Se realizades este paseo en verán hai un atractivo máis. A confluencia
dun gran curso de auga coa existencia de plantas como buddleias ou eupatorios fan que abunden as bolboretas. Eu vin multitude de
exemplares de máis dunha ducia de especies, destacando gran cantidade de pavo real e nacaradas. Tamén numerosas podalirios e algunha xigantesca macaón. |
martes, 29 de octubre de 2024
Da Pontraga a Gorgullos
miércoles, 23 de octubre de 2024
Toponimia de Ardemil
sábado, 19 de octubre de 2024
O ano 1958
En 1958 continuaba a Guerra Fría. Ademais de explotar bombas atómicas de proba, as dúas superpotencias levaban os seus preitos ata o espazo. Os USA lanzaron en xaneiro o seu 1º satélite, o Explorer. Logo, despois dun par de fracasos (Atlas e Pioneer) lanzarían o Vanguard e o Score (1º satélite de comunicacións). A URSS contraatacaría co Sputnik 3. En Cuba continuaba a rebelión castrista contra o ditador Batista, en Venezuela era derrocado Marcos Pérez Jiménez, comezando a etapa democrática, e en Arxentina era elixido presidente Arturo Frondizi. En Oriente medio Exipto e Siria uníronse formando a RAU que duraría só 3 anos. Como reacción Xordania e Iraq crearían a Federación Árabe que non chegaría a durar nin ese ano. En África continuaba a descolonización e aparición de novos países: Guinea, Malí, Senegal, Chad, Gabón, Congo, Dahomey, Alto Volta... mentres na metrópole francesa comezaba a Vª República con Charles de Gaulle. 1958 tamén será recordado pola morte de Pío XII e a chegada ao papado do cardeal Roncalli, Xoán XXIII, que supuxo unha gran renovación na Igrexa Católica.
No ámbito da cultura 1958 foi o ano no que apareceu o que logo sería o cómic humorístico español máis exitoso: Mortadelo y Filemón. Houbo dúas excepcionais películas, La venganza e El cebo, e outras moi comerciais como La violetera (con popular canción), ¿Dónde vas Alfonso XII? ou Las chicas de la Cruz Roja.
sábado, 12 de octubre de 2024
Os Viqueiras de Farruca
Pura
tivo sombras pero tamén luces: Había unha señora forasteira, a Caeira, que traballaba nas feiras vendendo
allos ("Quen cae comigo?", "Quen quere allos? Quen
carallos?" berraba). Pero logo enfermou e non podía pagar o aluguer da súa
caseta, así que botárona fóra. Pura, que tiña tamén un casetiño no que apenas
cabían ela e os seus fillos e que tiña que facer números para levarlles de
comer, colocou un catre no corredor e alí acolleu á enferma ata que morreu.
|
*Andrés Campos
(1877-1968) e María
Souto Ferro (1877-1943) tiveron 7 fillos:
María, a primoxénita,
casou con José Liste Areoso José de Gholán
e viviu no Recreo 127. Tiveron 3 fillos:
José, Manuel Peíño e Jesus Liste Castro.
Manuel, que emigrou,
casou con Rosa Presto.
José (1904-1988)
casou con Peregrina Tobío Carril coa que tivo 5 fillos: Manuel Antonio, Ramón, Juan, María e Concepción Campos Tobío.
Jesusa (1911-1976)
casou para Sigüeiro con Jesús Suárez
Morao.
Josefa Campos Souto (1912-2003) sería a que casou con Manuel Viqueira.
Manuela (1913-1987) e Consuelo (1917-1972 Lausanne) non
casaron.
Parece
ser que a nai de Andrés chamábase Isabel e de aí ven o de Casa do Sabelo.
|