O Alzamento e a conseguinte Guerra Civil trouxeron un gran número de mortes á comarca de Ordes, moita xente no cárcere e outra sufrindo humillacións coma ser rapados ao cero.
As consecuencias da Guerra Civil continuaban sentíndose
no ano 1944. O xuíz de primeira instancia
de Ordes Fernando
Roldán Martinez informaba en outubro que tramitaba expedientes
contra 32 veciños, todos eles labradores do concello.
Literalmente: “Se hace saber que deben presentar declaración cuantas personas
tengan conocimiento de la conducta político-social de los inculpados, antes o después
de la iniciación del Movimiento Nacional, así como indicar la existencia de
bienes a aquellos pertenecientes […]”.
A maioría eran campesiños que participaran
nas sociedades agrarias da época republicana. Contrastaba esta situación coa de
algunhas familias distinguidas da vila, que a pesar das súas simpatías
esquerdistas, non tiveron problemas na posguerra.
Luis Caamaño Villaverde
|
José Núñez Moar
|
Jesús Calvo Sanjurjo
|
Ramón Núñez Moar
|
Maximino Candal Ríos
|
Ramón Pena Ríos
|
José Candal Vieites
|
Manuel Regos
|
Bernardo Couto Candal
|
José Regueiro Maceira
|
Andrés Fariña Louro
|
Andrés Remuiñán
|
Manuel Fariña Louro
|
Manuel Remuiñán Ríos
|
Manuel Fariña Rodís
|
Manuel Ríos Vidal
|
José Garaboa Candal
|
José Sánchez
|
Cayetano García Gestal
|
Manuel Souto Gómez
|
Manuel Gende Iglesias
|
Antonio Souto Pena
|
Manuel Gómez López
|
Antonio Suárez Suárez
|
José Grela Liste
|
José Varela Sánchez
|
Juan Iglesias Brandariz
|
Andrés Vieites López
|
Pedro Moar Fuentes
|
José Vieites López
|
Constante Mosquera
Rodríguez
|
Ricardo Vilariño Boga
|
No hay comentarios:
Publicar un comentario