sábado, 7 de junio de 2025

Rayo F.C.


  Comezaba o ano 1961 e ao equipo de fútbol de Ordes non lle ían as cousas ben en 3ª División. De feito en abril consumaríase o descenso do equipo.
  Pero quizais o peor era que gran parte do público estaba descontento porque todos os seus compoñentes eran foráneos. Así que o campo de Vista Alegre, orgullo da vila por ser un dos mellores da categoría, non podía ser usado polos mozos locais. O correspondente de El Correo Gallego, Fausto Blanco, comentou en febreiro que moita xente prefería o descenso do equipo se isto significaba dar entrada na aliñación a máis rapaces ordenses.  
 Todo este malestar cristalizou na creación dun novo equipo, o Rayo F.C. 
 Esta competencia non lle gustou nada á Xunta Directiva do Ordes, presidida por Antonio Concheiro. Nunha nota de prensa comentou o seu desagrado pero dixo estar disposto a deixar o estadio sempre que non fose usado polo 1º equipo, o Órdenes B ou o Órdenes Juvenil (ninguén na vila sabía que existían estes dous últimos equipos).
  Visto o percal o Rayo continou ao seu e puxo a punto un "estadio" despois do cambio de rasante do Recreo cara ao Balado (realmente unha leira explanada e con bastante pendente). Como necesitaban unha Directiva os mozos buscaron un presidente puramente nominal que acabou sendo Emilio del Río Sánchez. O 16 de maio foi admitido como "club adherido" pola Federación Galega de Fútbol. O seu uniforme non tería a típica cor verde de Ordes senón a amarela do lóstrego que lle daba nome.
 
INAUGURACIÓN
  O xoves 1 de xuño de 1961 (Corpus Christi) foi inaugurado solemnemente o "Noso Campo" con bendición do párroco don José Fernández diante dunha gran cantidade de público. A madriña foi a "encantadora nena" Mary Fernández Faya, a quen o capitán do Rayo obsequiou un ramo de flores. Por certo que esas flores saíran da terraza de Marujita Mariño (a muller do vicepresidente Manuel Astray Rivas).
  Logo tivo lugar o partido contra o club Victoria da Coruña, que marcou o primeiro gol "oficial" no campo con apenas 7 minutos de partido e outro máis aos 12. Pero o Rayo repúxose e acabou dando a volta ao marcador, gañando 3-2.
  Ás 11 da noite celebrouse un festival organizado pola Directiva xunto a Comisión de Festas, amenizado polo conxunto Los Platinos da Coruña, coa asistencia de moitos veciños, xogadores e directivos do Victoria e un grupo de mozos santiagueses. No descanso procedeuse á elección de Guapa de Órdenes, saíndo elixida a "simpática señorita" Mª del Carmen Mirás Blanco.
  O Victoria ofreceuse para vir máis veces a Ordes, cousa que lle agradeceu a Directiva do Rayo.
  Unha semana despois recibiu ao Arenal de Santiago que armou un equipo para a ocasión pero tamén foi derrotado 1-0 polo Rayo. A aliñación do equipo local neste partido foi a seguinte: Aller, Maquieiro, Luis, Jim, Aito, Roberto, Muiño, Ignacio, Gelos, Pepe e Nando.
 
  A partir deste momento o Rayo comezou a súa andaina. O adestrador era Muiño*, tamén novo, pero bastante maior que os rapaces (tiña 25 anos), e como delegado actuaba Manuel Ferreiro Manolo do Ramecho.
  A finais do ano o Rayo participou no Torneo de Xuvenís de Santiago xunto con La Salle, Arenal, San Lorenzo, Vista Alegre, San Pedro, Victoria de San Lázaro e Flavia de Padrón. Non houbo nada que facer diante da superioridade de La Salle e Arenal.
  Nos dous anos seguintes o Rayo participou noutros torneos con bos resultados. Foi subcampión de liga e copa por detrás do Noia, que era a súa besta negra. En maio de 1962 no Torneo Primavera recibiu unha dura derrota a domicilio 0-6 por parte do Arenal. A finais do mesmo mes tamén perdeu un amistoso de máxima rivalidade en Sigüeiro por 3-1.
  En novembro de 1962 temos noticias dun partido en Noia que perderon 3-0. Xogaron aquel partido: Ferreiro, Noya, Piñeiro, Fernández, Mariño, Roberto, Viñas, Liste, Rilo, Fernández e Calixto.
  No segundo ano Muiño xa deixou o cargo de adestrador e os rapaces autoxestionábanse eles mesmos.
  1963 foi o último ano de vida do Rayo, que caeu presa dos seus poderosos inimigos. Un día o seu campo apareceu arado e foi o fin do soño. Un artigo de Sanmartín publicado o día 13 de setembro de 1964 en El Correo Gallego explica perfectamente a súa historia.
 
 
UN CASO QUE NO DEBE REPETIRSE
  En el campeonato juvenil que dará comienzo dentro de pocos días se ha producido este año la baja del equipo representativo del Club Deportivo Órdenes. No sabemos las causas que han motivado esta decisión, pero creemos que no ha sido prudente el dejar a la simpática villa de la carretera de La Coruña sin un equipo que la represente en los Campeonatos Nacionales de Juveniles.
  Sabemos que estaba dispuesto a tomar tal representación el Rayo C.F. como tantos años lo vino haciendo, pero a este entusiasta equipo se le han puesto toda clase de trabas hasta conseguir hacerle desistir de su decisión. Los impedimentos vienen ya de antiguo; primero se le negó la autorización para poder utilizar el campo de fútbol que existe en Órdenes, viéndose obligado a celebrar sus encuentros, en las últimas temporadas, en un descampado existente en los alrededores, pero también hasta este campo llegó la inquina de ciertos "amantes del deporte" que alegaban que el Rayo, simple equipo de juveniles en donde sus jugadores quedaban en libertad una vez cumplidos los 18 años, entorpecía la marcha del primer club; consiguiendo que estos entusiastas deportistas fuesen desalojados del terreno donde, con grandes dificultades, venían practicando su deporte favorito. Al no poder presentar un campo que reuniese un mínimo de condiciones la federación Gallega, fallo lógico y explicable, no le dejó participar en el pasado Campeonato, lo que motivó la desaparición de la sociedad. Con la idea de suplirlo, el Órdenes sacó un equipo juvenil a la palestra y ahora, con el Rayo sin poder participar, el Órdenes se retira, quedando la villa sin un equipo de fútbol que la represente entre los juveniles y que a la par, fuese vivero de futbolistas para que el primer club no tuviese que desplazarse a la capital de la provincia a conseguir once jugadores que quieran vestir la camiseta del equipo titular, que actualmente milita en la Serie A Regional.
  Si se pensaba que el Club Órdenes, por las causas que fuesen no podía sostener, o no estaba dispuesto a ello, un equipo juvenil, debió dársele al Rayo toda clase de facilidades para que esta sociedad siguiese subsistiendo. No se protege así al deporte y menos cuando este es aficionado y solo se trata de fomentar su práctica por parte de la juventud que es la que de verdad siente cariño hacia todo lo que practica. Es de esperar, para bien del fútbol, que casos como el de Órdenes no se repitan.
Fotos aportadas por Carlos Mariño.
 
* Antonio Muiño Cid (1936-2012) foi xogador do Ordes e adestrador. Traballou na Notaría e casou con Concha Veiras Meijide, coa que tivo 4 fillos: Mª Dolores, Eva, Antonio e Conchita.

No hay comentarios:

Publicar un comentario