Os Astray
(por certo emparentados co militar golpista Millán Astray, aínda que a maioría
foron de esquerdas) eran unha das familias de alta posición da vila. Non tiñan
posesións pero si estudos e lucrativos postos de traballo.
A pesar da existencia dun lugar así chamado
en Mesía e da abundancia do apelido en Vilasantar, a orixe dos Astray de Ordes foi
Padrón. Alí naceu en 1811 José
Manuel Ramón Astray Fernández que casaría con Vicenta López de la Peña. O
matrimonio tivo 8 fillos: Ramón, Vicenta, Eulogio, Manuel, Juan, Cesáreo, Mª
Jesús e Esclavitud. Ramón e Cesáreo foron secretarios de concello. Eulogio foi
farmacéutico en Carballo.
Manuel
Astray López (1845-1902), o 4º fillo, foi o que se instalou en Ordes. Era farmacéutico
pero tiña a concesión de tabacos e comercio na "Calle Real" (agora Alfonso Senra 108 -onde esta Mabe-).
Casou no século XIX con Carmen Mato González (m.1953), irmá do director
do cárcere de Ordes, con quen tivo 6 fillos: Rafael, José, Manuel, Ramón, Ezequiel,
Pilar e Antonio Astray Mato.
Antonio morreu moi novo, aos 17 anos en
1916. Ezequiel (m.1934), que herdou
o comercio, e Ramón, que foi avogado
e logo xuíz en Ortigueira e Sada, non casaron.
José estudou medicina e instalouse en
Vigo onde casou cunha moza da alta sociedade, Mª Areán Estévez, e tiveron 4 fillos: Mª del Carmen, Mª Ángeles, José e Josefina.
Pilar
(1897-1979) casou en marzo de 1925 co administrador de correos de Pontedeume Gabriel Plata Agrelo (m.1960). Viviron
en Noia, vila natal do marido, desde que o trasladaron alí en 1930. Tiveron 5
fillos: Gabriel, Pilar, Margarita, Carmen e Miguel. O maior, Gabriel Plata
Astray, foi un destacado catedrático de Química.
Rafael estudou dereito e foi
xuíz municipal pero rematou de inspector de policía en Coruña e Santiago. Casou
en 1915 con Esperanza Troche Rivas.
Os Troche eran outra das familias VIP de Ordes: había varias irmás mestras (Elvira
deu clase en Mercurín 30 anos!), un veterinario e Antonio, ademais
de recadador, posuía o Teatro-Cine Troche.
Esperanza tiña mala saúde e morreu moi nova
en 1931 despois de ter 4 fillas: Mª
Carmen, Valentina, Esperanza e Dolores Astray Troche.
Depurado polas súas simpatías republicanas, Rafel
foi enviado a Canfrac (Girona) en 1940.
Mª
Carmen (m.2010) e Valentina Tina (m.2013) foron farmacéuticas. Mª Carmen posuía
unha farmacia en Carballo pero as dúas vivían en Coruña. Tina casou con
Constantino Velo García con quen tivo unha filla chamada Olga.
Esperanza (m.2011), máis coñecida en Ordes
como Patita
Astray casou con Ángel Villaverde Bello Ángelito de Monteiro (1918-1970) e deu clases no que agora é a
rúa Parques Municipais. Tiveron tres fillas: Esperanza, Cristina e Margarita.
A irmá menor, Dolores (m.1979), non casou e vivía na Laracha.
Manuel Astray
Mato (m.1964), o que continuou na
vila, foi avogado, deputado provincial, xuíz municipal e,
finalmente, encargado do Rexistro da Propiedade en Ordes. Do seu matrimonio con
Clara Rivas Marzoa (m.1965), filla do procurador Policarpo Rivas Godoy, tivo 5 fillos: Manuel, Mª Carmen, Mª Josefa, Antonio e
Luis. Vivían nunha casa que estaba no
que hoxe é a Clínica Concheiro.
Manuel Astray Rivas, tamén avogado, rematou por ser subdirector da Oficina da
Administración Pública de Ordes. Casou con Mª Ángeles Mariño Iglesias Marujita, filla do comerciante dos Lagartos Jose Mariño, coa que tivo dous fillos: Ángeles e Manuel.
Ángeles que é funcionaria da Administración de Xustiza casou en 1974 con Ángel Suárez-Ferrín Pérez con quen viviu na Coruña e co que tivo unha filla, María. Divorciáronse e logo casou co padronés Rodolfo Ansede Martínez (m.2020) que xa tiña 3 fillos propios: Rosa, Rodolfo e Juan Ansede Bermejo.
Manuel Nel (moi coñecido por ser dirixente do PSOE local e concelleiro en varias lexislaturas) é avogado. Casou con Ana Lorenzo Iglesias e tiveron unha filla, Paula, antes de divorciarse.
Ángeles que é funcionaria da Administración de Xustiza casou en 1974 con Ángel Suárez-Ferrín Pérez con quen viviu na Coruña e co que tivo unha filla, María. Divorciáronse e logo casou co padronés Rodolfo Ansede Martínez (m.2020) que xa tiña 3 fillos propios: Rosa, Rodolfo e Juan Ansede Bermejo.
Manuel Nel (moi coñecido por ser dirixente do PSOE local e concelleiro en varias lexislaturas) é avogado. Casou con Ana Lorenzo Iglesias e tiveron unha filla, Paula, antes de divorciarse.
Mª
Carmen Astray Rivas, outra avogada máis, a quen chamaban Clarita
a Cabra, porque era algo extravagante para a época, casou en 1952 co
médico balear Bartolomé Siquier Serra.
Tiveron unha filla, Mª Clara Siquier Astray, avogada como non.
Mª
Josefa Finita (1929-2012) marchou á Coruña onde casou con Luis Santos
Seoane, co que tivo dous fillos: José Luis e Jaime.
Antonio
(m.2000), avogado, casou con Mª Luisa
Chacón Mariño. Viviron en Alfonso Senra e posteriormente na Coruña onde montaron un bufete. Tiveron dous fillos: Mª Pilar e
Antonio Astray Chacón.
Finalmente Luis Astray Rivas (m.2008), oficial do Rexistro, casou en 1960 con Mª Pilar García Yrago (2009), máis coñecida como Pilarín Astray. Viviron na Rúa dos Lagartos 5 (no mesmo edificio que a carnicería de Antonio Buyo) e logo na Rúa Nova 36 e foron unha
familia bastante desafortunada porque agás a súa filla maior, Luisa (que reside
en Monforte), viron morrer novos aos outros fillos: Rafael, Alberto Trampallo e Juan Luis en 1999, 2003 e 2004
respectivamente.
Alberto, María e Rafael, os tres fillos de Alberto e Ana Mª Loureda Pan (m.2018) son a última xeración da familia que aínda residen na vila.
Alberto, María e Rafael, os tres fillos de Alberto e Ana Mª Loureda Pan (m.2018) son a última xeración da familia que aínda residen na vila.
Muchas gracias por toda esta información. Hay cosas que yo no conocía.
ResponderEliminarSolo un a nota sin importancia, vivimos en la Rúa Nova (antiguamente Generalísimo) nº 36. A mi madre la conocía todo el mundo por PILARÍN, es más, mientras en Santiago era Pilar Yrago, en Ordenes era Pilarin Astray, jeje
Desgraciadamente Ana Mª Loureda también falleció (2018)
Repito mi agradecimiento, me hace ilusión conocer datos sobre mi familia que ignoraba.
Un abrazo
Agradecido polo teu comentario. Un abrazo.
Eliminar