comentado favorablemente por todos los
comensales el magnífico gesto deportivo del club Santiago -único hasta aquel
día- al enviar un telegrama de felicitación al Club Órdenes por su reciente
ascenso. Deseando toda la concurrencia allí presente y en especial la directiva
del Club Órdenes, que para el próximo campeonato de tercera División su club lo
pueda disputar en compañía del club compostelano.
Al final de la cena hizo uso de la palabra el
alcalde de Órdenes, don Juan
Liñares, el cual en nombre de la alcaldía y como primera autoridad,
agradeció a jugadores, entrenador y directiva del club, todos los esfuerzos
realizados que cristalizaron con la máxima aspiración final como líder de la
competición; e hizo constar que el club encontraría en todo momento el máximo
apoyo en el Ayuntamiento que él preside.
Siguieron a las palabras del Sr. alcalde las
del presidente del club en las que hizo patente su propia satisfacción y
agradecimiento a jugadores, entrenador, alcaldía y compañeros de directiva;
cuyo esfuerzo conjunto ha llevado al club Órdenes a la meta perseguida, desde
que él se había hecho cargo de la presidencia cuando el club comenzaba a dar
sus primeros pasos.
Finalmente habló el entrenador señor Neira
y los dos capitanes del equipo Janito
y Ponte que hasta ahora vinieron desempeñando el mencionado cargo.
La parte amena de la mesa corrió a cargo del
defensa central Floreal, el cual con sus magníficas intervenciones sostuvo en
constantes carcajadas a todos los invitados que no cesaban de hacer sonar sus
palmas en honor a estas magníficas dotes que realmente en él desconocíamos.
Y para finalizar, quiero también desde estas
columnas sumar mi felicitación al Club Órdenes por este magnífico galardón
obtenido, al mismo tiempo que quiero hacer constar mi agradecimiento por todas
sus inmerecidas atenciones que han tenido para conmigo.
Pero realmente non se lograra aínda nada, porque o equipo aínda tivo que participar
no que se chamaba Torneo de Permanencia xunto co gañador da Serie A Rexional Sur, o Gran Peña de Vigo, e otros 8 equipos de Terceira (mentres o Ourense e o Turista xogaban a promoción á 2ª División). Por norma federativa non podían
reforzarse con outros xogadores e ambos os dous tiveron que disputar os
partidos coas plantillas que tiñan previamente.
Os 10 equipos participantes foron: Arsenal de
Ferrol, Brigantium de Betanzos, Juvenil
da Coruña, Fabril, Ordes, Lugo, Lemos de Monforte (que sería o gañador),
Ponteareas, Pontevedra e Gran peña de Vigo.
O torneo comezou a finais de xaneiro
e remataría en maio. O Ordes comezou moi mal, perdendo o primeiro partido por
6-1, pero no segundo empatou na casa contra o Juvenil, o que non lle valeu para deixar o fondo da clasificación.
Unha meritoria victoria 1-0 contra o Lugo e un empate 3-3 contra o Pontevedra
en febreiro endereitaron o seu rumbo. En abril xa era 5º na clasificación, posto
que conservaría ata a xornada final que foi o 20 de maio, onde perdeu contra o
Gran Peña por 3-2 nun partido que xa non era relevante. Ese 5º posto era a confirmación,
agora si, do seu ascenso á Terceira División.
Os xogadores
habituais nas aliñacións foron: Mangana na portería, Canito, Floreal e Salgado
na defensa, Pintos, Chas e David na media, e Chines, Lichi, Mena, Ponte, Marzoa
e Moncho na dianteira.
O equipo de Ordes debutaría en setembro dese ano na 3ª
División. O obxectivo sería manterse nela e iso logrouse quedando decimosegundo*.
Sería a primeira de 5 temporadas (ata a 60-61) na categoría. Aqueles anos máxicos
foron o cénit do equipo, especialmente a temporada 58-59 na que acadaría o 5º
posto. Nos 60 volvería á Rexional (agás un novo ascenso no ano 1967), e nos 70
empezaría unha decadencia que non pararía ata principios do século XXI.
* Se ben a Wikipedia pon que acadou o 13º posto, eu fíome dos xornais da época.
No hay comentarios:
Publicar un comentario