Na historia recente da nosa comarca houbo
varias familias de Oroso que xogaron un papel bastante importante, como os
Rapela -ou "Rapelas"- e os Castro.
Os Sánchez Somoza foron outra desas familias.
Durante os séculos XIX e XX estiveron vinculados ao pazo de Marzoa, aínda que anteriormente o lugar fora propiedade da familia
Suárez, descendentes dos Torrechanos (Churruchaos), unha liñaxe moi estendida polas terras de
Santiago, Mesía e Folgoso.
No século XIX foi cando o novo sangue entrou na historia da parroquia de Marzoa: José María Sánchez Somoza Arias
(m.1874), natural de Santa Olalla de Agrón (Melide), home de moi alta posición (avogado
dos Reais Consellos, cabaleiro da Real Orde Americana de Isabel a Católica, xuíz
de Instancia e promotor fiscal do Partido Xudicial de Ordes) casou coa propietaria do pazo Jacinta Rey
Meijide natural de San Mamede dos Anxos (Oroso). Cando
Jacinta morreu en 1851, volveu a casar en segundas nupcias coa súa cuñada María Rey Meijide.
Do seu primeiro matrimonio tivo unha filla chamada Elvira, que casaría con Cayetano Rey e serían pais do farmacéutico Emilio Rey Sánchez-Somoza. Froito do matrimonio deste con Melania Romero López nacería Emilio Rey Romero que casaría con Mª Victoria Fernández Latorre (filla de Juan Fernández Latorre, fundador de La Voz de Galicia), matrimonio que tería tres fillos: Emilio, Paloma e Santiago.
Do segundo matrimonio tivo varios fillos. Unha foi Ignacia
Carolina, que, casada con Casimiro Torre Castro, catedrático de
Medicina na Universidade de Santiago, foi nai do tamén catedrático de medicina
Casimiro Torre e do membro máis destacado da familia, o catedrático de dereito
e alcalde de Santiago Lino Torre Sánchez Somoza (1866-1921). Outra filla, Luisa
(m.1930), casou co médico de Frades José Souto Maroño e un dos seus fillos,
Lino Souto, foi un coñecido avogado a principios do século XX. Mercedes casou con Andrés Ramos Suárez de Castro, Amalia Dolores con Vicente Paredes e Mª Dolores quedou solteira.
A propiedade do pazo pasou ao fillo varón Emilio Sánchez Somoza
Rey (m.1887) que casou con Balbina
Patiño Pérez (1857-1930), irmá do escribán do Xulgado Eulogio Patiño. O matrimonio tivo dúas fillas (Sofía e Emilia)
e catro fillos varóns (José, Carlos, Amadeo e Emilio).
Mentres Sofía, casada con José Costas, marchou a Lugo,
Emilia (m.1928),
casada con Ramón Abeijón Suárez -o
patriarca da familia Abeijón-
permaneceu en Ordes.
José Sánchez Somoza Patiño (m.1941), que
debía ser de armas tomar porque estivo implicado en varios incidentes que
acabaron a paus, foi secretario de xulgado en Ordes e herdeiro do pazo. Como
non tivo fillos no seu matrimonio con Clotilde
Viqueira Fuentes (tía de Mundito)
e os seus irmáns varóns Carlos (1880-1931) -enfermo mental-, Amadeo -emigrado a América- e Emilio
(1888-1924) -tamén secretario de xulgado en Oroso- morreron antes ca el, deixou
as propiedades aos netos varóns deste último.
Emilio tivo dous fillos: Emilio e Milagros.
Emilio Sánchez Álvarez Miluco (1901-1957), bastante
afeccionado á bebida, traballou no Banco
de La Coruña e morreu solteiro aos 56 anos de idade.
Milagros Sánchez Somoza y Álvarez (m.1971) casou
en agosto de 1925 con Domingo Antonio del Río Castro (1896-1973), de distinguida familia ordense*. Antonio foi secretario do Concello de Cerceda, logo secretario
do xulgado comarcal de Betanzos e por fin volveu a Ordes. O matrimonio tivo 6 fillos: Antonio, Mª
Milagros, Emilio, Mª Isabel, Ana María e José Manuel. Eles foron a última
xeración que levaron o apelido Sánchez-Somoza e viviron na vila.

Ambos os dous tiveron gran influencia na
actual configuración da vila pois o que hoxe é a Rúa Mundito era propiedade
deles ata que venderon eses terreos.
Antonio, casado coa profesora Inés Mª de Juan
Verea Neche, morreu en 1988 sen fillos. A súa
muller vive coa sobriña, tamén profesora, Mª Dolores Santos de Juan. Emilio
(1930-1985) casou con Luisa, unha irmá do bailarín Juanjo Linares, e tiveron 4
fillas.
Mª Milagros Minucha (m.2004 e única soterrada en Ordes)
casou co veterinario Guillermo Represa Rodríguez co que viviu en Betanzos. O
seu fillo maior, Guillermo Represa del Río, é montador de cine e
estivo nominado aos premios Goya en 1995.
Isabel del Río non casou e abriu unha coñecida tenda de roupa en
Alfonso Senra chamada "La Novedad", agora
desaparecida.
Ana Mª casou en 1959 con outro veterinario, Manuel Pedreira Vázquez (1928-1995), co
que tivo 3 fillos: Manuel. Anabel e Nuria.
O menor dos irmáns, José
Manuel, é procurador na zona da Coruña.
*Os
del Río Castro (Isabel, Antonio, Artemio, Sara, Celia e Manuel) eran unha adiñeirada
familia ordense que tiña moitas propiedades na Fonte Estrei (onde agora está
Couselo e arredores). Eran fillos de Manuel del Río Rúa (m.1908) e de Isabel Castro Amor (1868-1934), mestra de Buscás desde 1904.
Isabel del Río Castro (m.1970), a maior, igualmente traballou na docencia, casou en 1928 co tamén mestre
Federico García Expósito. Deu clase en varios lugares ata chegar á Coruña onde foi profesora e directora do Montel Touzet. Tivo dous fillos, Isabel e Jesús Mª Fefé (futbolista no Ordes dos 50). Antonio (m.1973) foi o que emparentou coa familia Sánchez Somoza. Artemio emigrou, posiblemente a América e non se volveu a saber del.
Sara (m.2002) quedou solteira e vivía fronte da Couselo xunto cunha prima,
Marina Castro Amor (m.1995) que logo ocuparía a casa do lado.
Celia del Río Castro (m.1998) tamén mestra, casou en 1937 con funcionario do Banco Pastor Ángel Varela Jeannerat
co que tivo 5 fillos: Josefina, Carmen, Isabel, Mª Elena e Ángel Roberto
Varela del Río. Manuel tamén viviu na Coruña.
|
Mercedes Sánchez-Somoza y Rey, se casó con Andrés Ramos Suárez de Castro, su hijo Enrique Ramos Sánchez-Somoza, se casó con María Sabugo Álvarez, su hija Emilia Ramos Sabugo, se casó con Valentín Graña González, su hijo Valentín Graña Ramos-Sabugo, se casó con Rosario Pastor de Ávila, habiendo tenido cuatro hijos, Rosario Emilia, Valentín Eligió, Manuel Antonio Y Catalina Winefred Graña Pastor y dos nietos, Ignacio Gonzaga y Carlota Sol de la Moneda Graña.
ResponderEliminarSi. Andrés Ramos Arán de San Martiño de Calvos, que foi capitán carlista, casou con Mercedes Sánchez Somoza Rey coa que tivo 10 fillos en Aiazo (non sei a orde exacta): Dolores (casada con Antonio Botana), Matilde (casada con Manuel Mosquera), Juan (viviu en Arca), Ramón (casado con Mercedes Barcia Iglesias da Gándara), Severino (párroco da Barciela), Elías (casado con Ignacia Gundín Baamonde e logo con Carmen Bugallo Cernadas), María (casada con Ramón Paz), Modesto (casado cunha muller de Marantes), Encarnación (casada con Manuel Gómez Álvarez de Lardeiros) e Enrique (médico e casado con María Sabugo de León).
EliminarJuan José, debo aportar lo siguiente: Mis antepasado, José María Sánchez-Somoza y Arias casado con Jacinta Rey Meijide, tuvieron una hija llamada Elvira que se casó con Cayetano Rey, fueron padres de Emilio Rey Sánchez-Somoza y Melania Romero López, a su vez padres de Emilio Rey Romero que se casó con María Victoria Fernández-Latorre y Ozores (hija de Juan Fernández Latorre, fundador de La Voz de Galicia), padres a su vez de Emilio, Paloma y Santiago Rey Fernández Latorre.
ResponderEliminarPaloma Rey Fernández-Latorre,se casó con Gonzalo Ozores Urcola. Su hija Beatriz Ozores Rey, se casó con Gonzalo Fernández de Mesa y Tembury.
ResponderEliminarEl 10 de junio de 2022 nació en Santa Bárbara (California-Estados Unidos), Martín Giménez Graña, hijo de Jorge Giménez de Quinto y de Catalina Winefred Graña Pastor.
ResponderEliminar