En 1947 un
piloto estadounidense chamado Kenneth Arnold declarou ter visto 9 obxectos descoñecidos que voaban a unha gran
velocidade. O xornalista Bill Bequette que o entrevistou foi quen inventou un exitoso termo para
describir estes obxectos: "flying saucers" (pratiños voantes). Tempo
despois sería cambiado polo acrónimo UFO (OVNI en galego e castelán).
A partir
deste momento, especialmente na década dos 50 e 60, disparouse o fenómeno OVNI. Os avistamentos de supostas
naves alieníxenas eran continuos e sucedían practicamente en todas as partes do
mundo.
A comarca de
Ordes non podía ser unha excepción e tamén os OVNIS se pasearon por ela. O avistamento
ocorreu o martes 2 de novembro de 1954 e foi recollido nun amplo artigo de La
Voz de Galicia ese mesmo sábado.
O
protagonista foi Gonzalo Rubinos Ramos
(irmán do RP Superior dos xesuítas da Residencia da Coruña) que, como resaltaba
o xornal, era un home de gran seriedade, pouco amigo de bromas e bastante
incómodo co fenómeno.
O caso é que
ese martes varios amigos volvían de Santiago á Coruña en dous coches cando o de
Rubinos avariou ás sete e vinte da tarde no que entón se chamaba "a curva
do obispo" na parroquia de Deixebre. Hoxe non existe esa curva porque a
estrada sufriu modificacións posteriores e agora é unha recta, a costa do Cano.
Os
compañeiros de Rubinos marcharon todos no outro coche e el quedou alí á espera
de que mandasen un vehículo para remolcalo. Xa era noite e naqueles tempos non
había móbil para entreterse nin moitos coches que pasaran. Aburrido, mirou o
reloxo moitas veces e saiu do coche para estirar as pernas.
Ás once menos
vinte por enriba da fraga que había á esquerda da estrada Rubinos notou con
estupor un resplandor. Literalmente viu unha luz potentísima como a 200 metros e no seu
interior "un gran bólido en forma de
gigantesco kiosco, como el que está ahora en la Plaza de Orense, pero de mayor
tamaño, bastante mayor".
Tamén describiu o ruido que oira non como unha explosión senón como "el choque de dos ruedas pesadas o la salida de un potentísimo cohete".
Tamén describiu o ruido que oira non como unha explosión senón como "el choque de dos ruedas pesadas o la salida de un potentísimo cohete".
Rubinos
asustado correu a meterse no coche e rezou varias veces o rosario. Así estivo
ata as dúas da mañá en que chegaron de novo os compañeiros aos que lles contou
a súa historia.
Preguntado
polo xornalista Eugenio Pontón, Rubinos non dubidaba nas súas conclusións: "o platillos volantes o un arma secreta
en experimentación". Por certo que, a pesar da súa vaga descrición, o
artista de La Voz debuxou a imaxe clasica dunha nave espacial parecida a un
ioió.
Como podemos ver no interesante blog de Juan Carlos Victorio Misterios del aire, concretamente na súa entrada titulada El platillo volante de Órdenes, este
avistamento aparece en "El gran
enigma de los paltillos volantes" (1966), "OVNIS: El fenómeno aterrizaje" (1978) e "Enciclopedia de los encuentros
cercanos con OVNIs" (1987).
Victorio analiza detidamente a experiencia e
engade outras aportacións ao artigo de La Voz. Rubinos era amigo do ufologo
galego Óscar Rey Brea que tamén o entrevistou e con este non foi tan categórico.
«Rubinos
me dice y se desdice. Vio algo y el resto jugó bastante la imaginación. El
miedo, la distancia, la oscuridad, etcétera, incluso lo sorpresivo del
fenómeno, le hicieron divagar bastante. De las veces que lo he interrogado, sus
contestaciones han demostrado muy poca seguridad en cuanto a las
características. Incluso no existe seguridad si vio elevarse algo. Lo concreto
es que vio una fuerte luminosidad, con un chasquido y que los perros del
contorno ladraron».
A conclusión de Victorio é que Rubinos só viu
un bólido moi brillante que tamén foi observado esa mesma noite no faro de Mera
(A Coruña) e en Becerreá (Lugo).
No hay comentarios:
Publicar un comentario