O apelido Amor non é especialmente abundante en Galicia nin tampouco na
comarca de Ordes. Segundo o ILG os concellos con máis portadores son
A Coruña con 481 e Ferrol con 114. Ordes
ocupa o 5º lugar en termos absolutos con 79 e Cerceda o 8º con 57.
A pesar desa escaseza houbo varios personaxes destacados con este
apelido.
O máis importante pero hoxe totalmente esquecido foi o médico Jacobo Amor Labrada (m.1885). Jacobo era un
dos irmáns do alcalde de Santiago Benito Amor, de distinguida familia emparentada co intelectual ferrolán Lucas Labrada.
Jacobo foi alcalde e secretario do concello
de Ordes nás décadas dos 50 e 60 do século XIX. Comprou moitas terras ao sur da
Fonte Estrei, tantas que antigamente o lugar era chamado o "Agro de
Amor". Casado con Melchora del Río Liste (m.9-3-1914),
tiveron unha numerosa prole. Unha das fillas foi Clotilde que casou con Francisco Gil Prieto. María Amor del Río foi
a segunda muller de Julio Pol Caamaño e
nai de Horacio, Marina e Elisa Pol. Generosa, muller do mestre Pedro Álvarez Villaverde, foi nai dos 4 Álvarez Amor. Ascensión, muller do médico de Trazo Joaquín Castro Amor, foi nai de Amparo e Lisardo Castro e avoa do avogado e profesor Julio Castro Pol.
Entre os varóns estaban o médico Eduardo (m.30-4-1909), o sacerdote de Lardeiros Enrique (m.1923), o avogado Jacobo (1866-1943) que foi concelleiro durante a
ditadura de Primo de Rivera, o celador de telégrafos Eliseo e Vicente (1876-1942) que viviu na parroquia de Calvente (Oroso). Jacobo e Eliseo viviron en Alfonso Senra, a carón da tenda "Calzados Mallorca". Cuidábaos unha sobriña que logo casaría cun forasteiro alcumado o Pisajuevos.
O máis coñecido da familia foi Ricardo Amor del Río, recadador de
contribucións. Casou en 1900 con Adolfina Rivas Durán (1873-1947), filla de
Policarpo Rivas Godoy, que vivía fronte á igrexa parroquial. Nesta casa instalouse en 1927 a
Central telefónica. Tiveron dous fillos, Gabino (1906-1947) e Manuel, e varias fillas que quedaron
solteiras: Mª
Carmen (1900-1990), Josefa (1902-1991), Maura (1903-1990) e Claudina Amor
Rivas (m.1967). Gabino tamén foi recadador e ía cobrar ás casas das
aldeas subido nunha montura que guiaba Luis de Xaniño. As súas irmás fixéronse
cargo do comercio de Ezequiel Astray, cando este morreu, ademais da Central
telefónica. O herdeiro actual da casa é Juan Manuel Amor Bouza, director
durante moitos anos do colexio Galaxia de Santa Uxía. O único membro da familia
que queda (que eu saiba) é Ricardo Amor Carreró, o fillo maior de Gabino e da mestra Mª Concepción
Carreró Cerecedo Maruja Carreró (1913-2008), pois as outras dúas fillas, Mª José e Margarita, marcharon da vila.
Moi coñecido no século XX en Ordes foi Gabriel Amor
Candal o Churrero (1892-1960) que tiña unha churrería
detrás do antigo cárcere. Casou con Antonia Rodríguez Botana coa que tivo 8 fillos:
Gabriel Velo, Vicente, Ricardo Cancho, José, Josefa, Estrella, Florindo ou
Florentino e Antonio Antón Amor Rodríguez. A
que continuou co negocio foi Josefa Amor Rodríguez Pepita da Churrería (m.2005).
Pepe -un gran pescador- e Estrella, que viviron na parte norte de Alfonso
Senra, apenas podían falar así que eran coñecidoso como os Mudos.
No Canedo (Ardemil) viviu José Amor Santos (1882-1945), casado con María Fariña Gianzo, e pai de Leonor, Antonio, Carmen e Ricardo Amor Fariña.
Na parroquia de Mercurín no lugar de Pepín naceron
Manuel, Pedro, Esperanza e María Amor Gestal. Manuel Amor Gestal Amor de Pepín (1917-1990) foi o máis coñecido.
Chegou a ser concelleiro nos anos 40 e logo tamén ostentou o cargo de
"alcalde de barrio" da parroquia. Casado con Carmen Barbeito Gende, tivo 12 fillos!
Estrella, Pedro, Teresa, María, Lourdes, Manuel, Mª Carmen, Marisa, José Ángel,
Mª Jesús, Albina e Carlos Amor Barbeito. A máis coñecida na vila é Mª
Carmen, muller do ex-alcalde Manuel Viqueira, fillo de Mundito.
Tamén
en Leira
había Amores. En Castrelos viviu Pedro Amor García (1895-1953) que con Juana Veiras
Manteiga (1895-1975) foron os pais dos 8 Amor Veiras de Castrelos
(María, Manuel, Ramona, Adelaida, Isidora, Andrea, Andrés e Antonia). Andrés sería o que se establecería no Piñeiro.
Máis coñecidos aínda eran os Amor de Codeseda
chamados os
da Máquina de mallar. Xa o patriarca Ramón Amor García (1896-1984)
andaba polas aldeas da contorna, incluídas as aforas da vila de Ordes, coa máquina.
Casou con Carmen Noya López (1901-1976)
coa que tivo 7 fillos: Generosa, Manuel, José, Antonia, Adolfina -ou Dolfina- e
Andrés Amor Noya. Deles, José, que gañou moito diñeiro emigrando a Maracaibo, foi o primeiro en morrer, no ano 1977 nun
accidente na Brea cando conducía o tractor. Adolfina emigrou a Caracas, mentres
María casou para Santa Comba. O que quedou na casa familiar foi Manuel.
No hay comentarios:
Publicar un comentario