Aínda que houbo partidos antes, sempre se
considerou que a data oficial de nacemento do F.C. Órdenes foi o ano 1929.
Naqueles duros tempos os xogadores eran todos mozos de familias distinguidas,
pois os campesiños tiñan o tempo demasiado ocupado como para preocuparse por
tales nimiedades coma o deporte. Eles xa baixaban o lombo de máis nas leiras
como para poñerse a correr detrás dun balón.
Así que algúns dos integrantes daquel equipo
dos anos 20 e 30 foron Segismundo Viqueira Mundito, Juan Liñares Castro ou Antonio Concheiro, que nos 50 formarían parte da directiva. Eses primeiros anos 30
antes da guerra foron moi bos para o equipo. Xogaban con frecuencia e perdían
pouco.
Nos anos 40 desenvolvéronse épicas
rivalidades especialmente contra o Bergantiños de Carballo e o equipo de
Carral. Xa preto dos 50 o rival máis duro era o Arzúa. Novos futbolistas apareceron nesa segunda metade dos anos 40 como o lonxevo Antonio del Río Pampín Toniño, que xogou máis dunha década e era o capitán en 1952, Antonio Álvarez, o
pequeno Luis Astray Rivas ou Julián Marcos Romero. Tamén estaban o coruñés Jesús Mª García del Río Fefé, fillo de dous mestres (a ordense Isabel del Río Castro e Federico García Expósito), e os irmáns Pedro e Chicho Losa Concheiro, composteláns pero fillos da ordense Amalia Concheiro García. Por certo que Chicho era moi bo e acabou xogando no Arenal e no Pontevedra da época do "Hai que roelo", tamén sería bioquímico e participaría en política sendo tenente de alcalde de Santiago desde 1983 a 1991 e responsable da área de cultura.
Nos anos 50 o fútbol alcanzou unha enorme
repercusión en España. Moitos dos mellores futbolistas internacionais xogaban
na nosa liga e o Real Madrid arrasaría en Europa. Neses tempos a paixón polo
fútbol axudaba a aturar as dificultades diarias. Pero ver fútbol en directo de
1ª división era para a maioría unha utopía, así que o futbol rexional tamén viviu
un auxe sen precedentes.
No ano 1952 en verán o presidente do Órdenes era Mundito e o secretario
Francisco Concheiro García, ambos os dous traballadores no gremio da banca. O adestrador (provisional e sen remuneración) Ignacio Castro Ramos
organizaba tres sesións semanais para os seus xogadores. Pero o máis significativo é que ese ano comezou a construción dun campo de gran nivel en Vista Alegre.
Pouco despois o equipo sería presidido por Antonio Concheiro. En teoría federouse ese ano e participou nunha competición con outros 7 equipos. Nela perdeu 8 partidos, gañou 5 e empatou un, quedando en 6º lugar. Non obstante esta competición non tiña carácter totalmente oficial, polo que normalmente se considera 1953 como ano de nacemento da SD Órdenes.
O
domingo 24 de agosto de 1952 houbo un partido de adestramento
en Santa Isabel onde o Órdenes actuou
de contrincante do anfitrión, que pareceu xogar fóra de casa pois as gradas
estabn tomadas polos seareiros verdes, tal como relatou La Noche o martes 26.
¡BIEN
POR LOS DE ÓRDENES!
Para
nosotros,
esta del domingo último fue la primera visita de un equipo de fútbol de la
villa de Órdenes a Compostela. Cuando menos, fue la mejor organizada.
Invitado por la comisión gestora del Club
Santiago, los del Órdenes se desplazaron a nuestra ciudad para actuar de equipo
entrenador y como siempre ocurre, el encuentro ha llegado a adquirir un matiz
tan serio que cualquiera pensaría que de allí dependía un campeonato. Y es que
los chicos del Órdenes sienten con orgullo el entusiasmo por los colores que
defienden y no se resignaban a ser derrotados por su adversario.
El ardor combativo de los jugadores del
Órdenes, el entendimiento que a ratos había en sus filas y la resistencia
física del equipo "verde" nos causaron muy buena impresión. Es
bastante para augurarles muchos triunfos dentro de su categoría. Pero hay otro
punto interesante en esta visita del Órdenes y es el grado de simpatía que
tiene en su pueblo, ya que si en un simple amistoso hubo excursionistas para
llenar tres autocares y media docena de autos de turismo, cuando el Órdenes
vaya en plan de competidor la caravana de seguidores no va a ser pequeña.
Salimos de Santa Isabel unos minutos antes de
terminar el encuentro cuando se nos acercó un buen hombre que llevaba camino de
Casas Nuevas.
-
¿Me hace el favor? ¿Y todos estos coches?
-
Es verdad, no habíamos reparado en ellos...
-
¿Está el Celta ahí dentro?
-
No, señor, no. Es el Órdenes.
-
Perdone usted -insistió- yo no entiendo de fútbol ni de equipos. Pero, dígame
¿el Órdenes es muy importante?
-
Si que debe de serlo -respondimos.
Tiene la importancia del equipo modesto al
que no falta el apoyo y cuando hay tan buena política a su favor, sobra motivo
para considerarse orgullosos, particularmente en el caso de un equipo que no da
un solo paso sin que con él vayan viejos y jóvenes. ¡Ah! y una representación
femenina muy simpática aunque con demasiados nervios. El grupito de señoritas
de Órdenes que presenciaron el partido en localidad próxima a la nuestra,
sufrió el domingo la gran tortura de ver perder a sus muchachos que ganaron en
cambio las simpatías del público. -A*.
* O
artigo quizais esaxere un pouco, pois sospeito que o autor foi o ordense Manuel Astray, quen empregou nalgunha ocasión o recurso de finxir ser doutro lugar
para dar a impresión de maior obxectividade.
No hay comentarios:
Publicar un comentario