En 1958
houbo dúas vodas que saíron na prensa.
A primeira tivo lugar na igrexa parroquial de Santa Cruz de Montaos o 19 de marzo,
día de San Xosé. Os noivos eran Juana Mosquera Veiras, nativa da parroquia, e Jesús Calvo
Carnota Suso de Calvo, un dos irmáns propietarios da
maior ferraxería de Ordes.
O sacerdote foi un aínda novato don Isidro Marcos Álvarez quen pronunciou unhas "sentidas palabras".
Os padriños foron a nai do noivo, Gumersinda
Calvo, e o pai da noiva José Mosquera Candal. Asinaron como testemuñas por
parte da noiva José Rico Candal, o perito Laureano Mosquera e os seus tíos, os
funcionarios de Obras Públicas Juan e Ricardo Mosquera Candal. Por parte do
noivo asinaron o comerciante Julián Marcos, o inspector veterinario Manuel
Pedreira Vázquez e o perito agrícola Pedro del Río.
Despois do xantar os noivos marcharon de lúa
de mel a Santander, Bilbao, Donostia e outras localidades españolas. Á volta
fixaron a súa residencia en Ordes.
O matrimonio durou 26 anos pois Suso morreu
en 1984 con só 57 anos nun accidente. Tiveron
7 fillos: Mª del Mar, Juan Jesús, Carlos, Ana, Carmen Mª, Lucía e Irene.
A segunda voda tivo lugar en novembro na igrexa de Santa María. Jesusa
Areoso Villaverde (vestida de negro) casou con Manuel García Varela. Jesusa era
a 2ª filla de José Areoso Golán (1888-1961) do Balado e de María Villaverde Veiras (1892-1974), mentres Manuel era o 6º irmán dos Garcías do Casal, fillos de José
García Boquete (1874-1955) e Manuela Varela Méndez (1882-1965).
Foron os padriños o irmán maior da noiva, o
capataz de legoeiros Jesús Areoso Villaverde (1927-2002), e a irmá do noivo, María García Varela
(1923-2012).
Asinaron a acta como testemuñas José Jaspe
Leira, Luis Nogueira, Enrique Babío Calleja, Julio Burgo Villanova, Manuel Amor
Canosa, Francisco Domínguez, Jaime Losada Quiroga, Gonzalo Acuña Novás, Manuel
Fernández Pena, Raúl Solleiro Mella, Adelino Gayoso Fernández, Manuel Bastante
Macía e Alonso Vázquez Mouriño.
Entre os asistentes había máis dun centenar
de coruñeses, moitos deles industriais. Despois da cerimonia os noivos
emprenderon a viaxe de lúa de mel por diversas poboacións españolas.
Á volta instalaríanse na Coruña onde tiveron
dous fillos: o actor Manuel José e Ismael. O matrimonio duraría 54 anos ata a
morte de Manuel no ano 2012.
Doutra banda en 1958 mourreu a mañá do día 8
de xullo aos 87 anos de idade Josefa Ferreiro Franqueira, viúva do importante
comerciante Antonio Amado. O entrerro tivo lugar o mércores ás 11 da mañá e
congregou a unha multitude de ordenses.
Outro deceso notable foi o de Balbino del Valle González, o propietario da Casa Grande de Parada e de moitas máis terras
na parroquia (a escola foi feita nun soar doado por el).
Morreu o domingo 21 de decembro e o enterro
tivo lugar ao día seguinte ás 12 da mañá na igrexa parroquial de Santa María de
Sabadelle, no concello de Chantada. Dado que era un home moi rico e pai de José
del Valle (ex-alcalde de Santiago e ex-gobernador da provincia de Lugo), os
asistentes foron moitos e moi distinguidos, contándose entre eles o alcalde de
Santiago Ángel Porto Anido.
A Casa Grande sería herdada por Francisco del
Valle, o sétimo dos seus 11 fillos. En xullo de 1959 sería inaugurada a escola
de Parada onde loce unha placa na honra de Balbino del Valle.
No hay comentarios:
Publicar un comentario