Situado no adro da igrexa de Santa Cruz de Montaos a uns 60 metros
ao oeste do edificio e preto da N-550, este cruceiro destaca pola súa altura xa
que se aproxima aos 5
metros e medio.
A base é unha plataforma cuadrangular de
tres graos que se elevan uns 70
centímetros do chan. Enriba deles hai un pedestal duns
55 centímetros
de alto cunha gran moldura cóncava (o que en linguaxe arquitectónica se
denomina escocia).
Do pedestal xorde un alto varal duns 3 metros. Nace cadrado
durante uns 50 centímetros
e tamén remata cadrado pero a maior parte é octogonal. O capitel ten forma
troncopiramidal invertida con astrágalo cuadrangular e liso, ábaco de lados
curvos e vértices achafranados. Está adornado con volutas, follas de bordes lobulados
e flores.
A cruz, sen figuras e cuadrangular con brazos
achafranados, ten case un metro de altura. É o único elemento do
cruceiro que está feito de formigón, o que fai supoñer que pode ter unha orixe
máis recente, de principios do século XX.
Se queres ver máis
fotos e unha vista de rúa preme en Cruceiro de Santa Cruz da excelente web Todos los cruceiros de Galicia.
No hay comentarios:
Publicar un comentario