Procedentes de Asia, as avespas velutinas
chegaron a Europa probablemente en 2004. Uns
seis anos despois, en 2010, entraron
en España e pouco máis tardaron en chegar a Galicia. Levamos pois unha década
convivindo con elas, pero hai moita xente que aínda non ten claro o seu nome.
Os operadores do 112 en Galicia, divertidos
cos pequenos e ás veces extravagantes erros das persoas que os chaman,
rexistraron todas esas variacións nunha lista.
"DENOMINACIÓNS" da ESPECIE
|
||
africanas
|
ciáticas
|
velentinas
|
africanas de la hostia
puta
|
colombianas
|
velotianas
|
africanizadas
|
comunistas
|
veluinas
|
alienígenas
|
elviras
|
velunias
|
avispas de famosos
|
estatinas
|
velutianas
|
asesinas
|
estranxeiras
|
velutintas
|
beduinas
|
galopinas africanas
|
ventolinas
|
bellotinas
|
ghalopinas africanisadas
|
vespertinas
|
bertulinas
|
porpurinas
|
vetolímicas
|
besupinas
|
siáticas
|
vetuleiras
|
betolinas
|
siberianas
|
vetulínicas
|
botalinas
|
soviéticas
|
vetupinas
|
brillantinas
|
valvulinas
|
volotinas
|
chinas
|
vekutinas
|
volotinias
|
Como vedes, hai para todos os gustos. Na miña
clase, con nenos de 6 e 7 anos, tamén saíu algunha vez o tema. Un rapaz
chamoulles "asesinas" e eu
comenteille que era a súa natureza depredadora e que non eran máis asasinas que
un gato ou unha araña. O rapaz non quedou de todo convencido e acabou soltando
esta frase lapidaria:
-Bueno, asesinas non serán, pero teñen moi mala hostia!
No hay comentarios:
Publicar un comentario