Situado
no medio do antigo campo da festa preto do palco da orquestra e a uns 250 metros ao norte da
igrexa parroquial, o cruceiro de
Mercurín é un dos monumentos máis antigos e importantes -ambas as dúas categorías
normalmente están relacionadas- da comarca.
A inscrición que hai no varal permite saber o
ano no que se erixiu: 1646, a mediados
do século XVII en plena época
barroca. Iso convérteo nun dos máis antigos do concello.
O da vila de Ordes parece ser 15 anos anterior pois a data que figura no varal é 1631. Non obstante no libro de Eugenio Carré Aldao aparece como feito en 1681, o que fai pensar que o que hoxe parece un 3 ben podía ser un 8 e, por tanto, o cruceiro de Mercurín sería o máis antigo do concello.
Outra das súas peculiaridades é que ten tres figuras en lugar das dúas habituais. Un Cristo crucificado que
mira cara ao sur, onde está a igrexa. María Madalena, recoñecible pola súa longa melena, orando sobre unha peaña de tres anxos con ás. E finalmente no varal (que é cadrado e con chafráns) aparece, tamén mirando cara ao sur, San Clemente (4º papa da historia e patrón da parroquia) con mitra
e báculo.
O cruceiro e as súas figuras compoñen un
magnífico conxunto escultórico popular -con influencias da arte culta- do
primeiro barroco. Se queres saber a súa localización exacta ou velo con Google
views, pica na seguinte ligazón:
No hay comentarios:
Publicar un comentario