lunes, 7 de marzo de 2022

Cruceiro da Rúa (Buscás)


   Este estilizado cruceiro de pedra, no lugar da Rúa, está á beira da casa rural Dona María e a uns 80 metros ao norte da igrexa de San Paio.
  Probablemente data da segunta metade do século XIX, porque no pedestal hai unha inscrición onde aparece claramente o nome da persoa que o encargou: "A espensas del señor don Francisco del Río y García, canónigo y comisario de Sto Payo?", de quen sabemos que desenvolveu a súa carreira eclesiástica por aqueles tempos
 

  O primeiro que chama a atención é unha base de cachotería que a principios deste século foi cuberta con placas de granito, ao tempo que se rebaixou o terreo circundante. Deste xeito esa base ten agora uns 110 centímetros de altura, o que ocasiona que todo o conxunto se achegue aos 6 metros e sexa inusualmente alto. 
  Enriba da base hai unha plataforma de 3 graos e o pedestal cuadrangular da inscrición cunha roda moldurada enriba.
  O varal circular remata nun capitel toscano. A forma circular tamén é bastante destacable pois non é moi habitual. De feito os dous únicos cruceiros do concello con esta catacterística están na parroquia de Buscás, sendo o outro o chamado "Cruceiro agochado" ou "cruceiro escondido".
  A cruz, de brazos con chafráns e remates de forma potenzada, ten dúas figuras: un Cristo crucificado cara ao leste (ao que le caeu o seu brazo dereito) e unha Virxe Dorosa sobre unha peaña coas mans unidas en acto de oración e cunha longa espada cravada no corazón.
 

  Se queredes ver algunha foto máis, a súa ubicación en Google Maps ou unha vista en Google views, premede en Cruceiro da Rúa da excelente web Todos los cruceiros de Galicia.

No hay comentarios:

Publicar un comentario