No ano 2020 Oleiros seguía sendo o municipio máis rico de Galicia, cunha media
de 16.403 euros, menos que os 16.447 de 2019, o que significaba o primeiro
descenso en 5 anos. Seguíano outros tres concellos da provincia da Coruña. Eran
As Pontes (15.482 euros por veciño), Santiago (14.649) e A Coruña (14.590).
Todos, no seu caso, aumentando a renda per cápita respecto ao ano anterior,
especialmente As Pontes con 421 euros máis, fronte aos 145 e 55 de Santiago e A
Coruña.
Non había cambios na parte superior da lista.
Os dez concellos máis ricos de 2019 tamén o eran no 2020 e, agás Oleiros, todos
aumentarondo a renda. Os que máis subiran
eran Parada de Sil (13.517) e Nigrán (13.533), que melloraron 442 e 433 euros
respectivamente en relación cos datos do 2019.
Do resto das cidades galegas, Vigo era a
terceira máis rica, con 13.163 euros anuais. A cuarta era Ferrol (13.115) e a
quinta, Pontevedra (13.047). Á cola estaban Ourense e Lugo, con 13.036 e 12.992
euros respectivamente. Con todo, ningunha era a primeira da provincia. Cervo
con 14.287 euros era o concello máis rico de Lugo, Nigrán (13.533) era o de
Pontevedra e Parada de Sil (13.517) o de Ourense.
Respecto a as medias provinciais, A Coruña ingresaba 12.841 euros ao ano
por habitante, de modo que era a única galega na metade alta de todas as
provincias españolas. Na outra zona, aínda que moi próximas á media, estaban as
de Lugo (12.021), Ourense (11.937) e Pontevedra (11.881).
A renda dos concellos máis ricos duplicaba a
dos pobres: Avión (Ourense) con
7.565 euros por cabeza era a último de Galicia a pesar de sumar 31 euros con
respecto a 2019. Seguían Beariz (9.062 euros per cápita), A Lama (9.152),
Fisterra (9.224) e Boborás (9.299).
Tampouco había cambios na zona baixa e os dez
concellos que no 2019 ocupaban os últimos postos mantíñanse na mesma posición,
seis deles aumentando a súa renda.
Triacastela
(9.519 euros) foi o concello que máis renda perdeu (185 €) respecto a 2019,
mentres que o que máis variou positivamente foi Boborás con 415 euros máis que
no 2019.
En comparación co resto de España, case o 70
% das localidades galegas situábanse por baixo da media, entre os municipios
pobres.
A comarca de Ordes tamén estaba na zona
baixa, cousa que podedes ver observando o mapa de Galicia. As cantidades
exactas aparecen no segundo mapa.
Non podo deixar de comentar que algúns datos
sorprendéronme bastante. Por exemplo, que a renda de Ordes fose inferior á de Trazo,
Tordoia e Frades, ou que a renda da zona centro de Ordes que inclúe á parroquia de Ordes
fose inferior á occidental e oriental. E xa me deixou totalmente abraiado que a
renda do distrito occidental de Oroso, que inclúe a vila de Sigüeiro, fóra
inferior á do distrito oriental. Pero datos son datos e aquí quedan expostos.