En Codeseda (parroquia de Leira) podemos
observar dous interesantes escudos, un no pazo que hai alí, e outro na súa
capela.


O primeiro alude aos fundadores do pazo, a
familia Aguiar,
representada, como non, por unha aguia. Este animal era común a todas as ramas
familiares e só variaba a súa cor e o seu fondo.
O segundo cuartel representa á familia Baamonde.
O seu escudo heráldico era un M de
ouro coroado do mesmo metal sobre fondo de azur e unha bordura de goles con
sete peixes de prata. Aquí os peixes son menos e o M ten unha especie de V
invertido.
Os dous cuarteis inferiores honran os
apelidos da esposa de don Jacobo, dona María Teresa de Pol e Salazar.
O terceiro cuartel alude aos Pol de
Lermo cuxo escudo constaba de cinco burelas de azur e brochante e encima delas
unha árbore de sinople acompañado de tres pequenos leóns de ouro -dous á
dereita e un á esquerda-, todo rodeado dunha bordura de goles cargada no alto
de tres bezantes (círculos) de prata cunha cruz de sable -que non aparece aquí-
e o lema "DITAT SERVATA FIDES"
(Enriquece gardar lealdade).
O último cuartel é unha combinación dos
escudos das familias Alvarado e Salazar. O escudo dos Salazar
constaba habitualmente de 13 estrelas de ouro de 8 puntas sobre fondo de goles,
mentres que o dos Alvarado eran cinco flores de lis de azur -aínda que aquí só
hai tres- sobre ondas de azur e prata.
No hay comentarios:
Publicar un comentario