sábado, 16 de noviembre de 2024

Castro de Souto (Mercurín)

   A 450 metros  ao sur da igrexa parroquial atopamos o castro de Mercurín, o que unha vez máis demostra o continuísmo poboacional ao longo da nosa historia. Localízase concretamente a uns 80 metros ao suroeste das casas do lugar de Souto, polo que tamén é chamado castro de Souto.
 
 
  Destaca polos enormes desniveis que presenta cara ao oeste e cara ao sur. A croa circular chega nalgún punto aos 362 metros e ata o rego de Mercurín que pasa polo oeste ao seu carón hai uns 50 metros de descenso, mentres cara ao sur redúcense a algo máis de 20 metros. Polo contrario apenas hai desnivel cara ás casas de Souto.
  A croa está defendida no norte por un parapeto de 3,5 metros cara ao interior e 5 metros cara ao exterior. O sistema defensivo complétase cun foso que acompaña ao parapeto e despois bordea unha terraza polo norte.
  O castro supera os 6.000 m2 de superficie, máis de 9 ferrados, aínda que é difícil precisar como sería orixinalmente porque está moi alterado pola estrada e as labores agrícolas
 

No hay comentarios:

Publicar un comentario