* Piedad Carnota Soto, filla do procurador
José Carnota (irmán do xornalista Vicente Carnota) e da mestra Juana Soto Menlle doña Juanita, era a presidenta da Congregación das Fillas de María e vivía
onde agora están a xestoría Cristín e o Mira. Morrería só 7 meses despois, o 9
de abril de 1955.
|
viernes, 29 de marzo de 2024
Peregrinación de 1954
lunes, 25 de marzo de 2024
Manuel Miramontes Fandiño
Foi nos anos 70, coa fundación
de Sementes
do Arte por Juanjo Linares, que Bartolo iniciou o contacto con Ordes. Coñeceu a eses novatos bailaríns en decembro de 1970 en Sigüeiro e, vendo o seu potencial, logrou que os invitaran ás Xornadas de Folclore de Santiago. Sería logo o primeiro
mestre gaiteiro que tivo a agrupación e viaxaba en Castromil desde Santiago
para ensinar e ensaiar nun local da antiga fábrica de Viriato. Toda unha
xeración de gaiteiros ordenses naceu das súas clases.
|
Para rematar, unha anécdota. O seu pai, mecánico da casa Singer, era moi
carallán. Cando soubo que as monxas
lle chamaban Bartolo ía polas tabernas cantando a canción «Bartolo tenía una flauta con un agujero solo, y la
gente le decía: ¡Toca la flauta, Bartolo!». Cando Manuel comezou a
tocar a gaita, cambiou a letra da canción substituíndo flauta por gaita. E,
aínda máis, porque cando Manuel casou, engadiu a Rita na letra: «Bartolo tenía una gaita con un agujero solo, y Rita
le daba la lata a la gaita de Bartolo».
|
viernes, 22 de marzo de 2024
Estatua de Ramón Ferreiro
martes, 19 de marzo de 2024
Inauguración do Consistorio
sábado, 16 de marzo de 2024
Festas patronais de 1954
sábado, 9 de marzo de 2024
A familia Villaverde (Vilaverde)
* Aínda que tiñan os mesmos
apelidos e unha idade parecida, os irmáns José e Manuel Villaverde Veiras (os Veiras da Espenica e Lagartos), non eran familiares
próximos pois os seus pais foran Jerónimo Villaverde Gómez da Espenica e María
Veiras Pérez dos Veiras de Pardiñas.
|
miércoles, 6 de marzo de 2024
O ano 1954

En América do sur Alfredo Stroessner chegou á presidencia de Paraguay na que duraría ata 1989! En África Nasser sería primeiro ministro de Exipto e comezaba o FNL arxelino a súa guerra de liberación contra Francia.
1954 foi un ano de grandísimas películas como "La strada" de Fellini, pero destacou no apartado musical polo nacemento oficial do Rock and Roll coa canción "Rock around the clock" de Bill Haley & His Comets e o primeiro disco, "That's All Right", do futuro ídolo Elvis Presley. Na literatura JRR Tolkien publicou "The Fellowship of the Ring", primeiro da súa triloxía de fantasía. Tamén foi o ano no que naceron a UEFA, a linguaxe Fortran, o CERN e Télé Monte Carlo, o primeiro canal de TV privado en Europa.
En España 1954 foi un ano bastante bo, aínda que o tempo golpeou duro cunha nevada histórica que branqueou lugares tan insólitos como Huelva, Sevilla ou Málaga. Quizais por iso ese ano tamén se inaugurou a estación de esquí Valgrande-Pajares.
A economía melloraba lenta pero consistentemente, como exemplo fundouse Barreiros Diesel SA cun capital inicial de 10 millóns de pesetas e comezaba a prestarse atención ao turismo na Costa del Sol. A conflitividade social era baixa e a oposición ao Réxime iniciou unha lenta introdución na OSE aproveitando que ese ano deixou de ser obrigatorio estar afiliado á Falange para participar nas eleccións sindicais. Pero non todo o monte era ourego: en xullo modificouse a Ley de vagos y maleantes para dar entrada nela aos homosexuais.
Continuaron mellorando as relacións internacionais co envío de armas estadounidenses para España, a cesión do dragaminas Nalón, e en abril a emotiva chegada do buque Semíramis no que a URSS mandaba de volta 286 soldados da División Azul.
