viernes, 13 de marzo de 2026

Cruceiro de Barbeiros


  Barbeiros ten o máis pequeno de todos os cruceiros parroquiais do concello, menos de tres metros de altura. Está a uns 50 metros ao sur da igrexa de Santa María, no aparcadoiro do campo da festa. Curiosamente, a pesar da súa modestia, o lugar chámase O Cruceiro (e non A Igrexa ou Eirexe).
  Dada a mestura de materiais, é evidente que debeu sufrir danos e que algúns elementos como a cruz foron substituídos ao longo da súa historia.
  Inicia cunha plataforma cadrada de dous graos, feita de formigón. O primeiro grao está medio soterrado e o segundo ten uns 20 centímetros de alto.
  O varal e o capitel son de granito e aparentan bastante antigüidade. O varal, notablemente pequeno pois apenas chega ao metro 60 de lonxitude, é octogonal pero remata cadrado. O capitel, cuadrangular moldurado, ten uns 25 centímetros de alto.
  Completa o conxunto unha sinxela cruz de formigón duns 70 centímetros de alto sen ningunha figura.
  Se queredes ver outra foto do cruceiro e a súa localización en google maps, podedes ir a Cruceiro de Barbeiros na excelente web Todos los cruceiros de Galicia.

No hay comentarios:

Publicar un comentario