martes, 11 de agosto de 2026

Poboación da comarca en 1836

 
  Velaquí os datos de poboación da comarca no ano 1836, cando se constituíron os concellos tal como hoxe os coñecemos.
  Debo recordar de novo que os censos de todo o século XIX son de moi escasa fiabilidade (normalmente estaban un pouco inchados), así que non tomedes estes datos ao pé da letra.
 
1835-1836  Poboación da comarca de Ordes
Abellá 385 (30)
Céltigos 130 (35)
Numide 62 (10)
Aiazo 220 (44)
Cerceda 440 (32)
Olas 415 (54)
Albixoi 275 (36)
Cumbraos 215 (24)
Ordes 319 (32)
Andoio 211 (32)
Chaián 368 (47)
Oroso 364 (36)
Ánxeles 415 (55)
Deixebre 105 (21)
Papucín 280 (41)
Anxeriz 320 (20)
Encrobas 975 (42)
Parada 200 (16)
Añá 255 (51)
Frades 198 (21)
Pasarelos 180 (41)
Ardemil 750 (34)
Gafoi 520 (92)
Pereira 248 (22)
Barbeiros 235 (17)
Galegos 130 (19)
Poulo 405 (50)
Bardaos 349 (37)
Gándara 120 (17)
Queixas 669 (30)
Bascoi 155 (14)
Gorgullos 291 (13)
Restande 300 (43)
Beán 212 (24)
Lanzá 180 (36)
Rodís 600 (22)
Benza 109 (12)
Ledoira 210 (49)
Senra 208 (25)
Berreo 180 (24)
Leira 490 (32)
Tordoia 60 (19)
Boado 225 (31)
Leobalde 59 (12)
Trasmonte 200 (26)
Bruma 65 (32)
Lesta 102 (8)
Trazo 109 (11)
Buscás 400 (30)
Marzoa 190 (30)
Vilouchada 89 (12)
Cabaleiros 462 (29)
Meirama 225 (19)
Viladabade 450 (24)
Cabrui 126 (9)
Mercurín 210 (14)
Vilamaior 336 (36)
Calvente 155 (36)
Mesía 375 (26)
Vilarromariz 200 (29)
Campo 107 (9)
Mesos 110 (22)
Visantoña 255 (22)
Cardama 223 (40)
Moar 368 (49)
Vitre 255 (25)
Castelo 103 (15)
Montaos 283 (26)
Xanceda 350 (21)
Castenda 84 (6)
Monzo 170 (27)
Xavestre 223 (13)
Castro 115 (25)
Morlán 89 (9)
Xesteda 240 (14)
 
  Nesta lista falta Santa Susana de Arcai que entón era parroquia de seu e tiña 92 habitantes. Tamén era unha parroquia independente Faramilláns pero a súa poboación aparece integrada na de Buscás.
  Como podedes ver, a parroquia máis poboada era As Encrobas. Conservaría esa posición todo o século XIX pero sen medrar (en 1873 tería 5 habitantes menos). Ardemil e Rodís eran respectivamente a 2ª e 3ª parroquia máis poboada, grazas fundamentalmente á súa gran extensión. Ordes aínda era superada por Poulo  e non estaba entre as 12 parroquias máis poboadas, pero o efecto de ser capital de partido pronto se notaría e en 1873 xa sería a 2ª detrás das Encrobas e a 1ª en densidade de poboación.
  Tordoia e Numide, ambas as dúas do concello de Tordoia, eran as parroquias menos poboadas, se ben Castenda (Tordoia), Lesta (Ordes), Morlán (Trazo), Cabrui (Mesía) e Campo (Trazo) eran as de menor densidade.
 
POBOACIÓN por CONCELLOS e DENSIDADE en 1835-36
Cerceda: 3.149 (34 hab/km2)
Mesía: 2.751 (30 hab/km2)
Oroso: 2.360 (38 hab/km2)
Trazo: 1.847 (30 hab/km2)
Frades: 3.061 (42 hab/km2)
Ordes:   4.190 (38 hab/km2)
Tordoia: 2.440 (25 hab/km2)
Comarca: 19.798 (34 hab/km2)
 
  Val do Dubra (entón denominado Santiago de Buján) tiña 3.381 habitantes e era o 2º concello máis poboado de todo o partido xudicial, que con el chegaba aos 23.179 habitantes.
 
EVOLUCIÓN DA POBOACIÓN NO SÉCULO XIX
 
1842
1857
1860
1877
1887
1897
1900
Cerceda
2.739
4.130
3.854
4.270
4.952
4.962
4.859
Frades
2.806
3.256
3.289
3.209
3.238
3.436
3.398
Mesía
2.635
3.948
3.909
4.179
4.073
4.662
4.331
Ordes
3.900
6.059
5.827
5.989
6.509
6.486
7.594
Oroso
2.321
3.107
3.073
2.979
3.029
3.234
3.300
Tordoia
1.869
3.145
3.297
2.817
3.674
3.788
3.842
Trazo
1.979
3.473
3.526
3.724
3.573
3.801
3.754
COMARCA
18.249
27.118
26.775
27.167
29.048
30.369
31.078
Poboación de feito   Poboación de dereito

No hay comentarios:

Publicar un comentario