O 17 de febreiro tivo lugar a Festa da Árbore a carón dunha estrada. Ás cinco e media da tarde chegou a comisión presidida polo alcalde Manuel Verea, o xuíz (en funcións) de instrución Juan Liñares e o comarcal Eduardo Somoza del Río, xunto cos representantes da banca Francisco Concheiro e Segismundo Viqueira Mundito, o oficial do Xulgado de Mesía José García Conde e os mestres José Bello Segade Pepe Bello, Manuel Picallo Ameijeiras, Elena Telmo Duarte e Concepción Moar. Feita a plantación repartíronse as merendas aos nenos e cantouse o himno. Logo o alcalde no seu discurso recomendoulles aos rapaces que respectasen as árbores, facendolles ver a súa utilidade.
O domingo, 23 de abril tivo lugar unha
celebración que agora non se estila, o Santo
Viático, ou sexa ir ás casas dos enfermos e administrarlles a comuñón. Vemos como o narra o xornal "El Compostelano"
na súa edición do 28 de abril de 1944:
Con toda solemnidad se ha llevado hoy el
Santo Viático a los enfermos de la villa. El Señor ha sido conducido, bajo
palio, y con acompañamiento de música, presidiendo el alcalde D. Rafael Mariño Vilela, el juez don Juan Linares Castro y una comisión de señores concejales,
integrada por don Eduardo Somoza del Río, D. Rafael Álvarez Salgueiro y D.
Manuel Berea Remeseiro, resultando un acto verdaderamente conmovedor.
También fueron viaticados los enfermos del
Sanatorio del sr. Concheiro, el cual está bajo la protección del Sagrado
Corazón de Jesús.
Alternando con la banda de música, se
cantaron himnos piadosos por todos los asistentes al acto, dirigidos por el
miembro de la Polifónica D. Viriato Lamas. Al llegar al templo el señor Andrade
dio la bendición, después de haber leído las gracias concedidas a los fieles.
Al día siguiente se celebró en el despacho de
la prisión del partido una misa rezada, y a continuación se repartió el Pan de
los ángeles entre todos los reclusos, obsequiándoles con una comida
extraordinaria; el local mencionado fue arreglado con exquisito gusto por un
grupo de señoritas.
Las autoridades también estuvieron presentes
como en el día anterior.
O sábado 10 de xuño tivo lugar unha
multitudinaria celebración con todos o nenos e nenas da escolas nacionais e
particulares e os seus mestres, onde moitos deles recibiron a 1ª Comuñón. A
misa estivo amenizada polo armonio e as cancións do mestre Antonio García Gímenez. Custeado
polas damas piadosas, serviuse un almorzo para todos o nenos na Alameda.
O martes 13 de xuño tivo lugar a celebración
do Santísimo Sacramento, custeada
por Josefa Ferreiro Franqueira, viúva do comerciante Antonio Amado e irmá do
meu bisavó. A igrexa estivo adornada para a ocasión polas "piadosas
señoritas" Encarnación del Río e Marina Concheiro. Actuou de novo Antonio
García Giménez, quen nesta ocasión trouxo consigo un neno de "melodiosa
voz" para cantar as pezas relixiosas. Predicou "elocuentemente"
o padre
Bernardino dos franciscanos. Logo da misa houbo unha procesión que só
se parou unha vez para cantar unha panxoliña diante da casa da falecida mestra
dona Juana
Soto Menlle. O sacerdote don José Mª Barreiro Uzal levaba a sagrada forma
baixo palio que conducían Viriato Lamas, Nicolás del Río, Guillermo González
Faya, Andrés Blanco, Alfredo Abeijón e Francisco Mariño Vilela, incensando os
nenos Rafael Mariño e Rogelio Prado Xelo,
revestidos de cardenais e lanzando flores un numeroso grupo de nenas vestidas
de 1ª comuñón.
Tamén houbo un partido entre o equipo de
Ordes e o de Sigüeiro que iniciou despois de bendecir o campo o sacerdote don Joaquín Andrade e que rematou 8-2 ao
noso favor. Entre o público estaba o alcalde Rafael Mariño e algúns personaxes
do veciño concello como o médico Manuel Iglesias Romero Rapela
e os sacerdotes da Gándara e da Barciela.
Mentres o mundo estaba pendente dos combates
en Normandía, as festas patronais de Ordes duraron 4 días e foron de novo
memorables* grazas á participación da Banda de Infantería
de Marina de Ferrol que xa amenizara as festas de 1943. A comisión estivo formada polo alcalde Rafael Mariño, o entón tenente de alcalde Víctor Cerdido López, Viriato Lamas, Laureano Iglesias del Río e Alfredo Calvo Abeijón.
Comezaron os festexos o luns día 14 a mediodía con repenique de
campás, disparo de gran cantidade de bombas e a música da banda, secundada
polas trompetas e gaitas do país da agrupación e unha orquestra tamén de Ferrol.
Desde
as 6 da tarde houbo bailes na Alameda.
O martes 15, o día grande, comezou a festa xa
ás 9 da mañá con dianas e alboradas. A misa solemne tivo lugar ás 12 da mañá. O sermón estivo a cargo do padre Lázaro dos franciscanos (e
durou unha hora! pero segundo o corresponsal de El Compostelano "siempre contó con la atención de
numeroso auditorio que le siguió constantemente hasta el fin"). Logo veu a
procesión co mesmo percorrido do ano anterior. Ás 6 da tarde houbo un partido
de fútbol entre o equipo local e "un potente equipo forasteiro" no
que se disputaba unha copa de prata doada pola Corporación. Tamén houbo o
habitual baile vespertino e nocturno.
O mércores 16, día de San Roque, houbo o
mesmo programa, só que alternando as rúas das procesións e substituíndo o
partido de fútbol por unha carreira de bicicletas con saída e chegada en Ordes
pasando por Carral. O xoves 17, o último día, a actividade das 6 da tarde foi
unha carreira pedestre polas rúas de Ordes e carreiras de sacos na Alameda. Na
verbena noctura houbo profusión de fogos artificiais, foguetes e elevación de
figuras grotescas para celebrar o fin das festas.
Por suposto houbo tamén as festas habituais
en todas as parroquias e mesmo en outubro na vila celebráronse solemnes cultos
na honra do Cristo da boa morte onde predicou o profesor do Seminario don Manuel Silva
Ferreiro.
*O
meu pai, Juan
Ferreiro Recouso, que entón tiña 12 anos, acórdase
perfectamente daquelas festas:
-
Todo o mundo estaba admirado coa banda de Ferrol e felicitaba ao alcalde
Rafael Mariño por traela. Era impresionante como soaba porque tiña moitos músicos
e eran moi bos. Acórdome da carreira de bicicletas. Eu fun nun autobús de Álvarez
véndoa. Creo que a gañou Terete do Ramecho, que era moi bo, pero o que máis me
impresionou foi Chucho do Ferrador [Jesús Viqueira Moar] que subindo non era
moita cousa pero era un animaliño baixando. Ao día seguinte participei na
carreira a pé que saía da Alameda, subía polo Directorio e baixaba polos
Lagartos e que gañou Isidro de Julián. Eu (e outros) xa non a fixemos
enteira, cortamos pola rúa Generalísimo porque os primeiros levábannos moita
ventaxa. Eu traballaba moito e non estaba para correr tanto. Tamén me acordo de
que había carreiras de sacos e outra proba onde ías en bicicleta e tiñas que
meter un pau por un aro pequeno. Estas cousas ocorríanselle a Julián e a
Viriato o Vello.
|
No hay comentarios:
Publicar un comentario