A igrexa de Santa Mariña localízase no lugar
do Pazo en Parada. Está enclavada
dentro dun adro valado, vagamente pentagonal, duns 2.300 metros cadrados.
No norte, a carón da entrada está a vella botilla onde se facían as autopsias.
Logo os panteóns do cemiterio que envolven o edificio e que chegan a uns 50 metros polo sur do
adro. Na punta oeste a uns 40
metros da igrexa está o cruceiro.
É un templo de tamaño medio (uns 155 metros cadrados)
cunha fachada de 7,40
metros e unha lonxitude de mais de 18. Unha pequena
sancristía de 6 metros
por 4 e medio pegada á zona norte dalle unha forma de L, moi habitual na zona pois tamén a presentan as capelas da Mercé (A
Calle) e San Xosé (A Bouciña) e as igrexas de Buscás e Ardemil. Esta última paréceselle
especialmente xa que tamén o corpo central da fachada é de cantería granítica.
Os muros están feitos de cachotería, revocados
e pintados de cor branca. Só os esquinais, marcos de portas e fiestras e o zócalo
e corpo central da fachada, como temos dito, son de cantería. Nesa franxa da
fachada vemos unha porta alintelada, unha inscrición co ano da última reforma
(1862), unha sobria fiestra e unha cruz branca da Santa Misión de outubro do
ano 1956. A
espadana de cantería, moi típica, arranca cun banco e unha cornixa moldurada,
logo dúas troneiras coas campás, outra cornixa e o remate con oco central e
pináculos nos laterais. O tellado a dúas augas está cuberto con tella do país.
O resto do templo non presenta máis motivos
ornamentais que unha cruz de pedra no remate da cabeceira. Se a isto engadimos
a compacidade dos muros, temos un edificio de gran austeridade.
O interior, revocado e pintado de cor branca,
conserva trazas da súa antigüidade como o chan de pedra ou os soportes do arco
de medio punto que separa a nave do presbiterio. Neste destacan a súa bóveda
recuberta de madeira (similar á igrexa parroquial de Lesta) e un retablo
neoclásico con 4 columnas de fuste liso. A figura central, de maior tamaño, é
por suposto a mártir Santa Mariña,
flanqueada por un aparente San Antón (sen neno), un sacro corazón, outra mártir
e San Roque. Nos muros laterais hai dous retablos neoclásicos enfrontados con
imaxes da Inmaculada Concepción e da Virxe do Carme respectivamente.
Se ben a igrexa é maioritariamente moderna,
aínda conserva restos da súa orixe, tal como podedes ver neste texto dun tal
PPG.
Una vez más desconocemos la existencia de noticias documentales acerca
de la historia de Santa Mariña de Parada. Actualmente, el templo es un edificio
neoclásico, construido en la primera mitad del siglo XIX, pero en el que han
aparecido restos que confirman la existencia previa de una fábrica románica.
Los más significativos son los del muro septentrional, donde se conservan el
acceso y una ventana. La puerta está formada por un arco de medio punto
peraltado y un tímpano liso sostenido por mochetas en forma de proa de nave.
En el mismo muro se dispone una saetera de medio punto cegada, que sólo es
posible distinguir desde el interior, semioculta bajo una gruesa capa de yeso.
El enlucido de la pared impide saber si además de estos dos vanos se
aprovechó parte de la fábrica románica. Exteriormente, se ha dejado a la
vista en el testero la evidencia de una tronera, también cegada, lo que
indica que en esta zona se pudieron emplear otras piezas de los paramentos
primitivos. Las mochetas de proa de nave pueden sugerir una datación tardía
para la fábrica románica que se construyó en el último tercio del siglo XII,
momento en el cual se realizaron los principales templos de la comarca. a los
pies del templo se dispone la pila bautismal de inspiración románica.
Consiste en una pieza de medio metro de altura, realizada en piedra granítica
-como es habitual en Galicia-, formada por un fuste cilíndrico y copa
semiesférica ligeramente achatada en la base. El borde se decora con un
característico cordón. Se trata de una pila bastante convencional de la que
hemos localizado un modelo parecido en Santo André de Meirama, aunque en Parada
la pila carece de basa y apoya el fuste directamente sobre el pavimento. PPG.
|
No hay comentarios:
Publicar un comentario