O apelido Viqueira é un dos 20 máis habituais
en Ordes con máis de 300 portadores. Ademais dos Viqueiras do Casal e dos
Viqueiras de Berreo, outra numerosa familia con este apelido son os
Viqueiras con orixe en Vilaverde.
Alí viviu Francisca Viqueira Vieites Farruca, unha muller moi pobre que nas dúas
primeiras décadas do século XX tivo varias fillas (e un varón) de solteira,
polo que a única herencia que recibirían serían os apelidos da nai. De nome eran Estrella, Manuel, Purificación, Valentina
e -outra vez- Estrella.
Estrella
Viqueira Vieites (1907-1989) viviu en Vilaverde e tamén tivo varios
fillos de solteira: Benito, José, Manuel e Francisco (máis un xemelgo deste último que morreu no parto).
Benito
(1924-1959) -non confundir co Castañeiro- casou para as
Casillas e tanto el como a súa muller Herminia Rey Moure (1924-1980) morreron
bastante novos. José, coñecido como Che,
emigrou pero retornou.
Manuel Viqueira Vieites (1929-2015) o Gaiteiro de Vilaverde foi moi coñecido porque
ademais de tocar a gaita en varios grupos dedicouse á construción durante
moitos anos. Do seu matrimonio con Carmen Noya Villaverde (1929-2018) tivo 4
fillos: Manolo Ghosende, Paco (falecido en
2022), Elvira e Fernando.
Francisco
Viqueira Vieites tamén é moi coñecido por fundar Comercial Viqueira. Casou con Manuela Abuín Romero.
Manuel Viqueira
Vieites (1912-1977) casou con Josefa Campos Souto (1912-2003) da Casa do Sabelo* en
Guindibóo (Montaos). Este matrimonio tivo 8 fillos coñecidos por tanto como os Sabelos:
Manuel, José, Jesús, María, Andrés, Antonio, Josefa e Ángel Viqueira Campos.
Manuel,
o maior, casou cunha irmá de Toribio, Consuelo Viqueira, polo que a súa filla
María é Viqueira por partida dobre. José casou con Felisa Rodríguez e tiveron
dous fillos, Juan Carlos e Sonia.
Jesús Viqueira Campos (1945-2004) casou
con Mª Carmen Varela Villaverde coa que tivo 7 fillos. Un deles, Juan Manuel,
morreu aos 20 anos en accidente de tráfico e 6 anos despois tamén nun accidente
de tráfico no Corgo en Lugo falecería Jesús con só 59 anos.
María casou con Antonio Viñas de
Entrecruces (Carballo) e Andrés con Esther Garaboa. Antonio Viqueira Campos
(1951-2022) traballou en Correos e casou con Mª Carmen Blanco da Pedreira en
Leira, coa que tivo 3 fillos.
Josefa
casou con Manuel Rodríguez e finalmente
Ángel coa peruana Silvia Ramos.
Purificación
Viqueira Vieites (1916-2002) viviu en Penelas, unha zona que o
concello cedeu aos pobres que non tiñan outro lugar. A pesar de ser pequena, Pura era unha muller fortísima
que resistiu partos (algún deles pillouna traballando na leira), abortos,
penurias e un par de atropelos de coches no ano 1979. E con todo iso aínda
chegou aos 86 anos!
Pura
tivo sombras pero tamén luces: Había unha señora forasteira, a Caeira, que traballaba nas feiras vendendo
allos ("Quen cae comigo?", "Quen quere allos? Quen
carallos?" berraba). Pero logo enfermou e non podía pagar o aluguer da súa
caseta, así que botárona fóra. Pura, que tiña tamén un casetiño no que apenas
cabían ela e os seus fillos e que tiña que facer números para levarlles de
comer, colocou un catre no corredor e alí acolleu á enferma ata que morreu.
|
Era
moi coñecida porque primeiro traballou ao xornal e logo vendía rosquillas nas
romarías, acompañada ás veces dos seus fillos. Tivo 5: Nieves, Teresa, Manuel,
José Antonio e Benito Viqueira Vieites.
Nieves
Viqueira Vieites (1939-1967) casou con Manuel Fuentes Bernabé
de Vilar que vendía correas nas feiras. Morreu aos 28 anos deixando dous fillos:
Manuel Bemba e José.
Teresa
Viqueira Veiras marchou para a Coruña e casou cun mozo de Paderne, Manuel Cal
Ramos.
Manuel Viqueira Vieites (1942-2020) Manolo de Pura
foi construtor e traballou practicamente ata o seu último alento. Viviu na vila
e logo nun chalé en Queirúa. Casou con Manuela Campos Boquete (1946-2021) coa
que tivo 8 fillos (máis dúas que faleceron de nenas): Teresa, Luis, Julio, Manuel, Miguel, David, Juan José e
Montserrat Viqueira Campos. Teñen os mesmos apelidos cos Sabelos, pero neste caso son coñecidos como os Puros. David e Juan José morreron moi novos.
Antonio Viqueira Vieites (1954-2019) o Rosquilleiro casou con Florinda Paz del Río
(1955-2002) que morreu aos 47 anos. Tiveron varios fillos: Margarita, José,
Francisco, Eduardo e María. Viviron en Alfonso Senra fronte a DIA.
Benito Viqueira Vieites o Castañeiro tivo varios traballos (vendeu nas
festas, chegou a ter un poni no que montaba aos rapaces...) pero a finais dos
80 dedicouse a vender castañas na Alameda ata o 2022. Iso converteuno nun dos
personaxes máis populares da vila.
Valentina
Viqueira Vieites (1918-2005) viviu en Ordes e non tivo fillos.
Estrella
Viqueira Vieites (1920-2001) -curiosamente co mesmo nome que a irmá
maior- marchou á Coruña onde casou con Jesús Collazo Corgo. A súa filla Mª
Jesús casaría cun mozo de Leira, Andrés Mosquera López.
*Andrés Campos
(1877-1968) e María
Souto Ferro (1877-1943) tiveron 7 fillos:
María, a primoxénita,
casou con José Liste Areoso José de Gholán
e viviu no Recreo 127. Tiveron 3 fillos:
José, Manuel Peíño e Jesus Liste Castro.
Manuel, que emigrou,
casou con Rosa Presto.
José (1904-1988)
casou con Peregrina Tobío Carril coa que tivo 5 fillos: Manuel Antonio, Ramón, Juan, María e Concepción Campos Tobío.
Jesusa (1911-1976)
casou para Sigüeiro con Jesús Suárez
Morao.
Josefa Campos Souto (1912-2003) sería a que casou con Manuel Viqueira.
Manuela (1913-1987) e Consuelo (1917-1972 Lausanne) non
casaron.
Parece
ser que a nai de Andrés chamábase Isabel e de aí ven o de Casa do Sabelo.
|
Amigo Ferreiro: moito traballo de Dios tés neste BLOG. ¡Mi madriña!
ResponderEliminarAgradecido polos comentarios. Sarna (traballo) con gusto non pica. Un saúdo.
Eliminar