
Non
sabemos exactamente cando foi construída pero si que o seu aspecto actual data
do ano 1923 en que o entón párroco
de Poulo don José
Mª Barreiro García decidiu remodelala e ampliala, anticipando 4.000
pesetas do seu propio peto para as obras.
Foi o lugar de residencia dos sacerdotes de
Poulo ata que, xa a finais do século XX, deixouse de utilizar. A partir deste
momento foise deteriorando lentamente.
No século XXI, o Concello de Ordes concibiu a
idea de crear un albergue para peregrinos. Con tal fin comezaron as
conversacións co Arcebispado de Santiago para a cesión da reitoral,
conversacións que chegaron a bo porto en abril
de 2016 coa firma dun convenio de colaboración mediante o cal a Igrexa
cedeu gratuitamente o seu uso ata o ano 2046, condicionado a que o albergue
estivese listo antes de 5 anos. Neste momento era alcalde José Luis Martínez Sanjurjo.
En xullo de 2017 a Axencia de Turismo de
Galicia, dependente da Xunta, sacou a concurso as obras por valor de case
537.000 euros. En outubro de 2018 xa estaba rematada a rehabilitación do edificio, quedando só
a dotación de mobiliario e a posta a punto das zonas exteriores.
O albergue
ten capacidade para algo máis de 40 persoas, estando adapatado tamén para as de mobilidade reducida, e será o segundo de titularidade
pública na comarca de Ordes, despois do de Hospital de Bruma (Mesía). Tamén
está prevista unha senda peonil con carril bici entre Poulo e a vila de Ordes.
Nesta iniciativa a Xunta prevé investir uns 600.000 euros.
A inauguración tivo lugar o 18 de xuño de 2019 e nela estiveron o presidente da Xunta de Galicia Alberto Núñez Feijoo, o delegado territorial da Xunta na Coruña Ovidio Rodeiro, a directora de Turismo de Galicia María Nava Castro e o vicario xeral do Arcebispado de Santigo Víctor Maroño. A delegación local estaba encabezada polo presidente da Mancomunidade Roberto Rey e o alcalde de Ordes José luis Martínez.
No hay comentarios:
Publicar un comentario