Todas son bastante parecidas en tamaño, estrutura e forma. Soamente a da vila sobresae polas súas dimensións e polo seu estilo neoclásico en lugar do barroco habitual das demais.
Abaixo tedes a lista de todos os templos do concello de Ordes e tamén dalgunhas parroquias próximas. Se queredes unha información máis detallada que na presentación, picade nas ligazóns.
|
Por un documento medieval que está na
catedral de Santiago coñecemos as máis antigas igrexas da Sede Iriense,
anteriores ao ano 868. A nosa
comarca estaba dividida entón en dous "commisos" -administrados por
un comes- que eran Montanos (oeste
da comarca) e Marzola (leste). Di o texto: «In
Montanos sanctum Petrum ad Vença; sancta Maria in Trazo; sanctum Johannem ad
Campo; sancta Eulalia ad Peraria maja.
In Marçola sanctum Martinum; sancta Maria ad Papucini; sanctum Petrum in
Ajaço; sancti Tome de Villar Romarici».
|
De propina, aquí tedes un vídeo de Javier Méndez con espectaculares imaxes.
No hay comentarios:
Publicar un comentario