Os
Veiras da Espenica proceden por vía paterna de
Pedro
Villaverde del Río (m.1849), patriarca dos Villaverdes do Piñeiro no século XIX xunto coa súa 2ª muller Benita Carballido Liñares (1809-1848), moza de Vilaverde coa que tivo 8 fillos. Pero
antes casara con María Juana Noya Liste coa que tivera outros 3 fillos: Jacobo,
Andrés e Manuel
Jacobo Villaverde Noya (1822-1877). Deste último sabemos que
morreu nos Coruxos (Espenica de Arriba), que casou cunha moza de Poulo, Josefa Dolores
Gómez Gil (1845-1902), e que foi o pai de Mª Josefa -matriarca dos Mosqueiras de Vilaverde- e de
Jerónimo (ademais doutra medio irmá, María Villaverde Blanco).
Jerónimo
Villaverde Gómez casou en 1894 con María Veiras Pérez.
Esta
era a 3ª filla do matrimonio formado por José Veiras Camba, o herdeiro dos Veiras de Pardiñas, e Josefa Pérez Souto,
da rica familia dos Peres de
Barbeiros. Con ela tería dous fillos a finais do século XIX, pero despois
emigraría e non se soubo en Ordes máis do seu paradeiro. Así a casa acabou
sendo coñecida como a de Veiras da Espenica,
porque era María a que quedou ao fronte.
José Villaverde
Veiras (1897-1995) herdou a casa familiar e casou con María Mosquera Villaverde*
(1896-1959) emparentando así de novo cos Mosqueiras
de Vilaverde. Con ela tería 7 fillos: Francisco, Manuel, María, Ángela,
Eugenia, Jerónimo Amancio, e Concepción Villaverde Mosquera.
Francisco (1922-2002), que
morrería solteiro, e María Maruja de Veiras (1927-2022) viviron na casa
dos pais. Ela tivo un fillo de solteira, Manuel Antonio, e logo casou con
Avelino Martínez Viqueira (1933-1994). Manuel Antonio casou cunha moza de Pedre, Milagros Pulleiro (a 3ª filla de José Pulleiro Gestal) e tiveron dous fillos.
Manuel (1925-2005) casou
con Balbina Gende Lagares coa que viviu preto da Igrexa de Pereira. Morreu
casualmente en Alemaña deixando 4 fillos, 11 netos e unha bisneta. Ángela
(1928-2013) e Jerónimo
(1933-1920), ambos os dous solteiros, tamén viviron na Espenica.
Eugenia, casada con
Roberto Veiras Rama, emigrou.
Concepción casou con Ricardo
Rodríguez Pulleiro de Pedre (1945-1972) a quen chamaban Estevo da Espenica por ser fillo
de Manuel Rodríguez Castro Estevo de Mercurín. Con el tería dous fillos: Manuel Carlos e José
Manuel.
*
Na Espenica houbo outra María Mosquera Villaverde (1893-1979) co
mesmo nome e apelidos pero algo maior. Dado que o seu marido foi Juan Villaverde Franqueira (m.1944), os seus 7
fillos tiveron os mesmos apelidos e nalgún caso o mesmo nome que os Veiras.
Foron Manuel, Mercedes, Emilio, Pedro, María, Balbina e Aurora Villaverde
Mosquera.
O maior, Manuel Villaverde Mosquera (1918-1996), marido de Mª Rita Castro
Pulleiro (1912-2002), acabaría sendo o máis coñecido desta familia porque
traballou de policía municipal (un dos primeiros nos anos 50 xunto con
Cachorro e Francisco de Betanzos). Pedro Villaverde Mosquera (1929-1979) casou con Carmen Gómez Liñares (1931-1992) e tiveron 3 fillos: Mª Carmen, Pedro e Ana Isabel Villaverde Gómez. Polo menos tres dos irmáns, Emilio (n.1927), Balbina (n.1931) e Aurora (n.1936), emigraron a Brasil.
|
Manuel
Villaverde Veiras (1898-1968) casou con Manuela Mariño (1902-1948) dos Mariños das Corredoiras. Ao
establecerse nos Lagartos esta rama familiar pasou a ser coñecida como os Veiras dos
Lagartos. O matrimonio tivo unicamente fillas: Concha, Jesusa e
Carmen Villaverde Mariño.
Concepción
Villaverde Mariño Concha da Carnicería (1921-2011), foi a de vida
máis interesante. De gran beleza, casou con Manuel Viaño Dono, fillo do
comerciante Manuel Viaño Prado (m.1930) e de Casilda Dono. Manuel tiña unha
carnicería no edificio que logo sería o Bar Juanito e tamén facía bailes no
lugar. Con el tería catro fillos, pero
quedaron na ruína e separáronse. Anos despois, en 1978, Manuel morreu en plena
indixencia na vila da Estrada con 61 anos. Concha viuse obrigada a vivir en
Reboredo e subsistir a duras penas coa compra-venda de fabas para Carlos
Espiñeira Pellit. A súa sorte cambiou cando coñeceu ao arzuano Enrique López Lea
(1913-1991), sobriño do carniceiro Ignacio López, e logo futuro propietario
da carnicería Enrique. El tamén estaba separado e comezaron unha relación que
ao principio non podía ser oficial por mor das leis daquela época. Con Enrique
volveu á estabilidade económica e tivo outros catro fillos, aínda que o último
morreu sendo neno.
Jesusa Villaverde
Mariño (1924-2007), non casou, pero dunha relación con Ramón o Practicante tivo unha filla,
moi coñecida pola súa actividade na Igrexa, Mª Jesús Ferreiro, esposa de Manuel Castro, o dos aluminios do Paraíso.
Carmen Villaverde
Mariño (1926-2019) casou con José Galán López (1923-1980), fillo do tenente da
Garda Civil Policarpo Galán. José era
funcionario do Xulgado e viviron no que hoxe é o Nogallas. Tiveron un único
fillo, José Manuel, rexistrador da propiedade en Noia.
No hay comentarios:
Publicar un comentario