Se o nacemento do Mesón do Vento está ligado á estrada, o mesmo sucede coa súa
familia máis rica pois foron os propietarios do mesón, a pousada onde paraban as
dilixencias.
Andrés
Ramos Arán foi o patriarca da familia no século XIX. Era un home adiñeirado
que en política apoiaba ao romerista Antonio del Río. En 1910 foi alcalde de Ordes brevemente porque faleceu en xaneiro aos
58 anos de idade. Do seu matrimonio con Adelaida
Insua lópez tivo varios fillos a finais do século XIX dos que chegaron a
idade adulta cinco: Carmen, Antonio, Concha, Pura e Celsa Ramos Insua.
Carmen (1874-1946) casou co comerciante de Carral Andrés Barbeito Fernández (m.1943) co
que tivo 7 fillos. Dous deles, Andrés e Manuel, foron mestres e nos anos 20 e
30, deron clase por Ardemil e Cerceda pero un rematou en Póboa de Trives e
outro na Coruña. Genaro, Hipólito e Ramiro Barbeito Ramos quedaron en Carral
onde eran moi coñecidos.
Antonio Ramos Insua (1876-1943), xunto coa súa irmá menor Celsa, quedou na casa familiar. Foi o personaxe máis importante do Mesón, chegando a ser concelleiro e formando parte da Unión Patriótica. Aumentou o seu patrimonio comprando numerosos
terreos que conseguía a baixo prezo aproveitando a mala situación xeral, aínda que tamén aportou o soar para construír a escola do Mesón do Vento no ano 1929.
Casou con Clotilde Vázquez Pedreira (1891-1959) con quen tivo tres fillos: Andrés, Antonio e Celsa Ramos Vázquez.
Casou con Clotilde Vázquez Pedreira (1891-1959) con quen tivo tres fillos: Andrés, Antonio e Celsa Ramos Vázquez.
O
fillo mediano, Antonio Ramos Vázquez,
morreu en abril de 1964 aos 38 anos nun accidente de avioneta en Galán
(Arteixo). Pilotaba o seu amigo de 35 anos Francisco de Asís Dorado, Marqués de
Villanueva de la Sagra, un nobre andaluz representante na Coruña dunha firma de
viños e directivo do RC Deportivo, que tamén morreu.
Andrés continuou rexentando a taberna e faleceu solteiro en
1986. Celsita (falecida en marzo de 2021), a menor, tampouco
casou e viviu toda a súa vida practicamente sen saír do Mesón.
Concepción (1883-1969) casou en 1917, á elevada idade -para aqueles
tempos- de 34 anos, con Francisco Liñares Iglesias (1882-1941), da rica familia Liñares, con quen non tivo fillos. Francisco estudou medicina e
exerceu en Trazo e Frades antes de instalarse en Ordes en 1926. Tamén tivo
afeccións políticas e foi o responsable da Unión Patriótica durante a ditadura de Primo de Rivera. Vivían no que hoxe é
Alfonso Senra 111 (o Bar Gerardo).
Purificación (1889-1949)
casou con Manuel García Mouriño
(fillo de Francisco García Bermúdez -importante propietario de Carral- e sobriño
do futuro alcalde de Ordes Manuel García Bermúdez). Manuel morreu moi novo en
1914 aos 25 anos de idade e Pura volveu casar con Alejandro Ruiz Nidáguila (m.1968) con quen tivo 6 fillos. A maioría
dos descendentes viven na Coruña.
Celsa
(1890-1977) non casou e viviu sempre
na casa familiar do Mesón do Vento. A pesar de ser a muller máis rica do lugar
non gozou de ningún luxo. Do mesmo xeito que Fernanducho en Ordes, nunca vendeu ningún terreo dos moitísimos que
posuía, polo que se lle achacaba que a localidade non medraba pola súa culpa.
Soamente se permitiu nos anos 60 ceder un terreo lindante co campo da feira
para construír a igrexa e o cemiterio do Mesón e evitar ter que desprazarse a
Cabeza de Lobo. Nese cemiterio está soterrada.
No hay comentarios:
Publicar un comentario