Segundo o ILG o apelido Areoso (moitas veces pronunciado "Arioso") é
moi pouco frecuente, apenas 94
portadores en Galicia, dos que 57 están en Ordes, 14 na Coruña, outros 14 en
Tordoia e Cerceda e 9 en Santiago. Obviamente debeu nacer no concello de Ordes
e probablemente teña unha orixe toponímica ou unha relación co traballo da
construción.
A familia máis numerosa estaba establecida a
principios do século XX na Gorita (Buscás) onde tiñan un parada cun boi (un
touro semental). O matrimonio formado por Ramón Areoso Golán (1895-1966) e Josefa Noya Uzal (1899-1982) tiveron 9 fillos:
Manuel, Jesús, José, Avelino, Severino, Antonio, Marina, María e Ramiro Areoso Noya.
Manuel, o fillo maior, casou con Elisa Roca Santomil en Santomil, Laraño. Tiveron dous fillos, Manuel, mecánico en Talleres Roca da Avenida de Lugo en Santiago, e José.
Jesús Areoso Noya (1922-2008), canteiro de oficio, casou con Concha Fernández dos Fernandez das Casillas coa que tivo dous fillos. Emigraron a Brasil nos anos 50.
José (1924-2002) Tivo unha filla con Jesusa do Xestal dos Murís pero casou
con María Villaverde dos Villaverde do Piñeiro, lugar onde viviron. Tiveron unha única filla, Mari Carmen Areoso
que estudou maxisterio e foi moi coñecida porque organizou durante varios anos
as festas do Piñeiro.
Avelino (1925-2014) casou con Mª Teresa Santos coa que tivo unha filla, Pilar,
que casou con Carlos Espiñeira López da familia dos de Ignacio. Pasou os seus últimos anos en Vigo.
Severino Areoso Noya (1929-2011) foi o de vida máis interesante. Tamén
tivo unha filla antes do matrimonio cunha das Laghorcias
de Reboredo, pero logo casou con Josefa
Villaverde (irmá da súa cuñada María). Emigraron a Brasil nos anos 50 e alí
viviron cos fillos. Logo el volveu para vender algunhas propiedades e xa non
regresou, iniciando unha relación con Manuela
Veiras.
Domingo Antonio (1930-2021) casou con Carmen Martínez (m.2023), unha filla de Lelico,
coa que viviu no Piñeiro e coa que tivo 3 fillas: Josefa, Mª del Mar e Chus.
Esta última casou con Alberto, fillo do construtor José Moar Figueira
(1947-2022).
Manuela Marina Areoso Noya (1931-2019) tivo un fillo de solteira co famoso
gaiteiro Flor da Maquía. Casaría logo con Jesús
Sánchez co que tería outros dous fillos: José Ramón e Mari Carmen. JR
estivo casado coa segunda das fillas de Jesús Losada Prado Renfe (1931-1988),
Mª Elena Losada (1960-1996) que morreu moi nova. Logo iniciaría unha
relación con Ana Pereira.
María, coñecida como Maruja, casou con Manuel
Barreiro Loureiro (1922-2014) co que viviu na Coruña.
Ramiro Areoso Noya (1935-2017) casou para Leira con Isabel Rodríguez, coa que tivo unha filla tamén chamada Isabel.
No Balado tamén houbo Areosos. José Areoso
Golán (1888-1961), que non sei se era irmán de Ramón, casou coa
filla maior de Ghorecho de Vilaverde, María
Villaverde Veiras (1892-1974), e tiveron tres fillos: Jesús Areoso
Villaverde (1927-2002) que foi capataz de legoeiros e acabou vivindo
na Coruña, Jesusa
(1932-2020) que casou con Manuel García Varela e foi nai do actor Manuel José García
Areoso e de Ismael José, e a profesora do Instituto San Clemente Mª del Carmen
Areoso Villaverde (1933-2019) casada co veterinario Vicente Fojo
Salgueiro.
Irmá de José era Manuela Areoso Golán (1895-1962)
que ao casar con Juan
Liste Castro (1880-1964) converteuse na matriarca da familia Liste -os de Gholán
do Balado-.
Tamén houbo Areosos en Merelle, por exemplo Felisa
e Antonio
Areoso Vieites o Churrero (1904-1977). Este casou con Carmen Bello Uzal e
foron pais do contratista José Areoso Bello, quizais o Areoso máis coñecido na
actualidade.
Máis ao norte, en Merelle 23 viviu José Areoso Martínez (1903-1967), pai de Manuel (1932-1992) e Asunción Areoso Ríos,
muller de Matías Grela Graña.,
Na parroquia de Lesta, no Camiño, quizais procedente de Merelle estableceuse Pedro Areoso Pena (1880-1963) que chegou a ser concelleiro en 1923. Casado con Generosa Bermúdez, tiveron 6 fillos: Manuel (1901-1988), María, Francisca, Josefa, Jesusa e José. Este último, José Areoso Bermúdez (1916-2004), casado con Jesusa Ríos Grela, foi o patriarca dos Areoso Ríos de Vilartarreo na parroquia de Santaia de Gorgullos (Tordoia).
Agradecementos a Guillermo Mariño pola información sobre os emigrantes a Brasil e a Manuel Areoso.
Hola pois en lesta tamen habia o apellido areoso. Meu bisabuelo era pedro areoso pena que seica vineran da zona de merelle casado con generosa bermudez e vivian na aldea do camiño. Tuberon 6 fillos manuel,maria,francisca,pepa,jesusa e jose areoso bermudez que era meu abuelo. Teria que mirar pero saberia cando naceron e cando morreron todos e onde estaban casados.
ResponderEliminarFantástico. Agradecido pola información. Pronto a engadirei ao artigo. Un saúdo.
Eliminar