As festas patronais de 1956 foron
moi parecidas ás de anos anteriores. Duraron 4 días e contaron coa habitual
participación da Banda de Música de Arca
(xa tocaran en 1951, 1954 e 1955) e da Orquesta Oriente da Coruña na que chegara a
cantar o gran Pucho Boedo. O xornal La Noche dedicoulles un
especial de tres páxinas, onde ademais do programa e moitos anuncios había os
típicos e variados artigos. Un deles trataba sobre o club de fútbol, a maior
ilusión naqueles tempos, que viña de lograr aquel ano o ascenso a 3ª División,
outro sobre a historia da vila e o inexplicable illamento do ferrocarril e
outro sobre a posibilidade de instalar un parador de turismo. Non faltaba o
poema de Manuel Astray e unha nostálxica reflexión sobre as festas de Leandro del Río.
[...] Mucho antes
de mediados de agosto, estos días -concretamente el 15 de este mes- es todo una
referencia. Es plazo para, antes o después, hacer algo; es fecha de esperanza, en
la que quedarán convertidas en realidad unas ilusiones, o aplazadas por un año
más, si en la euforia "fiestera" acepta la joven al galán que la
corteja, cuando no es ella la que espera impaciente el juramento de una promesa
de aquel. Y es época de recuerdos de tiempos mejores, que entre el estampido de
los cohetes y las alegres notas de la música brotan del corazón a la mente,
hasta revivirlos otra vez aunque suene a paradoja en alegre nostalgia. No
olvidemos que si se vive de ilusiones, también los recuerdos sostienen la
existencia.
Y llega el día ansiado. ¿Para qué
describirlo? Bien fácil es imaginárselo: sana alegría por doquier, caras amigas
que vuelven y nuevas que volverán. Festejantes convocándose entre si, en
fraterna camaradería y obsequiando a sus invitados, sus "festeiros" como aquí se les llama, con amable y hospitalario acogimiento.
Así hasta el último día. Sin cansancio de
ninguna clase. Con pena, si, de ver como se acaba "la fiesta"; pero
con paz en el alma, para reanudar la vida de trabajo. Y en la conjunción de
estos elementos -extraños hoy en el mundo- encuentra esta villa, de suaves
paisajes en la montaña gallega, la razón de su alegría y su regreso.
O martes 14 ás 12 da mañá as festas deron inicio
oficialmente con repenique de campás e salvas de bombas, mentres gaiteiros,
xigantes e cabezudos percorrían as rúas. Ás 6 da tarde fixo a súa entrada na
vila a Banda de Arca con alegres pasarrúas. Ás 10 da noite na Alameda comezou a verbena. Ao remate
bombas e elevación de globos.
O mércores 15, día grande, ás 8 da mañá unha salva
de bombas espertou aos ordenses. A banda de Arca percorreu as rúas tocando
alegres dianas e alboradas. Logo os gaiteiros acompañaron aos xigantes e
cabezudos polas rúas. Ás 12 tivo lugar a misa solemne. Á unha da tarde tivo
lugar na Alameda o concerto da banda alternando coa Orquesta Oriente.
Ás cinco e media da
tarde celebrouse (igual que o ano anterior) un partido de fútbol entre o Deportivo
e o Órdenes. Logo festa vespertina coa banda e a orquestra. Despois de
parar para cear, ás 11 da noite houbo verbena. A iluminación da Alameda ese ano
foi obra de novo dos industriais García y Blanco
de Padrón. Ás 12 da noite houbo a habitual sesión de pirotecnia a cargo dos irmáns Rocha de Oza dos Ríos.
O xoves 16, día de San Roque, ás 9 saíu
a banda. Tamén ás 12 volveu a ser a misa esta vez na honra de San Roque. Á unha
da tarde música na Alameda. Pola tarde
partido de fútbol entre o San Tirso (campión
das Mariñas) e o Ordes disputándo se un trofeo doado pola compañía de seguros
"Ahorro y capitalización SA". Ás 8 e ás 11 repetiuse
o baile. Ás 12 da noite houbo de novo sesión de fogos artificiais.
O venres 17 saíu a banda pola mañá e houbo sesión
vermú á unha. Ás 7 e ás 11 novamente
baile. E, como non, o remate sería con fogos artificiais, bombas e elevación de
globos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario