En Xullo do venres 5 ao domingo 7 celebrouse
o Sacro Corazón, organizado polo párroco don Francisco Nimo. Houbo novena e sermón
do padre Polo da Residencia de Santiago. O domingo tivo lugar a misa de comuñón
con intervención dunha agrupacón de música sacra e solemne procesión onde
portou a insignia Julio Liñares Castro.
As festas patronais de 1957 foron parecidas ás outras desa década, pero houbo un par de
novidades. A primeira foi a duración de 5
días (en vez dos 4 habituais*) e a segunda foi que por primeira vez
tocarían dúas orquestras: a Orquesta Spallant
da Coruña sería substituída o último día pola Orquesta
Maracaná tamén da Coruña. O
que non cambiou foi a perenne participación da Banda
de Música de Arca (xa tocaran en 1951, 1954, 1955 e 1956).
O
xornal La Noche dedicoulles un especial de tres páxinas onde,
ademais do programa, os anuncios e o saúdo do alcalde Juan Liñares, había varios
artigos. Un falaba das tres feiras mensuais da localidade, outro do sacerdote don Isidro e finalmente unha páxina enteira estaba dedicada ao equipo de fútbol con
entrevistas ao presidente Antonio Concheiro e ao capitán, un Janito
claramente decepcionado por non poder ir xogar ao Fabril o ano anterior.
O mércores 14 ás 12 da mañá as festas deron inicio
oficialmente con repenique de campás e salvas de bombas, mentres gaiteiros,
xigantes e cabezudos percorrían as rúas. Pola tarde fixo a súa entrada na vila
a Banda de Arca con alegres pasarrúas. Ás 10 da noite na Alameda,
iluminada como sempre polos industriais García y Blanco de Padrón, comezou a verbena tamén amenizada pola banda.
O xoves 15, día grande, ás 8 da mañá unha salva de
bombas espertou aos ordenses. A banda de Arca percorreu as rúas tocando alegres
dianas e alboradas. Logo os gaiteiros acompañaron aos xigantes e cabezudos
polas rúas. Ás 12 tivo lugar a misa solemne. Á unha da tarde a procesión
solemne coas autoridades. Comezó logo a sesión vermú coa banda e a Orquesta Spallant. Ás
6 da tarde tivo lugar o primeiro partido dun trofeo triangular. Xogaron os
equipos Santiago e Flavia (ambos os dous
de 3ª División) e o resultado foi 2-1 para o Santiago tendo que xogar unha
prórroga. Logo festa vespertina coa banda e a orquestra. Despois de parar para
cear, ás 11 da noite houbo verbena. Ás 12 da noite houbo a habitual sesión de
pirotecnia a cargo dos irmáns Rocha
de Oza dos Ríos. Continuou logo a verbena e finalizou con elevación de globos e
disparo de foguetes.
O venres 16 a banda percorreu as rúas. Ás 11 foi
o turno dos xigantes e cabezudos e ás 12 da misa esta vez na honra de San
Roque. Á unha da tarde música na Alameda. Ás 6 da tarde tivo lugar a final do
torneo triangular, xogando o Ordes co Santiago. Este último rematou vencendo
2-1 despois doutra prórroga e gañou o trofeo doado pola Deputación Provincial
que recolleu o seu capitán Chucho. Ás 8 e ás 11 repetiuse o baile. Ás 12
da noite houbo de novo sesión de fogos artificiais. Unha vez rematados
continuou a verbena.
O sabado 17 percorrido da banda polas rúas de
Ordes e despois concerto na Alameda. Sesión vermú coa orquestra. Pola tarde e
noite os bailes habituais coa participación das dúas agrupacións.
O domingo 18 presentación da Orquesta Maracaná da
Coruña, encargada de amenizar a sesión vermú, o baile da tarde e a última
verbena das festas. Como anécdota ese mesmo día actuaban os Harlem
Globetrotters na Praza de touros da Coruña.
No hay comentarios:
Publicar un comentario