domingo, 13 de septiembre de 2020

Plantas silvestres

 

  Velaquí unha lista de plantas silvestres na que non están incluídos arbustos e árbores, xa vistos noutros artigos do blog.
  A lista é un pouco aleatoria pois o número de especies vexetais existentes na comarca é enorme. Aquí só se citan algunhas poucas moi comúns sen ningún tipo de clasificación e só por orde alfabética. Os nomes en galego son orientativos porque hai moitas variantes lingüísticas e moita confusión cos nomes das plantas.
 

  Con moitas fotos para que sexa máis fácil e amena a identificación de especies, tedes neste blog varios artigos sobre plantas silvestres da comarca.

Plantas de flores azuladas

Plantas de flores rosadas

Plantas de flores amarelas

Plantas de flores púrpura

Plantas de flores brancas

Plantas de flores discretas

 
  Para os que queiran afondar máis no tema da flora galega hai varias páxinas moi interesantes como Plantas dos ríos galegos, Plantas e arbustos nos ríos ou Flora de Galicia.
 
(Hypericum perforatum)
hipérico
(Artemisia abrotanum)
abrótano macho
(Asphodelus albus)
asfódelo
(Rumex acetosa)
acedera
agrón, brizo
(Nasturtium officinale)
agrón, berro de agua
(Angelica archangelica)
angélica
arnica, herba cheirenta
(Arnica montana)
arnica
ballico, xoio
(Lolium perenne)
ballica, raigrás
(Helosciadium nodiflorum)
berra, berro, berraza
barredoiro, basallo
(Mercurialis annua)
mercurial
bodolo, pé de oso
(Heracleum sphondylium)
espondilio, branca ursina
borraxa
(Pentaglottis sempervirens)
buglosa, lengua de buey
brizo, barraza
(Apium nodiflorum)
berro
(Arundo donax)
caña común
(Onopordum acanthium)
cardo borriquero, toba
(Bryophyta s.e.)
musgo
celidonia, ceruda
(Chelidonium majus)
celidonia mayor
(Plantago major)
llantén mayor
(Plantago lanceolata)
llantén menor
chuchamel, lingua de boi
(Anchusa officinalis)
lengua de buey, buglosa
chuchamel, beldrastro
(Lamium album)
ortiga blanca
(Umbilicus rupestris)
ombligo de venus
dáctilo, cabezuda
(Dactylis glomerata)
dáctilo, pasto ovillo
(Typha latifolia)
acea, espadaña
(Chenopodium album)
Bledo, cenizo, quinhuilla
(Osmunda regalis)
helecho real
(Pteridium aquilinum)
helecho común
(Polypodium vulgare)
helecho
(Foeniculum vulgare)
hinojo
(Hedera helix)
hiedra
(Calystegia sepium)
correhuela mayor
(Ranunculus repens)
botón de oro
(Senecio vulgaris)
hierba cana
(Conyza canadensis)
erígero, hierba carnicera
(Caltha palustris)
calta, caléndula de agua
(Poa annua)
poa, espiguilla
(Jacobaea vulgaris)
hierba de Santiago
(Fumaria officinalis)
palomilla, sangre de Cristo
(Centaurea jacea)
cártamo silvestre
(Holcus lanatus)
heno blanco
(Rumex pulcher)
aceda, acedera, romaza
(Lemna minor)
lenteja de agua
(Anthoxanthum odoratum)
pasto de olor
(Malva sylvestris)
malva común
(Bellis perennis)
margarita
mexacán, leitarega
(Taraxacum officinale)
diente de león
mexacán, chantaxe
(Hypochaeris radicata)
falso diente de león
(Achilea millefolium)
milenrama
milicroque, estalote
(Digitalis purpurea)
digital, dedalera
(Digitaria sanguinalis)
digitaria, guarda rocío
(Echinochloa crus-galli)
pasto dentado, cenizo
muruxa
(Stellaria media)
pamplina, hierba gallinera
nébeda 
(Clinopodium nepeta)
calaminta
ortiga maior
(Urtica dioica)
ortiga mayor
(Urtica urens)
ortiga menor
(Oenanthe crocata)
nabo del diablo
saramago, ravo bravo
(Raphanus raphanistrum)
rabanillo
(Trifolium repens)
trébol blanco
(Trifolium pratense)
trébol rojo
(Sedum album)
uva de gato
(Verbascum sinuatum)
acigustre, gordolobo
verbasco, seoane
(Verbascum densiflorum)
gordolobo
(Echium vulgare)
viborera, buglosa
(Juncus)
junco

sábado, 12 de septiembre de 2020

Adolfo Pérez Graña

  Un dos máis descoñecidos personaxes de Ordes (basicamente porque emigrou bastante novo) foi o artista e artesán Adolfo Pérez Graña.

  Adolfo naceu en Ordes o 3 de decembro de 1917. Foi o cuarto fillo do matrimonio formado polo reloxeiro Manuel Pérez Rivas e Aurora Graña Blanco. Foi un home inquieto e inconformista, cun carácter nada fácil porque era perfeccionista ata a esaxeración.
  Dos 4 aos 6 anos viviu na maquía de Leira cos seus avós e tíos, época na que foi moi feliz e sempre lembrou con agarimo, incluídos aos criados da súa familia, Blas e Laureano. De novo en Ordes, xa con sete anos, comezou a aprendizaxe do oficio de xoieiro no taller do seu pai fóra das horas de colexio. 
  Aprendeu a soldar, limar e axustar. Confeccionaba encendedores, pendentes e aneis pero o que máis lle gustaba era a arte da talla para o que usaba un desparafusador afiado por ambos os dous lados.
  Aos 12 anos decidiu que non quería ser reloxeiro. O seu pai tróuxolle un banco e ferramentas de carpinteiro, esperando que cambiara de opinión, pero non contaba coa teimosía de Adolfo que tiña decidido que ese sería o seu camiño. Aos 14 deixou o colexio do mestre don Nicolás por quen sentía unha gran admiración. Marchou a Santiago onde estivo en varios talleres e asistiu por algún tempo á Escola de Artes e Oficios.
  En perpétuo movemento, marchou para a Coruña e durante a época da guerra, con 22 anos, gañaba o soldo máximo no seu taller. Cambiou ao dun prestixioso artesán húngaro para perfeccionarse pero tivo que deixalo aos tres meses porque o seu pai estaba enfermo terminal e os seus irmáns no exército.
  Como a reloxería non era o seu, saudou con alegría o momento no que Manuel, o seu irmán maior, se fixo cargo dela. Posteriormente Manuel estableceríase na Coruña e o negocio remataría nas mans de Alfonso Pérez Graña, o 3º varón da familia.

  Así, en 1942, iniciou a 2ª fase (a máis importante artisticamente) da vida de Adolfo. Emigrou a Oviedo onde estableceu o seu obradoiro e alí casou e tivo 6 fillos.
  Comezou a tallar pezas que presentou ás diversas exposicións. Acadou varios primeiros premios con obras talladas en madeira e marfil. Casado e xa con dous fillos tamén asistiu a clases de talla artística de metais na Escola de Artes e Oficios facendo catro cursos en dous anos e sendo o primeiro desa promoción.
  Foi tamén o impulsor da creación do Gremio Artesán da Madeira do que foi elixido Mestre Maior. 
  Outro dos honores chegoulle en 1957 cando a Obra Nacional de Artesanía nomeouno "Artesán Ilustre de España".


  A 3ª fase da súa vida comezou pouco despois, no ano 1958. Parece ser que por influencia dun coñecido ou familiar Adolfo decidiu emigrar á capital de Guatemala deixando en España á súa familia á que case nunca volveu a ver.
  Na cidade de Guatemala instalou o seu estudio, ao que chamou "Graña" e continuou coa súa obra. Só un par de anos despois, en 1960, nacionalizouse como guatemalteco.
  Tivo bastante éxito durante 17 anos.
  Sen ningunha razón aparente suicidouse o 23 de xaneiro de 1981, aos 63 anos, disparándose un tiro na sen. O feito sucedeu moi de mañá na pequena oficina anexa ao seu estudio onde tamén apareceu unha carta tirada no chan na que o finado (ou outra man) escribira: "No se culpe a nadie por este hecho...".
  Os 6 empregados que tiña mostraron a súa estrañeza porque a empresa marchaba ben e nada no comportamento do seu xefe lles fixo sospeitar que puidera tomar tan fatal resolución. Doutra banda a investigación policial e o certificado de defunción foron moi chapuceiros polo que na familia sempre quedou a sospeita de que puidese ser un crime.
  En todo caso, moi lonxe do seu Ordes natal (a máis de 8.000 km), rematou a vida de Adolfo Pérez Graña.
FONTE: Antonio Pérez Casas.

sábado, 5 de septiembre de 2020

Balas na feira da Adina

  1933 estivo cheo de tensión política pero non faltaron tampouco os sucesos que non tiñan ningunha relación con ela.   
  En abril tivo lugar un triste accidente en Casanova, parroquia de Ardemil, onde a anciá indixente Manuela Manteiga Pardo, que vivía soa nunha choza, morreu queimada ao achegarse á lareira, probablemente por estar embriagada.
  Outra noticia menos dramática foi a de Manuel Posse rogando á alcaldía que dese ordes aos axentes para impedir a excesiva velocidade dos ciclistas por "las calles de la ciudad" (había apenas catro rúas).
  En agosto José Vázquez Mandayo, un mozo de 20 anos, foi detido pola Garda Civil por atacar á súa veciña Estrella Liñares Pulleiro cunha gadaña coa que a feriu no ombreiro e lle rompeu varios dentes. 
 
  Pero o suceso máis grave tivo lugar en decembro durante a feira da Adina.
Segundo La Voz de Galicia os irmáns José e Jesús Reboredo Campos que ían acompañados de Jesús Bouzas Busto e Jesús García, veciños todos de Leira, atoparon a Ricardo Prego Candal*, de Ardemil, co que tiñan unha gran inimizade.
  Comezaron os paus, pero ao verse só Ricardo fuxiu e puido refuxiarse na taberna de Ricardo Viqueira Gestal. Alí chegaron os perseguidores e disparáronlle varias balas de revólver. Caeu ao chan bañado en sangue cun balazo na cabeza e outro no ventre.
  E non foi a única vítima. Tanto a esposa do dono, María Fariña Candal, como o seu conveciño, Manuel Sánchez Raposo, con quen se achaba na cociña conversando á calor do lume foron alcanzados tamén, María no brazo e Manuel nunha perna.
  O moribundo Ricardo Prego Candal e Manuel Sánchez foron trasladados ao hospital de Santiago de Compostela, mentres María foi levada nunha camioneta á Coruña e atendida polo médico e practicante de garda.
  Pouco despois a Garda Civil de Ordes detivo a Jesús Bouzas, de 28 anos, Jesús Reboredo, de 18, e Jesús Varela Castro, de 21, (quen non era mencionado por La Voz de Galicia) como autores da morte de Ricardo Prego.
  En novembro de 1934 celebrouse o xuízo contra os irmáns Reboredo Campos. A acusación pediu para José 14 anos, 8 meses e 1 día de reclusión, retirando os cargos contra o seu irmán.
  O defensor foi o prolífico Manuel Casás Fernández. Unha vez máis, como era usual naqueles tempos, o xurado emitiu veredicto de inculpabilidade.
 
* Ricardo Prego Candal era un habitual das liortas. 3 anos antes, en 1930, tamén participou noutra en San Cosmade da que loxicamente saiu mellor parado.