Desde tempos antigos é famoso o pan de Carral.
En todo o concello houbo sempre gran
abundancia (mesmo exceso) de bos panadeiros, así que moitos tiveron que emigrar a outros lugares. De Herves un par de familias, emparentadas entre si, emigraron a Ordes.
Juan Eirín Barros e a súa irmá Dolores establecéronse na vila. Juan morreu solteiro en 1924, aos 66 anos de idade, e Dolores casou con Luis Ferreiro (dos Ferreiros do
norte) e foi a matriarca dos de Luis. Outro irmán, José, montou a súa panadería ... en Vimianzo!
Os de la Fuente Eirín foron cinco irmáns
(José, Dolores, Rosario, María e Estrella) dos que tres tamén se estableceron en
Ordes. A abundancia de mulleres e a emigración fixo que actualmente o primeiro
apelido case teña desaparecido do noso concello. Só quedan na actualidade Francis de la Fuente Areoso e a profesora
Olga Iglesias de la Fuente Olga de Che.
José de la Fuente Eirín, o irmán maior, máis
coñecido como Che,
estableceuse na Fonte Estrei. Casou con Joaquina Mouriño Barreiro (1898-1978)
coa que tivo 5 fillos: Carmen, José, Francisco, Estrella e Aurita de la Fuente
Mouriño.
Os dous fillos varóns, Pepe e Paco, emigraron
a Venezuela e Carmen morreu en 1969 con só 41 anos de
idade. Estrella (1934-1978) casou con José Iglesias Carballido* co que tivo
unha única filla, Olga. Despois de enviuvar, José casou con Aurita (1940-2006),
a irmá menor de Estrella. El foi quen continuou coa panadería á morte do seu
sogro, ata finais dos 90. O negocio seguiu funcionando logo co mesmo nome pero
xa noutras mans alleas á familia.
Rosario de la
Fuente Eirín, tamén coñecida como Rosaria, instalouse no Paraíso e casou con Antonio Martínez Barros (1902-1968), que procedía de Vilacoba (Abegondo) dunha familia de sete irmáns, dos que tamén Ricardo Martínez Barros se instalou en Ordes onde fundou o Nogallás. Rosario e Antonio tiveron 6 fillos: Antonio, Carmen, María, Elvira, Aída
e Áurea Martínez de la Fuente.
Antón (1929-1996), o maior, casou con Amparo
Martínez Seijas (1930-2016) Amparito. Esta era filla de Eduardo Martínez
Santiso (1898-1961), o encargado do Serradoiro
Viúva de Antonio Wais* (aínda que nesa época pertencía aos Aperribay). Antón
e Amparito viviron na prolongación dos Lagartos. Tiveron 4 fillos: Charo,
Antón, Merchi e José.
Das outras 5 fillas, Carmen morreu nova con 36 anos en 1967, María casou con Manuel
del Río Caamaño, Elvira con Ricardo Martínez, Aída non casou e Áurea e o seu marido emigraron ao Reino Unido pero volveron e establecéronse na Coruña.
FONTE: Antón Leandro Martínez Rodríguez
María de la
Fuente Eirín casou con Pedro de Hilario, propietario do estanco do
Mesón do Vento, con quen tivo tres fillas: Amparo, Carmen e Estrella. Foi a que morreu
máis nova de todos os irmáns, en xuño do ano 1941.
*
Non confundir con José Iglesias Carballido (1940-2015), o propietario do Bar
Salón nos Parques Municipais.
Julia San Martín Patiño (1846-1933), viúva de
Antonio Wais Facorro (1838-1912).
No hay comentarios:
Publicar un comentario