O apelido Cancelada é escasísimo. Segundo o
ILG só hai 36 portadores en toda Galicia (21
en Ordes e 15 na Coruña!!!) Claramente no noso concello está a súa orixe. E
dentro do concello no lugar de Carballedo,
pequena aldea no leste da parroquia de Buscás, moi preto da autoestrada.
Alí viviu o patriarca da familia, Vicente Cancelada que casou con Josefa Salgueiro Camba (m.1902) e foron os pais de Jacobo Cancelada
Salgueiro (ou Salgueiros, que dos dous modos aparece escrito). Sabemos que
tivo polo menos un par de irmáns: Manuel e Isabel. Esta última casou para
Mercurín con Pedro Martínez Bouzas e foi avoa dos moitos irmáns Martínez
Viqueira, entre os que estaba Pilar do
Sanatorio.
Volvendo a Jacobo, foi un dos homes máis
ricos da parroquia só por detrás dos Moar.
Ao igual que estes, tamén participou na política municipal sendo concelleiro na
década dos anos 10 e moito despois arredor de 1930. Casou con Francisca
Villaverde, coa que tivo polo menos catro fillos: Vicente, Manuel,
Antonio e Jesús Cancelada Villaverde.
Vicente Cancelada Villaverde (1886-1975), o primoxénito,
foi concelleiro nos anos 30. Casou con Mª
Antonia Veiras Pérez (1888-1979), filla de José Veiras Camba (dos
Veiras de Pardiñas) e de Josefa Pérez Souto (dos Peres de Barbeiros). O matrimonio non tería fillos.
Manuel Cancelada Villaverde (1889-1974), o 2º irmán, casou con Mª Josefa
Viqueira Veiras (1906-1980), que tamén era 2ª filla de Ricardo
Viqueira Regueiro de Nogalláns, Berreo (Trazo), e por tanto irmá de Mercedes a
muller do fundador do "Nogallás". O matrimonio, que viviu no Paraíso,
tampouco tivo fillos e as súas propiedades foron para as súas afilladas,
Lourdes e Fefa do Nogallás.
Antonio Cancelada Villaverde emigrou.
Jesús Cancelada Villaverde (1892-1973) tamén quedou en
Carballedo. Casou con María Veiras e, ao contrario que os seus irmáns, tivo 8
fillos: Manuel, José, Vicente, Jesús, Francisco, Gumersindo, Andrés e Cándida
Cancelada Villaverde.
Manuel Cancelada Veiras (1918-2001) viviu na rúa de Galicia (entón General Mola), ao lado do almacén de
Calvo e era tratante de madeira. Non casou e rematou os seus días na Residencia
San Marcos de Santiago.
José Cancelada Veiras (1919-1997) foi o que quedou en Carballedo.
Casou con Mª Luisa Viqueira Moar (1924-2014) coa que tivo 3 fillos: Vicente, Mª
Carmen e José María.
Vicente Cancelada Veiras (1926-2020) casou con Emilia Graña Gómez, filla
de José Graña Blanco (dos da Maquía de Leira).
Jesús Cancelada Veiras (1928-2006) emigrou.
Francisco Cancelada Veiras (1929-2018) casou con Manuela Calviño Bascoy e viviron en Santiago na Azabachería.
Gumersindo Cancelada Veiras (1931-2021) casou con Mª Carmen Mirás Mariño (1931-1996), filla
de José Mirás Gómez dos Mirás de Caboladrón e de José Mariño García (das Corredoiras). Gumersindo tivo un taller de rodas nos Lagartos 55, que herdou o
seu fillo José Luis, aínda que agora o taller está na rúa Rosalía de Castro.
Andrés Cancelada Veiras (1932-2012). Con toda seguridade o máis famoso
de todos porque foi conserxe do Colexio Castelao, así que a maioría dos
ordenses que naceron a partir dos 60 coñecérono e poden contar centos de anécdotas do
"Señor Cancelada". Casou con María Rivas Viqueira, filla do Compoñedor da Tiopeira, coa que viviu nos Lagartos.
Cándida Cancelada Veiras (1933-2012), a única muller entre os irmáns,
casou para O Castro de Trasmonte con Jesús Mosquera Veiras (1926-2009), fillo
de José Mosquera Bello dos Mosqueiras da Costa de Poulo.

Hola! Fue una emoción muy grande encontrar esta información. Soy Lucia Cancelada, la nieta de Antonio Cancelada Villaverde que emigró a Argentina. Es increíble descubrir esta parte de la historia de nuestra familia. En 2024 estuve buscando la pistas sobre nuestro apellido y visité la iglesia de Buscás y el cementerio pero no sabía que habían vivido en Carballedo. Gracias por este trabajo.
ResponderEliminarMe alegro mucho. Un afectuoso saludo.
Eliminar