Os Ruibal
foron unha das máis coñecidas familias de Buscás. Logo estenderíanse tamén por
Ordes, Carral e Santiago.
José Ruibal era no século XIX un construtor de Moraña (Pontevedra) que veu facerlle a casa ao maquieiro de Buscás e casou coa súa filla. Só tiveron un fillo, Nicolás Ruibal (n.1819) que casou con Mercedes Vilela de Toques (outras fontes din que se chamaba Ramona Vilela Escarís). Este matrimonio si tivo varios fillos e o herdeiro sería Manuel Ruibal Vilela (1871-1951),
importante construtor a principios do século XX. Namorouse de María Graña Viqueira (1876-1966) de Ardemil, a quen raptou* cando tiña 16 anos. O matrimonio tivo sete
fillos: José, Gumersindo, Juan, María, Manuela, Carmen e Manuel Ruibal Graña.
José Ruibal Graña (1895-1981) o primoxénito, herdou o oficio e a casa
paterna. Casou con Jesusa Rivas Viqueira (1900-1982) e tivo 9
fillos: Aurelia, Francisca, Sofía, Florentino, José, Pura, Flora, Josefina e
Sara Ruibal Rivas. As tres últimas emigraron a América.
A segunda filla, Francisca Ruibal Rivas (1926-2016),
casou cun dos Estevos
do Casal, Manuel Rodríguez García (1924-1999)*. Este matrimonio
estableceuse en Santiago na Algalia de Abaixo onde tivo unha ferraxería. O
fillo maior, Euloxio Rodríguez Ruibal,
é o máis famoso escritor ordense e, xa en vida, ten unha rúa dedicada na vila.
Sofía
(1926-2001), a terceira irmá, tamén se estableceu en Santiago onde se dedicou a servir en
distintas casas. Tivo un fillo de solteira, chamado José Luis, e gozou de bastante popularidade na cidade porque tiña a afección de escribir
poemas que logo enviaba a La Voz de Galicia e aos seus
destinatarios (o rei, o presidente Felipe González, o alcalde Xerardo Estévez...) e algunha vez ata recibiu contestación!
Pero, indubidablemente,
o cuarto fillo, Florentino Ruibal Rivas
Flor da
Maquía, foi o máis famoso na comarca de Ordes porque xunto co seu
irmán José
María formou parte do grupo Airiños
de Buscás, unha lenda dentro da música tradicional galega.
Purificación
(1934-1991), casada con José Martinez Mosquera Martís
da Maquía (1931-2019), foi a que quedou na casa paterna.
Gumersindo Ruibal Graña (1896-1979) foi empresario en Ordes onde as
cousas lle ían moi ben -en 1926 era o 21º home máis rico do concello- pero aínda
así marchou para Carral onde fundou
a empresa de transporte "Industrial". Casou con Jesusa Boga Garabato
coa que tivo tres fillos.
Juan Ruibal Graña (1899-1993) casou con María López Castro (1903-1985) coa
que viviu no Recreo e coa que tivo 5 fillos: Milagros, Alfonso o Canaima, Carmen, Manuel e Gumersindo Ruibal López.
Debido ao apelido da súa nai, son coñecidos como os da
Lopas.
María Ruibal Graña (1900-1990) casou para o lugar de Vilariño con Antonio
Mouriño Gómez. O matrimonio tivo 6 fillos que chegaron á idade adulta: Jesús, Concepción, José, Adelina, Elvira e
Antonio Mouriño Ruibal, e outros 3 (Carmen, Manuel e Isolina) mortos de rapaces. O máis coñecido foi o primoxénito, Jesús Mouriño Ruibal (1921-2010),
fundador e propietario de "Muebles
Mouriño" fronte á Casa do Concello (logo a súa muller tamén poñería
outro comercio nos Parques Municipais). A segunda, Concepción (1924-2013), casou con
Roque Rossier Bressan (1924-1984) e tiveron unha pequena fábrica de roupa.
Manuela Ruibal Graña (1905-1998) casou con José Campelo con quen viviu na
rúa da Mina e con quen tivo dous fillos: José e María Campelo Ruibal.
De
Carmen
non teño datos.
Finalmente
Manuel
Ruibal Graña (1909-2004) tamén se estableceu en Carral e casou con
María Castelo, coa que tivo dous fillos: Pilar e Jesús Ruibal Castelo.
* Estratexia habitual cando á familia non lle gustaba o pretendente.
Manuel Rodríguez García tamén tivo afeccións literarias e escribiu un libro, "Historia viva" (1998), con anécdotas dos seus veciños de xuventude. Algunhas eran bastante escabrosas e o libro non foi ben recibido por todos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario