As fértiles terras do Casal deron acomodo a
algunhas das máis ricas familias campesiñas da parroquia: Barreiros, Martís, Ferreiros...
Preto da intersección coa estrada que vai ao
Bidueiro vivía outra desas familias, os Viqueiras. O patriarca foi José
Viqueira Martínez. Sabemos que non tivo boa relación cos seus
veciños os Martís, pois tivo un xuízo contra eles en 1926, e tampouco se levaba
ben co seu cuñado Marcelino Conde. Casou con Estrella
Conde Barreiro, irmá de José, o patriarca dos Condes do Bidueiro, e de Manuela a Conda,
matriarca dos Recousos de Parada.
O matrimonio tivo 8 fillos que chegaron á idade adulta: Manuel, José,
Dolores, Carmen, Ricardo, Manuela, Laureano e Josefa. Tamén houbo polo menos un, Marcelino, que morreu sendo un neno de 11 anos.
Manuel Viqueira Conde o
Ferrador (1901-1976) instalouse no Recreo e casou con María Moar
Pérez, tamén primoxénita de Jesús Mª José Moar e Generosa Pérez,
quen morrería ao dar a luz o seu 2º fillo, Manolo dos Ramos (o que tivo un
ultramarinos en Alfonso Senra, hoxe decorado cun impactante mural de Liqen
Jakkala). Manuel e María tiveron tres
fillos: Jesús, Arturo e Estrella. Manuel pasou os últimos anos na Coruña.
José Viqueira Conde (1903-1987), o segundo fillo, foi o que quedou na
casa familiar. Casado con María Castiñeiras González (1924-2015), unha
moza de Xesteda, tiveron 6 fillos: José, Manuel, Josefa, Mª Carmen, Ricardo e
Jesús, a maioría deles vivindo no Casal. Quizais o último, Jesús
Viqueira Castiñeiras Viki, é o máis coñecido
porque traballou en Correos, tivo actividade política e estivo relacionado
sempre coa promoción do folclore galego, participando en "Sementes do
Arte" e dirixindo o Grupo de Danzas de Leira.
Dolores Viqueira Conde (1904-1992) casou con José Landeira
Ríos (1900-1992) con quen viviu no Castro (Parada) na entón chamada
Casa Ríos porque a propietaria fora María Ríos Mosquera, mentres o seu marido,
Manuel Landeira Regueiro, proviña de Castenda. Dolores e José tiveron 5 fillos,
dous dos cales emigraron a América. A que quedou na casa familiar foi a última,
Mª Balbina, que casou con José Bermúdez e é a nai do coñecido José Luis
Bermúdez Landeira.
Carmen Viqueira (?) casou con Domingo Rivas Viqueira o Compoñedor da Tiopeira (1905-1974) con quen viviu en Esmorís e co que tivo unha única filla, María, que casaría con Andrés Cancelada, o conserxe do Colexio Castelao. Carmen morreu moi nova e está soterrada no cemiterio de Buscás.
Ricardo (1909-2000) casou con Manuela Rama Regos (1919-1995), a primeira dos
11 irmáns Rama Regos, máis coñecidos como os de Alberte do Casal, por ser fillos de
Alberto Rama Ríos e María Regos Recouso. Establecéronse na Reverencia e só
tiveron un fillo, tamén chamado Ricardo.
Manuela (1911-2003) casou con José Moure Castro, coñecido como Lucas de
Villaverde (en realidade Lucas era o seu pai), con quen tivo tres
fillos: Flora, José e Josefa. José de Lucas,
o fillo mediano, foi o que quedou na casa familiar ata a súa tráxica morte.
Laureano (1915-1985) casou con María Martínez Viqueira e
viviron en Guindibóo.
Finalmente
Josefa
Viqueira Conde (1916-1992) viviu en Esmorís (Buscás) porque casou
con Manuel
Martínez Viqueira, máis coñecido como o Caseiro dos Murís, que
morreu en accidente de tráfico en Merelle no ano 1984. Con el tivo 4 fillos:
Estrella, Laureano, Isabel e Julia Martínez Viqueira (cos mesmos apelidos que o
pai).
Buenas tardes. Quería saber dónde puedo buscar información acerca de Alberto Rama Ríos, ya que es un ancestro de mi familia
ResponderEliminarAlberto Rama Ríos (m.1972) coñecido como Alberte do Casal tivo 11 fillos. O último, Ramiro Rama Regos, vive aínda na casa familiar do Casal. Tal vez poida poñerse en contacto con el enviando unha carta a esa dirección. Saúdos.
Eliminar