martes, 10 de diciembre de 2019

Jesús Tamayo García

  Jesús naceu en 1931 en Villafrechós, un pequeno concello de Valladolid. A súa nai, Rogelia García Piedrafita (1893-1973), unha moza desherdada debido a un casamento non querido polos seus pais, veu con el escapando da guerra en Castela.
  Instaláronse en Reboredo nunha pequena casiña onde vivían pobremente. Moitas veces os outros nenos oíanlle dicir a Rogelia:
- ¡Jesús, no vayas a la gayola!
  Deste nimio detalle quedoulle o seu alcume, o Ghallolo.

  Cando medrou, Jesús, que era case analfabeto, tivo que traballar como peón albanel na empresa de José García Varela. Casou cunha moza de Reboredo chamada Otilia Guillín Garabato (1920-2009), bastante maior ca el, coa que tivo un único fillo que herdou o nome e o alcume paterno.

  Jesús era un home bo e agradable que destacou por algunhas das súas afeccións.
  Por exemplo, cando era novo gustáballe moito a ximnasia, cousa que entón era bastante rara porque a maioría da xente xa facía exercicio dabondo por obrigación e logo, claro, buscaban un ocio descansado como xogar ás cartas na taberna. Ademais loxicamente en Ordes non había ximnasio de ningún tipo, entón el usaba un método por correspondencia chamado "Sanson-Institut". Entre iso e o duro traballo nas obras tiña nos brazos unha musculatura impresionante, que chamaba moito a atención.

  Pero quizais foi máis sorprendente outra afección: a súa desmesurada paixón polos enterros.
  No mundo rural o enterro é un acto social moi importante, unha confirmación do papel da familia do defunto na comunidade. Cando a morte é "no seu tempo" (non prematura nin desgrazada) o enterro convértese nunha reunión social comparable ao día da festa, pois nel hai reencontros que non se darán máis que de tarde en tarde. Non é por tanto raro que a xente o pase ben (dentro do razoable) nos enterros alleos.
  Pero o de Jesús era case obsesión: asistía a enterros moi lonxe da vila, sen apenas coñecer ao defunto. Non lle importaba andar quilómetros a pé con tal de estar no enterro.
  Cando se xubilou, o primeiro que fixo foi comprar unha pequena moto para ampliar o seu radio de acción e ir a enterros de xente que non coñecía en absoluto.
  Así que durante moitos anos era imposible acudir a un funeral en calquera lugar do concello (e aínda máis aló) e non ver a súa inconfundible figura con aquela cara bondadosa onde destacaban uns ollos dunha cor azul moi clara.

  Morreu o 26 de decembro de 2010 e ao seu enterro acudiron só uns poucos amigos e os veciños de Reboredo. A vida non sempre é xusta ... pero ao mellor neste caso si. A fin de contas, estaba a xente a quen lle importou de verdade.

viernes, 6 de diciembre de 2019

Parroquia de Leira

  

   Leira está situada ao norte do concello de Ordes, lindando ao leste con Ardemil e ao oeste con Mercurín. Ten forma de tira alongada (da fronteira noroeste con Cerceda á sueste con Buscás hai uns 9 Km, mentres que no outro sentido a súa anchura é de pouco máis de 3 Km).
  Segundo á páxina web do Concello ten unha superficie de 16,28 km², por enriba da media municipal, e só por detrás de Ardemil (20,48 km²)  e Ordes.
  A súa orografía caracterízase polas suaves pendentes. A maior parte do seu territorrio ten entre 300 e 400 metros de altura. Supera esta cifra na zona noroeste onde está o lugar máis alto da parroquia (o Gandarón con 421 m) e tamén, por moi pouco, na zona máis central (Monte das Patas, 407 m). A zona máis baixa localízase ao sueste preto do límite parroquial, próximo ao río Cabrón, que dende o sur da parroquia recolle as augas dos regos de Covelo e Loureda. Na zona norte atopamos o rego da Fonte da Uceira, que verte as súas augas ao Encoro de Vilasenín, o mesmo que o río Portigo de Vilasenín.
  No referente á paisaxe, no sueste atopamos grandes extensións de prados preto dos núcleos da Altiboia, A Castiñeira, Gouzón, A Pedreira, Menlle, Castrelos e Codeseda, que se van mesturando coas zonas arboradas cara á zona centro. No noroeste, con maior dispersión poboacional, as extensións de pasteiros redúcense a pequenas áreas no ámbito dos núcleos que se mesturan coas matogueiras e deixan lugar ao arboredo xa ao norte e oeste.

  A poboación era no ano 2021 de 620 habitantes, o que a colocaba no 4º posto do concello por detrás de Ordes, Ardemil e Montaos. A pesar da proximidade á capital ordense tamén Leira perdeu poboación no século XXI, xa que no ano 2000 superaba os 670 habitantes.
  Hai 17 núcleos pero non se reparten de xeito homoxéneo. O polo de atracción principal é a estrada N-550. Nas súas proximidades vive a maior parte da poboación. Só Castrelos, cos seus 130 habitantes, xa supón o 21 % do total parroquial. Logo, en menor medida, hai algúns nucleos no norte grazas á proximidade da estrada que percorre a parroquia de Mercurín para desembarcar no concello de Cerceda a través de Leira. No norte tamén está o segundo núcleo en importancia: Meitufe, con case 50 habitantes.
 
LUGARES: A Altiboia, A Bailía, O Batán, A Castiñeira, Castrelos, O Cano, O Castro, A Cerdeira, Codeseda, A Espiñeira, Gouzón, Loureda, Meitufe, Menlle, A Pedreira, A Portela, Queirúa, Tirás e Vilasenín.
 

  Ao pé da N-550 están os principais establecementos e empresas, por exemplo a importante Macoga, a agora quebrada gasolineira Ponpre e o coñecido Hotel Barreiro. Na parroquia houbo dúas unitarias, agora locais sociais, unha en Castrelos e outra na Bailía (onde se chegaron a celebrar misas).
  Preto de Menlle e Castrelos atópase a igrexa parroquial de Santa María, a carballeira co cruceiro e o campo da festa. As festas son varias pero a máis popular é a de Santa Eufemia o 16 de setembro.
  En Codeseda hai un interesante pazo que pertenceu en primeira instancia á familia Verea e Aguiar e, non moi lonxe, a súa correspondente capela.
  No norte da parroquia é recomendable visitar o Encoro de Vilasenín onde podemos ver, se a sorte axuda, unha boa cantidade de aves acuáticas.


  O topónimo Leira posiblemente veña do céltico lar que se transformou no latín larea co significado de "campo de cultivo".
  A parroquia estivo habitada desde a prehistoria como testemuñan os varios castros e mámoas que podemos atopar nela.
  No Antigo Réxime Leira pertencía á xurisdición de Mesía (baixo o dominio do Arcebispo de Santiago). En 1607 o cardeal Jerónimo del Hoyo nas "Memorias del Arzobispado de Santiago" di que tiña 60 veciños (uns 270 habitantes), sendo a 3ª máis poboada, só superada por Ardemil e Buscás. Nese século XVII foi construído o Pazo de Codeseda por mandato da familia Verea e Aguiar.
   No século XVIII sabemos polo Catastro del Marqués de La Ensenada que había 58 veciños (e dúas casas arruinadas). Tamén había unha taberna na Pedreira que pertencía a un tal Juan Gómez. Producíase centeo, millo, millo miúdo, liño, nabos e "verzas gallegas". Anecdoticamente mencionaba dúas capelas: a de Codeseda e outra dedicada a San Roque "que es de fundación y devoción de todos los vecinos".
  A finais do século XVIII, en 1764, comezan as obras do "Camino Nuevo de Coruña a Santiago" -hoxe Nacional 550-, que lle deu un gran impulso á parroquia.
 
  No século XIX, en 1828, segundo o Diccionario Geográfico-Estadístico de Sebastián de Miñano, Leira tiña 95 veciños con 480 habitantes -datos que parecen moi esaxerados-. En 1847 (19 anos despois) o moito máis fiable Diccionario de Madoz reducía esa poboación a 49 veciños e 246 habitantes. Engadía que "el terreno en su parte baja es de buena calidad y sus montes poblados de tojos se roturan cada 30 años y producen abundante y buen trigo" e que producía, ademais de trigo, centeo, millo, avea, patacas, fabas, hortalizas e nabos. Tamén había gando vacún, lanar, porcino e cabalar xunto con caza (perdices, lebres e coellos) e pesca. Os muíños fariñeiros, a única industria, eran 3 nese momento. A igrexa parroquial xa estaba dedicada a Santa María.
  Nos anos 30 do século XIX durante a primeira Guerra Carlista houbo un destacamento militar cristino en Castrelos e tiveron lugar diversos fusilamentos de "facciosos" (carlistas), que logo eran soterrados no cemiterio parroquial, feitos que eran recollidos polo sacerdote José María Camba. Mesmo en 1839 sabemos que foi fusilado como faccioso Francisco Carneiro o Portugués -natural de Tomiño- e que "su cabeza quedó colgada en un palo en la carretera que pasa para la Coruña".
  En 1876 a poboación de Leira era de 513 persoas.
  A finais do século XIX, en 1882, ten lugar o sanguento, e moi famoso na época, crime dos caldeireiros, aínda que tanto a vítima como os criminais eran da parroquia de Poulo.
 
  A principios do século XX, en 1928, Leira chegaba aos 638 habitantes (a 4ª parroquia de Ordes e 12ª da comarca), que vivían en 103 casas (61 de planta baixa e 42 cun piso). Castrelos xa era o lugar máis poboado con 131 habitantes. Era das parroquias con máis servizos pois contaba con tenda de alimentación, taberna, panadaría, cereiría, carpintaría, zapataría, maquía e batán...  
  Na época republicana viviuse un florecemento do asociacionismo agrario. Leira non foi a excepción e en agosto de 1933 naceu "Amor y Fraternidad Proletaria" con José López Garaboa, veciño da Castiñeira, de presidente (tamén foi concelleiro por Izquierda Republicana), Ricardo Vieites García de secretario, José Uzal Mosquera de tesoureiro e Jesús Gómez Boquete e José Liste Regos de vogais.
  Durante a Guerra Civil a estrada N-500 tinguiuse de sangue: apareceron nela tres paseados a finais de 1936, dous deles descoñecidos e outro que resultou ser Felipe Veiga Gómez, veciño de Betanzos de 28 anos.
  A finais dos anos 70 a parroquia de Leira viviu a maior transformación da súa paisaxe coa construción do Encoro de Vilasenín.

domingo, 1 de diciembre de 2019

A familia Pérez (Barbeiros)


   Unha das grandes familias campesiñas do concello de Ordes son os Pérez de Barbeiros (chamados Peres por ser a comarca unha zona de seseo implosivo). No "Catastro del Marqués de la Ensenada" xa se nomea a un tal Juan Pérez que tiña un asno semental. 
  No século XIX viviron Manuel Pérez López e María Antonia Souto Maroño, os pais de Pedro Pérez Souto (1844-1927). Este casou con Dolores Ramos Rápela (m.1913), filla de Antonio Ramos e Josefa Rápela, dunha rica familia de Oroso, coa que tivo uns 15 fillos* (puideron ser máis), dos que lle sobreviviron 10.

  Pedro era moi rico. Segundo El Ideal Gallego, á súa morte tiña uns 100 caseríos e a súa fortuna roldaba os dous millóns de pesetas da época "por lo que era muy conocido en toda la montaña y se le consideraba como uno de los más pudientes labradores de la provincia". O seu enterro en outubro de 1927 foi todo un acontecemento nunca visto en Barbeiros. O dó foi presidido polo seu sobriño político, Ricardo Viqueira de Nogalláns (Trazo), e polos seus xenros Francisco Bello de Pereira e Jesús Moar Veiras de Buscás, viúvo de Generosa (1881-1906), a filla maior de Pedro (morta no parto de Manuel Moar Pérez, pai de Manolito de Ramos).
  Os 10 fillos sobrevivintes foron: Manuel, Mª Josefa, Dolores, José Mª, Jesús (emigrado), Asunción,  Mª Antonia, Concepción, Emilio e Isolina Pérez Ramos.

  O fillo maior, Manuel (n.1882), instalouse en Cerceda (O Pino) onde foi tamén un rico propietario. Casou con Mª Josefa Astray Fernández coa que tivo varios fillos que, na súa maior parte, se estableceron en Santiago.

  José Pérez Ramos (1887-1972), o segundo fillo, foi o herdeiro da casa principal. En 1928 dirixiu as obras e aportou cartos para facer a escola de Barbeiros. Do seu matrimonio con Concepción Cea Freire (m.1941), sobriña do párroco de Barbeiros don Jesús Freiré* Furelos, tivo 7 fillos: Jesús, Modesto, Manuel, Dolores, José María, Asunción e María Pérez Cea.
* No caso do sacerdote sempre atopei este apelido escrito con til no último "e", por tanto Tamén Concepción debía ser Freiré.

  Esta rama familiar está intimamente relacionada cos Veiras de Pardiñas, pois tanto o irmán maior, Jesús (1921-1971), como a cuarta, Dolores, casaron con dous irmáns desa familia: Mari Carmen e José Veiras Bello. Ambos os dous matrimonios foron os herdeiros principais das dúas familias.
Modesto (1923-1974) casou con Mercedes Martín coa que tivo dúas fillas.
Manuel Peres da Gándara (1925-2013) casou na Gándara de Abellá con Mariana Lagos Carro coa que tivo tres fillos.
José María (1929-2011) o máis novo dos varóns, emigrou a Arxentina e alí faleceu.
Asunción (1932-2023) casou con Enrique Iglesias Barbeito o Ribacho con quen viviu no Recreo e co que tivo dous fillos, Enrique e Asunción.
María casou con José Mª Rodríguez Mosquera da Casa Ríos de Fondo de Vila (Frades), un dos fillos de Manuela Mosquera Bello (dos Mosqueiras da Costa).

  Emilio Pérez Ramos (1904-1987) foi o máis coñecido na vila pois estableceuse na Rúa dos Lagartos 59 onde montou unha tenda, mestura de taberna e ultramarinos. Casou con Dolores Moar Suárez, unha moza de Ramil (Buscás) coa que tivo tres fillos: María, Dolores e José Pérez Moar.
  María casou con Manuel Graña da Maquía de Leira. Tiveron catro fillos: José Emilio (morto no ano 2004 en Jávea Alicante aos 39 anos de idade), Miguel Ángel, Juan Carlos e María Dolores Graña Pérez. O segundo, Miguel, é moi coñecido porque traballa nas cuadrillas do concello.
  Dolores (1938-2001) casou con Pedro Martínez Tacón, chamado Pedro do Lavado por ter un lavado de coches en Lagartos 65.
  José casou con Angelines Ramírez e tiveron unha filla chamada Natalia.
   
    Mª Josefa (n.1884) casou con Francisco Bello Suárez e foi a matriarca da familia Bello de Pereira.
  Dolores (n.1886) casou con Juan Guerra Pérez de Boado.
  Do resto das irmás Pérez Ramos as que máis nos interesan son Asunción e Mª Antonia.
  Asunción (1898-1987) casou con José Ferreiro Rodríguez (1894-1977) da parroquia de Poulo. O matrimonio tivo tres fillos: Mercedes, José e Elena Ferreiro Pérez.
  A maior, Mercedes, casou con Andrés Raña Gómez un coñecido madeirista de Folgoso co que tamén tivo tres fillos, Lino -que leva agora a empresa-, Mercedes e Jesusa.
  O segundo fillo, José, casou con Pilar Presedo Boquete, e Elena con Benedicto Moar Suárez.  
  María Antonia (1900-1973) casou con José Villasenín Veiras (1897-1990), tamén de Barbeiros -concretamente da Aldeíña-, co que tivo 6 fillos: Manuel, José, Ramón, Dolores, Jesús e Jesusa, que emparentaron con familias tan coñecidas como os Villaverde, Mosquera, Manteiga, Liñeira, Aparicio de Frades ou Méndez.


* Generosa (n.1881), Manuel (82), Josefa (84), Dolores (86), José Mª (87), Andrés (89), Ramón (91 m.n), Jesús (94), Antonio (96), Asunción (98), Antonia (1900), Emilio (1904), Leovino (1906) e Isolina (1907).

miércoles, 27 de noviembre de 2019

A Fontiña

  Aínda que a multicopista (de nome científico mimeógrafo) foi inventada xa no século XIX, en España empezou a popularizarse nas décadas dos 70 e 80. Era unha máquina na que o que se quería copiar tíñase que escribir nun cliché (unha folla moi fina na que se producían lixeiras fisuras coa forma das letras ao escribir sobre ela) e que logo, colocada sobre un rodete cheo de tinta, permitía múltiples copias a un prezo moi barato.
  O seu uso (e posteriormente o das fotocopiadoras) en centros educativos permitiulles "editar" publicacións que, aínda que se distinguían ás leguas dos folletos e revistas que saían das imprentas, axudaban a potenciar o gusto pola escritura dos alumnos que estaban marabillados (eran outros tempos) de ver publicado algo escrito por eles.
  En Galicia tiñan o valor engadido de que a maioría empregaron o galego (ao revés que as publicacións comerciais) co que foron un factor fundamental na normalización lingüística do noso idioma.

  Entre eses xornais escolares, no concello de Ordes debemos destacar "A Fontiña", a revista do colexio do Mesón do Vento que comezou a publicarse en 1988 e que leva máis de 30 anos saíndo ininterrompidamente, o que, coa gran mobilidade do profesorado, é algo bastante notable e difícil de lograr.

  No ano 1988 o CP do Mesón, do que era directora Mª Dolores Pena, tiña máis de 300 alumnos desde 4 anos ata 8º de EXB. Os nenos de Buscás e Leira ían ás súas escolas unitarias ata 3º curso e logo tamén acudían ao colexio, que estaba cheo a rebordar.
  A primeira "Fontiña" eran unhas poucas páxinas grampadas de tamaño folio (maior que o A4). Logo, xa nos 90, o formato sería de medio folio cunha portada de cartolina branca. Normalmente era gratuíta pero algúns anos vendeuse por 100 ou 125 pesetas que axudaban a pagar aquelas inesquecibles excursións de 8º a Benidorm e logo a Mallorca.

  A pesar do seu aspecto tan pouco "profesional" tiña un alto nivel de contidos. Ás típicas seccións de todos os xornais escolares como contos, debuxos ou poemas dos alumnos, engadía traballos sobre o contorno (descricións de elementos do patrimonio, costumes, actividades económicas...) e sobre eventos daqueles tempos como as tractoradas campesiñas, a desaparición das Encrobas ou as ameazas de bomba que se sufrían no colexio.

  Un par daqueles traballos ("Moceando en tempos pasados" e "As mallas dos nosos avós") apareceron neste blog, pero houbo gran cantidade de artigos moi interesantes. Un dos que hoxe nos pode producir máis diversión era unha enquisa no ano 1990 sobre a reacción dos pais se os fillos sacaban malas notas que daba os seguintes resultados: ao 26 % dos alumnos rifábanlles, ao 15 % castigábanos, a case o 5 % pegábanlles, ao 50 % animábanos e ata un 3 % ... falsificaban as notas! para solucionar o problema.

  A finais dos 90, coa chegada da LOGSE, o colexio, agora CEIP Mesón do Vento, quedou sen os alumnos de 7º e 8º. As revistas melloraron a súa presentación tendo xa un formato A4 e con portada de cartolina satinada. Non obstante os seus contidos notaron a perda dos alumnos de maior idade e xa se circunscribiron ao ámbito escolar.

  No ano 2007 apareceu o lobo Ardemiro, a mascota do colexio, que desde entón tivo moita presenza no xornal, sendo ademais o encargado das editoriais. Pouco despois a revista que ata ese momento era fotocopiada no propio colexio pola conserxe Anabel Liñares pasou a imprimirse en Santiago grazas ás subvencións da Consellería.

  Desde o ano 2010 as catro páxinas centrais aparecen en cor e desde o 2013, ano en que o colexio estreou a súa páxina web, "A Fontiña" tamén se sube á rede.

sábado, 23 de noviembre de 2019

Leas municipais

  En febreiro de 1931 (antes da proclamación da república) Ordes viviu unha conflitiva sesión de investidura. Era alcalde Juan Liñares Iglesias, en aquel momento próximo aos republicanos de centro polo que contaba coa simpatía de La Voz de Galicia e a antipatía doutros xornais como o católico El Ideal Gallego. Nesta lide entrou o tamén republicano El Pueblo Gallego de Vigo atacando a Liñares.
  Cunha mestura de artigos aparecidos en distintos xornais da época podemos ter unha idea aproximada do que pasou.

LA VOZ DE GALICIA 1-02-1931
LO QUE DICE UN PERIÓDICO VIGUÉS Y LO QUE CONTESTA EL SECRETARIO.
  El secretario del Ayuntamiento de Órdenes, D. José A. Louro, nos envía copia literal de una carta que dirige al director del diario vigués "Pueblo Gallego", con motivo de haber publicado este periódico un comunicado que le había sido remitido desde la referida villa acerca de política municipal en aquel Ayuntamiento.
  Contestando a las aseveraciones que en ese escrito se establecen, dice que lo ocurrido fue que, habiéndose presentado una reclamación para declarar la incompatibilidad de uno de los concejales se convocó a reunión extraordinaria del pleno, la cual se celebró en segunda convocatoria por no haber concurrido a la primera número suficiente de ediles.
  Habla luego de que algunos concejales que no habían asistido al acto celebrado reglamentariamente, irrumpieron en la mañana del mismo día en el salón de sesiones, capitaneados por un cacique y acompañados del médico y de parientes de uno y otro se constituyeron en concejo, con alcalde y secretario "ad hoc", que entre si designaron, extendiendo la correspondiente acta.
  Además, trataron de que el notario diese fe del acto, habiéndose negado a ello dicho funcionario. 
  Sigue diciendo que el comunicante -el secretario, señor Louro- que, al informarse de lo que ocurría, bajó al local y requirió a esos señores para que lo desalojaran, solicitando para ello el auxilio del teniente de la Guardia Civil.
  Niega que, al hacer tal requerimiento, los haya amenazado con encarcelarlos, y termina diciendo que el acto realizado por los aludidos señores constituye una usurpación de funciones, lo cual les hizo notar como era su deber, aunque ellos no lo ignoraban pues figura entre los mismos un abogado.

LA VOZ DE GALICIA 4-02-1931
RÉPLICA A UNA CARTA.
  El abogado de Órdenes don Domingo A. Moar nos dirige una carta en que rebate otra del secretario de aquel Ayuntamiento de la que nosotros no hicimos sino una referencia, acerca del funcionamiento de la Corporación Municipal.
  El comunicante, a quien no hemos citado en la nota en que se recogieron algunos extremos de la misiva del secretario, responde a alusiones de este y hace minuciosa relación de hechos y aun algunas consideraciones de derecho para sentar la conclusión de que la intervención que a él se atribuye se limitó a su condición de letrado, que recibe frecuentes consultas que procura evacuar sin hacer política y sin separarse de su leal saber y entender.
  Analiza la doble acepción de la palabra cacique, reservando para si la que significa, según su definición, resolver, consultas, asesoramientos, etc., en el terreno jurídico, para rechazar la que le da la palabra al uso.
  Explica como se constituyó en sesión el Ayuntamiento dentro de la más perfecta legalidad, para tratar de la incompatibilidad planteada respecto al alcalde García Bermúdez por ser este representante de la Tabacalera en el partido.
  Hace desviar la ilegalidad hacia el proceder del secretario, que se negó a actuar en sus privativas funciones, llegando a increpar -según él- al notario que acudió a dar fe y a los propios concejales.
  La extensión del documento del señor Moar hace imposible que lo publiquemos íntegramente. Tampoco hemos insertado íntegra la carta del secretario, ni mucho menos, sino un extracto de lo más sustancial, que es lo que al lector interesa.
  Creemos que es cuestión para nosotros terminada, ya que cada cual ha tenido en estas columnas el espacio máximo que al asunto se podía conceder y no es procedente la dúplica.
  Sobre todo en un asunto tan personal y privativo que surgió en otras columnas que no fueron las nuestras.
 
EL IDEAL GALLEGO
  Hoy (día 6 de febrero) se celebró la elección de alcalde. Para conseguir que saliese triunfante el que le correspondía cesar, fueron destituidos arbitrariamente cinco concejales que estorbaban. En su lugar fueron designados otros concejales que mejor se prestaban al amaño caciquil.
  Como se corriera la voz por el pueblo de que se iban a cometer nuevos atropellos, el público invadió el salón de sesiones prorrumpiendo en grandes protestas al ver burlada la voluntad popular. En vista de esta actitud fue requerida la fuerza pública por el alcalde señor Liñares, que invocaba una autoridad de la que carecía.
  Merced a la prudencia de personas respetables se logró serenar el espíritu público, evitándose un día de luto a esta villa, calmándose con ello los ánimos excitadísimos de la juventud como consecuencia del atropello a la ley y del ataque a la legalidad en este municipio.
  Ante elecciones como las que se anuncian los perjudicados recurrirán al Tribunal de Actas en demanda de justicia.
  Los siete concejales antiguos designaron el alcalde y, como arreciase el tumulto, dos parejas de la Guardia Civil despejaron al público celebrándose la sesión a puertas cerradas eligiendo alcalde a don Juan Liñares. Constituyen con este la comisión permanente los tenientes de alcalde señores Moar, Ramos y Verea.

EL PUEBLO GALLEGO
LA CACIQUIL Y GROTESCA CONSTITUCIÓN DEL AYUNTAMIENTO
  Por los procedimientos y en la forma que ya conocen los lectores del EL PUEBLO GALLEGO, tuvo lugar el día 6 del actual la constitución del Ayuntamiento de esta villa, y para corroborar con hechos concretos la exactitud de la información aludida, facilitamos la siguiente lista de la flamante Corporación, fruto de un acto caciquil tan monstruoso, que al decir de las gentes, es el más monstruoso de todos los que se han registrado en la historia de este pueblo.
  Primero.- Alcalde, don Juan Liñares, como mayor contribuyente. En la lista actual le corresponde el número 1 por haber sido alcalde de R O, pero como contribuyente hace el número 11. Se pasó por encima de diez señores para nombrarle a él concejal. Es incompatible por haber sido juez municipal desde primero de marzo a 31 de mayo de 1930 (caso sexto del artículo 85 del Estatuto Municipal declarado vigente por el Gobierno).
  Segundo.- Primer teniente de alcalde, don Antonio Ramos Insua, que aunque ex-concejal por elección, por el artículo 29 de la ley de 29 de enero de 1922, no le corresponde ser nombrado por estar cubiertos los puestos del distrito tercero que fue el de su proclamación.
  Tercero.- Segundo teniente don Antonio Moar Veiras, ex-concejal con derecho a serlo ahora.
  Cuarto.- Tercer teniente, don Antonio Verea Fandiño, mayor contribuyente con derecho a ser concejal.
  Quinto.- D. Domingo García Ferreiro, ex-concejal de elección directa de 12 de febrero de 1920, con derecho a serlo ahora, pero que se abstuvo de votar por ser ilegal la constitución.
  Sexto.- D. Evaristo Gil Calvo en las mismas condiciones que el anterior, que también se abstuvo de votar, por considerar era ilegal la constitución.
  Séptimo.- D. Juan Calvo Conde ni es ex-concejal de 1917 a 1923, ni mayor contribuyente y por lo tanto no le corresponde ser nombrado.
  Octavo.- D. Pedro Areoso Pena, ex-concejal con derecho a serlo ahora.
  Noveno.- D. Saturnino López Viqueira, mayor contribuyente número 30, según consta, y 46 según la lista.
  10.- D. Ramón Calvo Pérez, mayor contribuyente número 46 según cuota, si no se dio de baja, que no estamos seguros y 49 según la lista de compromisarios.
  11.- D. José Barreiro Recouso, número 30 de la lista por cuota y 34 por orden de la ley vigente.
  12.- D. Antonio Varela Fernández que no es concejal ni mayor contribuyente.
  Estaba tramado formar el Ayuntamiento el día 5, y designados concejales como mayores contribuyentes don Domingo Juncal Bermúdez, número 41 de la lista, y don Manuel García Suárez, número 46, a los cuales les fue sorprendida la firma de la sesión, diciéndoles que se trataba de la convocatoria. Pero como dichos señores renunciaron ante notario el día anterior tuvo que procederse al amaño de la sesión del 6, puesto que hubo de nombrarse a otros señores.
  No se explica hayan procedido a la constitución del Ayuntamiento tan ilegalmente, aunque se supone fue atribuyéndoles renuncias a los señores saltados en la lista de mayores contribuyentes y algunos como don Rogelio Prado le fue entregada la credencial en fecha posterior al día que había de posesionarse, con lo cual le considerase como dimitido.
  Debo todos estos detalles a los habitantes de este municipio que leen con avidez EL PUEBLO GALLEGO y demás periódicos para enterarse de la magnitud de los atropellos de que están siendo víctimas. Exceptúase cierto periódico de la ciudad herculina, del cual es corresponsal el alcalde tan ilegalmente elegido, que llega al colmo de falsear los hechos, diciendo que a la salida de la sesión fue aclamado por el pueblo. Recomendamos al colega que no se deje sorprender por "informador" tan interesado.
  De todo esto se enviará una documentada reclamación al Tribunal de Actas que no dudamos hará justicia. Mientras tanto alegrémonos de que la cordura y serenidad de la Guardia Civil y de algunos vecinos hayan evitado que el día 6 de febrero fuese escrito con sangre en la historia de este pueblo.
  El inspirador y autores de tanta iniquidad pueden estar orgullosos de su triunfo. Una vez más la voluntad del pueblo ha sido burlada.
 
Juan Liñares (1885-1951), empresario e banqueiro, foi o pai do futuro alcalde Juan Liñares Castro. Era cuñado de Antonio Ramos (1876-1943), o propietario da pousada do Mesón do Vento, e curmán de Antonio Concheiro, aludido por La Voz de Galicia.
Domingo A. Moar (1871-1939), avogado de rica familia de Buscás, foi o cacique local despois da morte de Saturnino Aller. En 1931 estaba enfrontado a Juan Liñares, co que por certo compartira postos directivos na Unión Patriótica (o partido da ditadura) dous anos antes.
Antonio Verea (1883-1970) foi o patriarca dos Verea. Domingo García era un rico propietario de Poulo e Evaristo Gil un poderoso gandeiro tamén de Poulo, pai de José Gil Viqueira (Calle nº 9) e avó dos Gil Veiras.

martes, 19 de noviembre de 2019

Santa María de Leira


  A igrexa de Santa María de Leira está situada ao suroeste de Castrelos (a uns 350 metros do Hotel Barreiro) e a uns 130 metros en liña recta (240 por estrada) do núcleo de Menlle.
  Aínda que hoxe está dedicada á Virxe, no século XVIII non sucedía así. Segundo o Catastro del Marqués de la Ensenada era a capela de San Roque "que es de fundación y devoción de todos los vecinos"


  Cos seus case 160 metros cadrados está entre as maiores do concello. Ten planta de cruz latina coa sancristía pegada en lateral á cabeceira. Os muros son de cachotaría revocados con morteiro de cemento e pintados de cor branca, agás os esquinais que son de perpiaños. A fachada principal é de cantería coas xuntas pintadas tamén de cor branca. A porta ten o lintel en forma de arco de medio punto e doelas decoradas con varios arcos en profundidade descendente. Na parte superior hai unha sinxela fiestra rectangular e espadana con dúas campás rematada por unha cruz de ferro.
  Ten tellado a dúas augas con cuberta de pranchas de fibrocemento.

 
  No presbiterio, separado da nave principal por un arco de medio punto, atopamos o altar e detrás un retablo barroco de fondo azul con estípites. Destaca no centro unha imaxe da Virxe da Asunción flanqueada por un Sacro Corazón e unha Virxe do Carme. Fóra do presbiterio, á esquerda, podemos ver unha pequena estatua de Santa Eufemia que esperta gran devoción na parroquia e a quen se lle dedica a festa principal o 16 de setembro. Na vidreira da fiestra da fachada tamén aparece a imaxe da santa.


  O adro está delimitado por unha pequena muralla de cachotería. Nel destacan unha serie de lousas con números (gravados, non pintados) pero logo colocadas desordenadamente. Na zona sur (á nosa dereita se estamos fronte á fachada) hai numerosas e vellas tumbas. Por certo que no adro, ademais de naturais da parroquia, tamén están soterrados varios soldados fusilados a principios do século XIX durante a primeira guerra carlista. No borde da zona sur están os panteóns máis antigos construídos a partir dos anos 20. Ao norte da igrexa están ringleiras de panteóns máis modernos, uns dos anos 70 e outros dos anos 90.

  Ao leste da igrexa hai unha carballeira que serve de campo da festa. Nela hai un interesante cruceiro e unha botilla (unha casuca que servía para facer as autopsias aos mortos). No solar adxacente cara ao norte, apenas a 100 metros da igrexa, está a reitoral, hoxe completamente cuberta de hedra -non como na foto-, e 40 metros despois a "Fonte da Us" (moi popular na zona) que foi cuberta e remozada no ano 2010. A carón da N-550, onde é cruzada polo rego de Covelo Pequeno, podemos atopar a "Fonte de Santa Eufemia" e os restos dun vello muíño.
 Para coñecer outros templos do concello preme en Igrexas e capelas de Ordes.