O matrimonio
tivo 3 fillos varóns -Manuel, Antonio (tamén avogado) e Luis (oficial do
Rexistro)- e dúas mozas -Clarita, alcumada a Cabra porque era moi
extravagante para aquela época, e Josefina Finita-.
Vivían nunha
casa que estaba no que hoxe é a Clínica Concheiro.
Manuel seguiu
a senda familiar e tamén estudou Dereito. Rematou por ser subdirector da Oficina da Administración Pública de Ordes.
Casou en xullo de 1952 con Mª Ángeles Mariño Iglesias (1925-2016), máis coñecida como Marujita, coa que tivo dous fillos: Ángeles e Manuel.
Pero a súa verdadeira
vocación foi a literatura. Colaborou nas páxinas de La Noche, onde
compartiu espazo con xente da talla de Otero Pedrayo, Cunqueiro, Risco ou Fernández del Riego. Posteriormente seguiría escribindo en El Correo Gallego e en La Voz de Galicia. Converteuse
no erudito oficial de Ordes. Cando había que facer unha guía ou un pregón aí
estaba. Escribiu un libriño autoeditado, "Caída programada",
sobre o chileno Salvador Allende, e unha inédita obra
teatral, "A Pouleira",
traxedia sobre o mundo rural galego. Pero
a súa obra máis coñecida foi "Síndrome
del 36: la IV agrupación del ejército guerrillero de Galicia" (Edicións
do Castro, 1992), unha memoria persoal da actividade guerrilleira da posguerra
na comarca de Ordes.
Morreu dous
anos despois, o 1 de febreiro de 1994 aos 70 anos.
O seu fillo Manuel Nel Astray
Mariño, tamén avogado, é moi coñecido na vila por ter sido un dos
dirixentes do PSdG-PSOE de Ordes ata o 2007, ano no que abandoa esa formación.
Foi concelleiro en varias ocasións.
Manuel Astray
estaba moi orgulloso da súa poesía e, aínda que nunca publicou unha
recopilación, hai varios poemas soltos espallados no xornal compostelán La Noche. Velaquí unha pequena mostra.
No hay comentarios:
Publicar un comentario