Obviamente o apelido Villaverde tivo a súa
orixe no lugar de Vilaverde, preto da vila de Ordes, pero pronto se instalaron os portadores noutros lugares como o Piñeiro ou a Espenica.
A principios do século XIX xa vivía no
Piñeiro Pedro
Villaverde del Río (m.1849) que casou en segundas nupcias con Benita
Carballido Liñares (1809-1848), moza de Vilaverde coa que tivo 8 fillos, os
Villaverde Carballido.
Coa súa 1ª muller, Mª Juana Noya Liste, tivo
3 fillos: Jacobo, Andrés e Manuel Jacobo (1822-1877). Deste último
sabemos que morreu nos Coruxos (Espenica de Arriba), que casou cunha moza de
Poulo, Josefa Dolores Gómez Gil (1845-1902), e que foi o pai de Mª Josefa
Villaverde -que sería a matriarca da familia Mosquera de Vilaverde-.
Jacobo probablemente morreu novo e Andrés (n.1819) foi o herdeiro da casa
no Piñeiro. Do seu matrimonio con Josefa del Río naceu Pedro Villaverde del Río
(1857-1911) co mesmo nome e apelidos co seu avó.
Pedro casou con Ángela Mosquera Barreiro
(1865-1941), a maior de 8 irmáns (entre os que estaba Manuel, o patriarca dos
Mosqueiras do século XX en Vilaverde).
O matrimonio tivo 6 fillos: Manuel, Francisco,
Mª Josefa, María, Ángela e Dolores.
Manuel (n.1883) casou coa súa curmá Manuela, a maior da
familia Mosquera Villaverde. Con ela tivo tres fillas e un fillo, Pedro do Piñeiro, o herdeiro da casa. Morreu
bastante novo e a súa muller aínda tería unha filla máis con Antonio, un dos 11
fillos de Antón
de Xan Ferreiro.
Francisco casou con Josefa Bello Blanco a Monteira coa que tivo un únifo fillo, Ángel Villaverde Bello Monteiro (1918-1970). Este foi expedientado en 1939 polas súas simpatías esquerdistas pero en 1945 xa tivo libre acceso aos seus bens. Comprou o Salón Troche e tivo un negocio de bicicletas ao lado do Chocolateiro. Casou con Esperanza Astray Patita e tiveron tres fillas: Esperanza, Cristina e Margarita. Logo deixounas a todas e marchou para Ámerica onde faleceu en marzo de 1970.
Mª Josefa (1891-1930) casou con Pedro Pardo Fandiño, un rico empresario que se dedicaba á obra
civil (construción de estradas). Viviron preto do Mesón de Deus e tiveron 6
fillos. Pero da familia Pardo
falaremos máis extensamente nun próximo artigo.
María (1893?-1926?) casou cun garda civil, José Ferreiro, o fillo maior de Antón
de Xan Ferreiro. Morreu bastante nova despois de ter 3 fillos: Pedro, Antonio e
José. Os fillos de Antonio (José e Antonio Ferreiro Regos) levaron durante unha
temporada o "Pub Arcos".
José volveu casar de novo con Carmen Mosquera coa que tivo dous fillos máis: Jesusa e Manuel Ferreiro Mosquera. Este tamén seguiu a senda paterna e foi garda civil. Estando destinado no País Vasco a casa cuartel de Las Arenas que el comandaba sufriu un atentado con lanzagranadas en agosto de 1984 onde foi ferida gravemente a súa filla Eva María.

Ángela (1904-1997) tamén casou cun curmán, Manuel Mosquera
(1900-1959), e viviron na Fonte Estrei. Manuel traballaba na Eléctrica de
Fernanducho, ao igual que o seu fillo Suso, que morreu nun transformador do
Mesón do Vento en 1957. A
súa filla, Lolita da Fonte Estrei, casou cun
mozo de Leira.
Dolores (1905-1981) casou con Garea, un garda civil que veu de Melide. Con el tivo 3 fillos e unha filla. Os dous maiores seguiron a carreira paterna: Jesús chegou a brigada e está soterrado en Santiago, Manuel vive na provincia de Pontevedra. O máis novo, Pedro Juan, foi oficial da Mariña.

No hay comentarios:
Publicar un comentario