jueves, 25 de diciembre de 2025

Cruceiros de Poulo

   Dos tres cruceiros que hai na parroquia de Poulo o de maior interese artístico é o cruceiro da Calle que está preto da capela da Mercé.
 

  Na parte sur do adro da igrexa do Outeiro está o segundo cruceiro, caracterizado pola súa sobriedade. Probablemente foi construído en tempos da Guerra Civil pois sabemos que o que había anteriormente foi danado. Isto tamén explica que o material usado fose o formigón, aínda que un pequeno desperfecto nas gradas revela que o interior destas é de ladrillo, un material aínda máis barato.
  Consta dunha plataforma cuadrangular de 3 graos que levanta uns 80 centímetros do chan. A continuación un varal cadrado pero con chafráns de 2 metros de altura. Na súa cara oeste vense os únicos adornos que se permite: unhas tenaces, tres cravos, un martelo e unha escaleira, elementos da paixón de Cristo.
  Un capitel cuadrangular duns 20 centímetros cun relevo ovalado da paso a unha cruz tamén cuadrangular duns 90 centímetros de altura sen ningunha figura.
  O conxunto mide algo menos dos 4 metros e ten gran finura de liñas.
 

  Aínda hai outro cruceiro na área recreativa da Fonte de Nosa Señora a uns 600 metros da Calle. Deste, sabemos que foi erixido na posguerra (inaugurado en xuño do ano 1947). Está feito de de granito (agás as gradas que son de cachotería) e é menos alto (uns 3,20 metros) e esvelto que o do Outeiro. Consta de 2 gradas duns 50 centímetros, un varal cadrado con chafráns de 1,80 metros, sobrio capitel de tronco piramidal e cruz tamén sen imaxes duns 70 centímetros. A humidade do lugar fai que teña unha permanente capa de liques.
 

No hay comentarios:

Publicar un comentario