A igrexa de Santa María de Leira está situada ao suroeste de Castrelos (a uns 350 metros do Hotel
Barreiro) e a uns 130
metros en liña recta (240 por estrada) do núcleo de Menlle.
Aínda que hoxe está dedicada á Virxe, no século XVIII non sucedía así. Segundo o Catastro del Marqués de la Ensenada era a capela de San Roque "que es de fundación y devoción de todos los vecinos".
Aínda que hoxe está dedicada á Virxe, no século XVIII non sucedía así. Segundo o Catastro del Marqués de la Ensenada era a capela de San Roque "que es de fundación y devoción de todos los vecinos".
Cos seus case 160 metros cadrados está entre as maiores do concello. Ten planta de cruz latina coa sancristía
pegada en lateral á cabeceira. Os muros son de cachotaría revocados con
morteiro de cemento e pintados de cor branca, agás os esquinais que son de perpiaños.
A fachada principal é de cantería coas xuntas pintadas tamén de branco. A porta
ten o lintel en forma de arco de medio punto e doelas decoradas con varios
arcos en profundidade descendente. Na parte superior hai unha sinxela fiestra
rectangular e espadana con dúas campás rematada por unha cruz de ferro.
Ten tellado a dúas augas feito de pranchas de
fibrocemento.
No interior detras dun arco de medio punto
atopamos o altar que ten detrás un retablo barroco de fondo azul e con estípites. Destaca no centro unha imaxe da Virxe da Asunción flanqueada por un Sacro Corazón e unha Virxe do Carme.
Antes do arco á esquerda podemos ver unha pequena estatua de Santa Eufemia
que esperta gran devoción na parroquia e a quen se lle dedica a festa principal
o 16 de setembro. Na vidreira da fiestra da fachada tamén aparece a imaxe da
santa.
O adro ten unha pequena muralla de xisto. Nel
destacan unha serie de lousas con diversos números (gravados, non pintados)
pero logo colocadas desordenadamente. Na zona sur (á nosa dereita se estamos
fronte á fachada) hai numerosas e vellas tumbas. Por certo que no adro, ademais
de naturais da parroquia, tamén están soterrados varios soldados fusilados a
principios do século XIX durante a primeira guerra carlista. No borde da zona
sur están os panteóns máis antigos construídos a partir dos anos 20. Ao norte
da igrexa están mazás de panteóns máis modernos, uns dos anos 70 e outros dos
anos 90.
Ao leste da igrexa hai unha carballeira que
serve de campo da festa. Nela hai un interesante cruceiro
e unha botilla (unha casuca que
servía para facer as autopsias aos mortos). No solar adxacente cara ao norte,
apenas a 100 metros
da igrexa, está a reitoral, hoxe completamente cuberta de hedra -non como na
foto-, e 40 metros
despois a "Fonte da us" (moi popular na zona) que foi cuberta e
remozada no ano 2010. A carón da N-550, onde é cruzada polo rego de Covelo Pequeno, podemos atopar a "Fonte de Santa Eufemia".
No hay comentarios:
Publicar un comentario