A uns 600 metros ao sur de
Adrán, na parroquia de Vilamaior, atopamos esta capela. É un pequeno edificio de planta rectangular con 9,50 metros de
lonxitude por 5,30 de fachada, o que nos da un chisco máis de 50
metros cadrados de superficie.
Os muros, sen apenas aberturas, son de
cachotaría recebados con morteiro de cemento e pintados de cor branca, agás os
marcos de portas e ventás que son de cantería. Ten unha sinxela espadana de
formigón con dous ocos (aínda que só un deles ten campá) e por enriba
pináculos. O tellado a dúas augas ten cuberta de fibrocemento.
No interior, tamén pintado de cor branca, hai
un pequeno retablo neoclásico cunha imaxe de San Pedro no centro.
O templo é bastante recente e non ten ningún
elemento destacable, pero está enclavado nunha bonita carballeira próxima á
autoestrada, o que permite oír o paso dos coches. Non lonxe da capela permanece
a base dun cruceiro desaparecido.
O ano 2008
é lembrado principalmente polo inicio da crise económicaa nivel mundial. O G-20 (máis os Países Baixos e España) reuníronse en
novembro en Washington para tentar reformar os mercados financeiros e estimular
a economía. A pesar de todo, a crise acabaríase apropiando do mundo. Pouco
antes, no medio dunha onda de entusiasmo, chegou á presidencia dos USA Barack Obama, o primeiro home non branco en alcanzar tal posto.
En
Cuba, en cambio, o "eterno" Fidel Castro abandonou oficialmente o cargo.
China reafirmou o seu
status de potencia mundial, primeiro celebrando en agosto uns espectaculares xogos olímpicose
logo en setembro mandando ao espazo a Zhai Zhigang, comandante
en xefe da misión Shenzhou VII. Ademais en Europa naceu un novo estado, Kósovo (para enfado de
Serbia e de Rusia) e en Brasília en maio constituíuse Unasur, comunidade dos 12
países suramericanos.
2008 tamén foi o ano en que Facebook estivo disponible en castelán, o que disparou o seu uso no noso país.
En España
a crise comezaba a notarse, pero o
PSOE de Zapatero gañou as Eleccións xerais de marzo negándoa. Tamén volveu gañar con maioría absoluta as eleccións andaluzas que se celebraron o mesmo día, aínda que houbo nelas un
considerable ascenso do PP. E de repente chegou o estoupido da burbulla inmobiliaria! Co aumento dos prezos e os atentados de ETA poucas
boas novas houbo, agás no terreo deportivo porque aquí si que foi un gran ano: a selección española de fútbol, adestrada por Luis,
gañou a Eurocopa e Nadal, ademais de Roland Garros e Wimbledon, deulle de novo
a Copa Davis a España.
En Galicia eran tempos do goberno bipartito de Touriño e Quintana. A coordinación brillaba pola súa ausencia e daban a impresión de ser dous gobernos paralelos, cousa que pronto aproveitaría un reforzado Partido Popular.
Ordes empezou 2008 notando a crise económica. Había
máis de 1.800 desempregados na comarca e aumentarían exponencialmente durante
todo o ano. Taménhabía máis de 2.300
maiores de 65 anos e para eles foi inaugurado en xaneiro un centro social
provisional na Rúa da Reconciliación. En febreiro por primeira vez a
Corporación rendeu homenaxe aos fusilados do 37 en Boisaca. Tamén incluíu aos
Lagartos na zona ORA e engadiu tres novos gardas municipais (José Cancela, Iván
Otero e Jorge Trillo).
O gran número de estorniños (máis de 100.000) ocasionou tantas molestias que houbo
que poñer gravacións de aves rapaces para botalos da Alameda. Outros molestos
visitantes eran os "Pellejeros", os camións de lixo que pasaban como
Perico pola súa casa. Un pleno municipal decidiu desvialos do centro, pero
continuaron circulando ata setembro en que evitaron a vila ao volver da planta
de Sogama (pero non na ida).
A Movida
comezaba a dar sinais cada vez máis claras de decadencia, ata o punto que os
propietarios dos locais decidiron asociarse en decembro para reverter esta situación. En
cambio as festas e festexos de calquera tipo multiplicáronse grazas á boa
disposición do goberno do alcalde Regos
que en maio aprobou un orzamento de 13
millóns de euros, o máis alto da nosa historia. Así tivemos en marzo o Certame de Intérpretes de Ordesonde competiron máis de 100 cantantes
afeccionados, sendo unha das destacadas a ordense Cristina Souto. En abril tivo
lugar Expo
Ordes que recibiu unha avalancha de xente e onde destacou o 1º
Concurso hípico de salto no que participaron 70 cabalos. En maio debutou a Gala do Deporte da Mancomunidade, aínda que esta 1ª
edición celebrouse en Cerceda. Ese mesmo mes houbo a Festa dos
Maiores que congregou 1.300 persoas nunha carpa no Campo da Feira
(aproveitouse a que se instalara para a Expo) e tamén se celebrou o Campionato
de España de hóckey junior que gañou o equipo de Barcelona. En xullo non
faltaron o Revoltosa Rock de Montaos nin a XVI Feira de cans de caza que
contou con máis de 2.000 destes animais no Mesón do Vento. En agosto foi a 2ª
edición de Brincadeira, que nesa ocasión
contou coa estelar participación de Amparanoia, e unhas espectaculares festas patronais que reuniron a máis de
50.000 persoas e nas que cantaron Marlene Mourreau (esta ensinaba máis que
cantaba) e David Civera. E aínda quedaban en novembro a 1ª Feira Intercultural de Ordes con degustacuión de comida árabe,
calígrafía tamén árabe e capoeira e a 1ª Feira da
Mancomunidade Ordense celebrada na Alameda con máis de 1.500 visitantes.
A actuación do goberno foi frenética en todos
os ámbitos: emprendeu unha tremenda reforma da Alameda que a duras penas chegou a tempo para as festas, recibiu a
bandeira verde en xuño como municipio "sostible", licitou o paseo
fluvial do río Mercurín e ata pretendía construír unha estación de autobuses
enriba dun aparcadoiro subterráneo no parque. Afortunadamente iso non chegou a
bo termo.
O que si fixo en agosto foi remodelar a
páxina web do Concello "para que resultara máis útil aos usuarios"
e... que casualidade! tamén en agosto apareceu o blog de información municipal
"Ordessiete", dirixido por Renato Landeira, que basicamente se dedicou
a facer propaganda de Regos ata o ano 2014 no que deixou de funcionar.
Outras novas dese ano foron o inicio dos
primeiros cursos de inglés impartidos pola Escola Oficial de Idiomas no IES 1, a marcha de Ordes da socialista
Esther Couto substituída por Xesús Pedreira, un incendio na droguería Leandro e
o multitudinario enterro en novembro de Manuel Regos Rodríguez, pai do alcalde.
En 1915
publicouse "La casa de la Troya" do escritor Alejandro Pérez Lugín,
novela famosa pola súa descrición do ambiente estudiantil compostelán. Nela
aparece o único personaxe literario que, aínda que non é ordense de nacemento,
ten relación co noso concello.
Trátase de Ventura Lozano y Portilla, ex-xuíz do Partido Xudicial de Ordes,
pedante pero honrado. Unha vez "recomendáranlle" que veredicto debía
ditar nun caso. El fixo todo o contrario e a continuación dimitiu do seu posto.
Vivía en Santiago coa muller e as súas dúas fillas e era o titor
encargado de vixiar a conduta do protagonista, Gerardo Roquer.
O propio Pérez Lugín dirixiu unha
película
muda en 1925 na que este personaxe estaba interpretado polo actor Ceferino
Barrajón. Máis fiel á novela é o aspecto do actor Félix Fernández na moito máis
coñecida película de 1959, dirixida por Rafael
Gil.
Velaquí algúns fragmentos onde
se fala deste personaxe, empezando pola descrición que del fai o compañeiro de
Gerardo, Casimiro Barcala.
–¿Quién es ese don Ventura?
–Un tipo la mar de “pavero”. Un señor
muy estirado y prosopopéyico, que te va a volver loco a fuerza de discursos y
consejos, propinados con la mayor solemnidad. Ha sido juez de primera instancia
en el cercano partido de Órdenes y pidió la excedencia porque su rectitud le
esquinaba con todo el mundo. Aquí te hay un caciquismo terrible en todas
partes. Él no necesitaba de la carrera, porque está bien de fortuna; pidió la
excedencia, se casó y se puso mejor y se vino a vivir a Santiago. Es un
romanista formidable. Se sabe de memoria las Pandectas, las Novelas, la
Instituta. Todo Papiniano, todo Modestino, todo Justiniano, etcétera, etcétera.
Ya verás qué tipo más gracioso. Yo le hice unos versos pistonudos:
¡Vedle! El último romano,
semoviente pergamino...
. . . .
Hasta el sombrero cepilla,
con graves solemnidades,
y hace sus necesidades
a toque de campanilla.
Cuando se despide de alguna persona a
quien acaba de conocer, saluda muy ceremonioso —levantándose e imitándole—: “Tantísimo
gusto y mayor honor, señor y amigo mío: ya sabe usted quién es su devoto
servidor: Ventura Lozano y Portilla, ex juez de
Órdenes y a las de usted...” Padece una afición desmedida a la oratoria,
y como te descuides, te coloca un discurso de dos horas, que te deja destrozado...
Pero, chico, tiene dos hijas de primera.
Vivía este buen señor en la calle del Franco en una casa de dos pisos,
con galería en el segundo, fachada enjalbegada y renegrida por la humedad, y
estrecho portal, en cuya puerta interior lucía un brillante y pequeño llamador,
que el madrileño dejó caer suavemente una vez sin que le oyesen y, con más
fuerza, otras dos que surtieron su efecto. [...]
El estudiante le oía con curiosidad, costándole no poco trabajo contener
la risa. Mientras hablaba don Ventura, le examinó de arriba abajo. Era el
elocuente señor, pequeño, calvo, largo de cara, que se adornaba con un
bigotillo blanco de moco de pavo, recortado a la moda de los milicianos del
cincuenta y tantos, y completaba el exorno facial con una mosca contemporánea
de la misma tropa. Vestía severamente de negro, y negro era asimismo el lacito
de su corbata de tira.
Don ventura, lo mismo que cuando recibía en Órdenes declaración a los
feroces criminales que habían hurtado un feixe de leña o tojo o tundido a palos
en una corredoira las costillas de algún mozo rival, miraba al estudiante
fijamente con ojos inquisitoriales que llegaron a turbarle.
—¡Mírese usted en ese espejo!—le dijo
solemnemente cuando concluyó el relato, acentuando sus palabras con la energía
de un dedo índice severamente tieso y apercibidor—. ¡Mírese usted en ese
espejo!
Gerardo levantose —él juró siempre que lo había hecho de buena fe y
azorado por la mirada fulmínea de don Ventura— y fue a mirarse al espejo que
había sobre la consola en el hueco de los dos balcones.
—¿A dónde va usted, amigo mío? El
espejo que yo le pongo delante, para que vea la triste imagen que en él se
aparece, es el de ese hadario Lorenzo Carballo. Huya usted de semejársele.
Discipline su volición, sométase al uvio del trabajo y será salvo. [...]
—Ha tomado usted—Le dijo el elocuente
señor—posesión de esta humilde choza y ganado un amigo. Cuando usted necesite
de aquella y de este su seguro servidor, le será gustosamente otorgado. Ya sabe
usted: Ventura Lozano y Portilla, ex-juez de Órdenes, y a las de usted.
Despois das festas de 1957 que duraran 5 días,
en 1958 volveron aos 4 habituais. A
comisión estivo formada, como era usual, polo alcalde Juan Liñares, e como
vogais polo banqueiro e concelleiro Segismundo Viqueira, o industrial Viriato Lamas Gutiérrez e o carpinteiro e construtor Manuel Regos Viqueira.
A gran novidade dese ano foi a
competición pirotécnica na verbena principal. A orquestra que amenizou os dous días grandes foi Los Trovadores,
naquel tempo moi exitosa e onde cantara o ano anterior o gran Pucho Boedo. Remataba de actuar nas salas Rumbo e Fontoria de Madrid
e contaba con figuras como Juan Moracho, experto no xénero español, o
guarachero, timbaleiro e bailarín cubano "Boniato" -segundo a
propaganda chegado da famosa sala Tropicana-
e o cantante tamén cubano Heri Carbó. Onde non houbo cambios foi na perenne participación
da Banda de Música de Arca (xa tocaran
en 1951,
1954,
1955,
1956 e 1957).
O xornal La Noche dedicoulle
ás festas un especial de dúas páxinas onde, ademais do programae os anuncios había varios artigos. Un falaba
do gran tallista ordense Adolfo Pérez Graña, outro do equipo de fútbol, que
entón estaba na súa mellor época gozando da estancia na 3ª división.
Non faltaba un artigo describindo a
localidade e unha entrevista co alcalde, Juan Liñares, onde este falaba
das previstas obras que pronto (presuntamente) ían acometerse na vila: a eternamente
retrasada apertura da rúa República Argentina, o remate da pavimentación da rúa
José Antonio (Recreo), a urbanización da rúa Calvo Sotelo (Lagartos), a próxima
construción dun local para o Hogar
Escuela del Frente de Juventudes a carón da Alameda e o asfaltado da
estrada á estación da Pontraga.
No ámbito educativo prevía a pronta
inauguración da escola de Parada e a construción doutra en Fosado. Falaba tamén
do único centro educativo de Ensino medio que había en Ordes: A Academia
Balmes*, presidida polo médico Antonio Concheiro, que funcionaba en réxime de
padroado e para a que se habilitaron catro bolsas (becas) de 4.000 pesetas destinadas a estudantes sen recursos. Non
obstante declaraba que o principal problema da vila seguía sendo a
subministración de auga e estaba pedida unha subvención para a obra que
costaría uns 3,5 millóns de pesetas*. O asfaltado dos 4 km da estrada á estación era
importante porque había unha feira mensual de bestas con moitos tratantes vidos
de Castela que querían envíar por tren o gando comprado en Ordes.
O xoves 14 ás 12 da mañá as festas deron inicio
oficialmente con repenique de campás e salvas de bombas, mentres gaiteiros,
xigantes e cabezudos percorrían as rúas. Pola tarde fixo a súa entrada na vila
a Banda de Arca con alegres pasarrúas. Ás 10 da noite na Alameda,
iluminada como sempre polos industriais García y Blanco de Padrón,comezou a verbena tamén amenizada pola banda.
O venres 15, día grande, ás 9 da mañá unha salva
de bombas espertou aos ordenses. A banda de Arca percorreu as rúas tocando
alegres dianas e alboradas. Logo os gaiteiros acompañaron aos xigantes e
cabezudos polas rúas. Ás 12 tivo lugar a misa solemne e logo ao seu remate a
procesión solemne coas autoridades. Comezó logo a sesión vermú coa banda e Los Trovadores. Ás 6 da tarde tivo lugar un
partido entre o Arenal de Santiago e o
Ordes, disputando un trofeo doado pola casa Mata (produtora do entón afamado
viño Aníbal de Málaga). Logo houbo festa
vespertina coa banda e a orquestra. Despois de parar para cear, ás 11 da noite comezou a verbena e ás 12 da noite a gran novidade: no lugar da habitual
sesión de pirotecnia a cargo dos irmáns Rocha
de Oza dos Ríos, ese ano non estiveron sós e tiveron que competir co Fogueteiro da SionllaMaximino Ferreiro
Mosquera. Continuou logo a verbena ata "altas horas".
O sábado 16 a banda percorreu as rúas a partir
das 9 da mañá. Ás 12 foi a misa esta vez na honra de San Roque. Á unha da tarde
música na Alameda. Ás 6 da tarde tivo lugar outro partido de fútbol entre os
equipos xuvenís do Ordes e do Negreira. Ás 8 e ás 11 repetiuse o baile.
O domingo 17 percorrido da banda polas rúas de
Ordes e despois concerto na Alameda. Sesión vermú só coa banda. Pola tarde disputouse un novo partido entre os xuvenís do Ordes e do Vista Alegre de Santiago. Logo a
sesión de tarde amenizada pola banda e pola Orquesta
Finisterre, que repetirían novamente de noite nunha verbena que rematou bastante máis tarde que os días anteriores.
* A Academia Balmes estaba nun edificio da calle Directorio (hoxe rúa Rosalía) preto da esquina de Froiz.
A finais dos anos 60 iso aínda non se levara a cabo.
Na parroquia de Marzoa podemos atopar dous escudos heráldicos asociados ao pazo dos Sánchez Somoza no lugar do
Castro.
No escudo máis antigo pódese ver unha torre
enriba de duas cabezas de homes con bigote. Representa a algún dos antigos
propietarios do pazo, que sabemos que foron a familia Suárez, descendentes dos
Torrechanos (Churruchaos), unha liñaxe estendida polas terras de Santiago,
Mesía e Folgoso. Do escudo hai tres exemplares: un enriba do portalón da
muralla, outro enriba da porta principal do pazo e o último no extremo dereito da fachada á altura do
primeiro piso. Este último é o máis moderno e mellor conservado. Tamén no
cemiterio parroquial aparece nunha lápida de mármore enriba dunha enumeración dos
últimos falecidos da familia.
O outro escudo está no panteón
familiar do cemiterio. Data de mediados do século XIX
e colocouse por orde de José María Sánchez Somoza Arias, o novo sangue
que chegou ao pazo por casamento coa propietaria Jacinta Rey Meijide (m.1851), e
logo coa irmá desta, María Rey Meijide.
É un escudo de granito de tipo francés
redondeado e apuntado, con lambrequíns (follas ou cintas) ornamentais no bordo.
Enriba hai unha cabeza con celada que miracara á esquerda do escudo. Nas regras da heráldica isto significa
bastardía, pero realmente moitos canteiros (e señores) ignoraban esta circunstancia e poñían
a cabeza aleatoriamente. Aquí podería ser o caso e simplemente está mirando cara ao pazo, porque senón incumpre outra regra heráldica de que o bastardo non debía ensinar o seu rostro. Na parte baixa hai
unha orla e unha cruz de estilo teutónico coa inscrición JHS (Jesus Homo Salvator)
"Xesús, salvador da humanidade".
O campo do escudo está cuartelado en catro
partes. No primeiro cuartel vemos os seis círculos (roeles en xerga heráldica) da familia Castro, pero neste caso
acompañados dunha cruz de Santiago. No segundo cuartel hai unha torre ou
casteloacompañado de tres medias lúas,
unha estrela e (posiblemente) un pote ou caldeiro. Podería representar á
familia Luaces,
que nalgúns lugares emparentara cos Somoza, ou tamén aos Suárez. No terceiro cuartel vemos o que
parecen ser as armas dos Piñeiro, unha árbore á que está amarrado un
can, aínda que aquí máis parece un león. No último cuartel hai unha figueira que representa á familia Figueroa.
Este escudo está moi erosionado polo que
é bastante difícil distinguir os seus elementos. Afortunadamente fixen un debuxo no ano 2002 para un folleto do Obradoiro da Historia (que me serviu de fonte) no que se poden apreciar con claridade.
Ademais da
chegada da imaxe da Virxe de Fátima e a Cruzada do Rosario do padre Peyton,
outra das conmemoracións relixiosas máis relevantes dos anos 50 foi a coroación
da imaxe da Virxe dos Milagres. Vede aquí un artigo do 12 de maio de 1958 no xornal compostelán La
Noche.
El pasado domingo 20 de abril, con la
coronación de la imagen de la Virgen Milagrosa, culminaron en esta villa los
actos religiosos que se vinieron celebrando durante tres días y en los que
tuvieron intervención destacada Ramón Cué y Sebastián Polo a cargo de los que
estuvieron las amenas y edificantes conferencias que se desarrollaron en el
Salón Cine Oriental, a causa de la numerosísima concurrencia.
El domingo a las trece horas, el padre Ramón Cué
ofreció un sentido recital poético marinero con bellísimas poesías acerca de
las procesiones sevillanas demostrando dotes de rapsoda inigualable.
Participaron en la fiesta religiosa los Coros
de danzas y canto del Colegio de las Huérfanas de Santiago de Compostela.
El acto sumo de la coronación de la imagen
estuvo presidido por S.E.R. el cardenal arzobispo doctor Quiroga Palacios quien ofició en la ceremonia y acompañado del
representante del Excmo. sr. gobernador civil de la provincia, don Francisco
Serrano Castilla, delegado provincial de Información y Turismo y las
autoridades locales presididas por el alcalde don Juan Liñares Castro, celebrándose anteriormente una magna
procesión.
Siendo
padrinos de la ceremonia de la coronación el alcalde de esta villa don Juan Liñares
Castro y su distinguida esposa doña Ángela Stolle Ramos.
No se puede silenciar la extraordinaria labor
de nuestro párroco don José Fernández
Fuentes, pues con su diligencia, su actividad y su celo contribuyó en gran
medida a la mayor gloria y realce de los actos marianos.
También es digna de elogio la incansable
actuación de las personas que constituyen la Asociación Religiosa de la Virgen
Milagrosa en este pueblo, que no han escatimado gastos ni esfuerzos para que
Órdenes viviese unos trascendentales días de espiritualidad y amor,
especialmente la presidenta de la mentada asociación, la señorita Dolores
Caramelo Pena.
A 450 metros
ao sur da igrexa parroquial atopamos o castro de Mercurín, o que unha vez
máis demostra o continuísmo poboacional ao longo da nosa historia. Localízase
concretamente a uns 80
metros ao suroeste das casas do lugar de Souto, polo que
tamén é chamado castro de Souto.
Destaca polos enormes desniveis que presenta
cara ao oeste e cara ao sur. A croa circular chega nalgún punto aos 362 metros e ata o rego
de Mercurín que pasa polo oeste ao seu carón hai uns 50 metros de descenso,
mentres cara ao sur redúcense a algo máis de 20 metros. Polo contrario apenas hai desnivel
cara ás casas de Souto.
A croa está defendida no norte por un
parapeto de 3,5 metros
cara ao interior e 5 metros
cara ao exterior. O sistema defensivo complétase cun foso que acompaña ao parapeto
e despois bordea unha terraza polo norte.
O castro supera os 6.000 m2 de
superficie, máis de 9 ferrados, aínda que é difícil precisar como sería
orixinalmente porque está moi alterado pola estrada e as labores agrícolas