No ano 1952
Ordes, e máis particularmente a familia Astray, viviu un par de vodas de avoengo.
A primeira tivo lugar a principios de xullo.
O avogado Manuel Astray Rivas, entón un mozo de 28 anos, casaba con Mª Ángeles Mariño
Iglesias doutra importante familia da vila, os Mariños dos Lagartos.
A noiva, que todos coñecían como Marujita,
levaba un elegante traxe "de raso duquesa" e entrou na igrexa parroquial
do brazo do seu irmán Francisco Mariño Iglesias. O noivo, de
rigorosa etiqueta, fixo a súa aparición acompañado da súa nai Clara Rivas
Marzoa. Portaban as arras os "encantadores" nenos Mª Jesús
Pomar Liñares e Miguel Ángel Mariño San Juan. Bendiciu a unión o párroco don Joaquín Andrade que dirixiu unha "sentida plática" aos
contraentes. Durante a misa púidose escoitar o "Ave María" de Gounod.
Representou á lei o avogado Manuel Astray Mato, pai do noivo. Asinaron por
parte da noiva José Pérez Riesco, Felipe Solórzano Rodríguez, Jose Insua Insua
e os seus irmáns Manuel, Rafael, Ángel e José Mariño. Por parte do noivo
asinaron Plácido Peña Mariño, Ramón Ríos Silva, José Lado París, Óscar
Fernández Refojo, Fernando Concheiro García e o seu irmán Antonio Astray.
Terminada a cerimonia houbo unha
"espléndida" merenda fría e festa e baile ata medianoite. Os noivos
fixeron a súa viaxe de vodas a varias capitais españolas.
O matrimonio instalaríase en Ordes e tería
dous fillos: Ángeles e Manuel. Duraría ata o ano 1994 en que morreu Manuel
Astray. Marujita morrería 22 anos máis tarde en 2016. Ambos os dous están
soterrados no cemiterio do Piñeiro nos panteóns das súas respectivas familias.
Poucos
días despois, o venres 18 de xullo, a que pasou pola vigairía foi a irmá de
Manuel, Mª del
Carmen Clara Astray Rivas. Demasiado adiantada para aqueles tempos
polas súas actitudes liberais que incluían estar licenciada en Dereito, era
coñecida na vila como Clarita a Cabra. O
noivo era Bartolomé Siquier Serra, un médico balear.
Baixo os acordes da Marcha nupcial Clarita
fixo a súa entrada na igrexa ataviada con traxe de encaixe de Chantilly e tul
ilusión, que "realzaba a súa beleza" acompañada polo seu pai Manuel Astray
Mato. O noivo, de rigorosa
etiqueta, ía acompañado por Clara Rivas en representación da súa nai
Francisca Mascaró de Siquier. A portadora das arras era a "encantadora"
nena Maruchi Ponte Rivas, filla do guerrilleiro Manuel Ponte.
Nesta ocasión o sacerdote que oficiou a
cerimonia foi o reverendo doutor Paulino Pedret Casado, catedrático de Dereito
Canónico e decano da Facultade de Dereito da USC, que na súa homilía ensalzou
as virtudes do matrimonio.
Representou á lei o presidente da Audiencia
da Coruña Cándido Conde Pumpido. Por parte da noiva asinaron como testemuñas o
rexistrador da propiedade Manuel Conde Pumpido, o notario Alfonso Leirós Fernández,
o tamén rexistrador da propiedade de Ordes Pedro Trepat Fadró, o avogado Emilio
Astray Lozano, o xuíz comarcal Bartolomé Pericas, o avogado e alcalde de Ordes
Juan Liñares Castro e o seu irmán Manuel Astray Rivas, que xa volvera da súa
lúa de mel. Por parte do noivo asinaron o seu pai Bartolome Siquier Crespi, o
catedrático de obstetricía e xinecoloxía na USC Alejandro Novo González, o
profesor da mesma doutor Santos Sanz y Sánchez, o forense e ex-alcalde Antonio Concheiro Iglesias, o tocólogo municipal de Vilalba Zoilo López Ron e o
tocoxinecólogo de Betanzos Alfonso Pando.
Houbo logo un coktail-cea onde os invitados
celebraron a unión. O novo matrimonio, despois dunha viaxe por capitales
españolas e francesas, instalouse en Palma de Mallorca. Terían unha filla,
Clara Siquier Astray, que seguiu os pasos da súa nai e tamén é avogada.
No hay comentarios:
Publicar un comentario