O cruceiro de Pereira está situado no campo
da festa onde tamén está o local social e antiga unitaria da parroquia, a uns 65 metros ao nordeste da igrexa de Santa Aia. 
  A base é unha
plataforma cuadrangular de catro graos, e enriba deles un pedestal ao que está
adosado unha imaxe dunha Piedade moi desgastada e erosionada. Que un cruceiro
teña unha Piedade non é raro pero o lugar que ocupa neste cruceiro si o é.
 O varal, duns 2,20 metros de altura, é
de forma cadrada pero con chafráns a certa altura. Na parte máis baixa hai
restos dunha inscrición totalmente ilexible. 
  Tamén é
bastante peculiar o capitel que ten uns 30 centímetros de
altura. A
súa forma é cúbica pero cos vértices superiores máis agudos e cun resalte
algo curvado. En cada cara sobresae unha figura, entre as que podemos
distinguir as de San Antón de Padua e San Francisco de Asís. A cruz,
duns 70 centímetros,
é bastante simple e sen adornos.
  Esa base cos seus catro graos fai que sexa un dos cruceiros de maior superficie, en cambio a súa altura de pouco máis de catro metros é  moi habitual na zona.  
  Se queres ver máis fotos e unha vista de rúa
preme en Cruceiro de Pereira da
excelente web Todos
los cruceiros de Galicia.

No hay comentarios:
Publicar un comentario