A lista de árbores é curta, roldando as vinte especies, incluídas as
cultivadas. Se engadimos outras nas que o número de exemplares presentes na
comarca non é alto poden aproximarse ás 50 especies.
Os CARBALLOS,
en plural, porque son dúas as especies do xénero presentes na Terra de Ordes
difiren pola súa frecuencia. O carballo típico -roble en castelán- (Quercus
robur) é a especie case exclusiva, e distínguese ben polas súas landras
colgantes de longos pedúnculos e as follas lampiñas. A árbore chamada en
Galicia cerquiño, veriño ou rebolo
-melojo, rebollo-
(Quercus pyrenaica), é moi rara,
posúe landras sostidas por longos pedúnculos e follas cubertas de pelos que se
ven á primeira ollada e séntense ao tacto, coma se palpásemos un feltro ou a
cara interna dun coiro.
Dos
PIÑEIROS
tamén hai dous no territorio: O piñeiro marítimo (Pinus pinaster) ou piñeiro bravo é unha árbore probablemente
autóctona mentres que o piñeiro de Monterrey
ou piñeiro insigne (Pinus radiata) é unha
especie traída da costa pacífica americana, de California concretamente, pola
súa boa adaptación ás condicións climáticas de aquí e rápido crecemento. O
primeiro, aínda que é autóctono, tiña unha localización natural moi restrinxida
e só o cultivo sistemático e a expansión por medios deforestados permitiron a
súa rápida expansión nos dous últimos séculos.
O EUCALIPTO máis común (Eucalyptus globulus) é unha especie
proveniente do sueste de Australia que só leva en Galicia desde 1850 ou 1860. Utilizada en
principio como planta ornamental e fixadora de noiros polo seu rápido
crecemento, agora é usada masivamente en plantacións de gran densidade de pés
como base da industria madeireira en toda a Galicia costeira situada por baixo
dos 400 m.
Acompañando
ás carballeiras atopamos outras árbores, frecuentemente illadas ou en pequenas
formacións:
O castiñeiro (Castanea sativa) cuxo
froito e madeira foron fundamentais na historia do pobo galego pero que
progresivamente foi perdendo importancia. O acivro* -acebo- (Ilex
aquifolium), a pereira brava (Pyrus cordata), o estripeiro*, escambrón ou espiño
albar -majuelo- (Crataegus monogyna) e o sanguiño* -arraclán- (Frangula
alnus).
Se
hai chans profundos e relativamente húmidos incorpórase o bidueiro -abedul- (Betula pubescens) como anticipo dos
bosques de galería fluvial. Ás veces tamén atopamos o freixo -fresno- (Fraxinus excelsior). Nas cotas máis
baixas, con ambientes secos e cálidos déixase notar a influencia mediterránea
pola presenza de folla dura e lustrosa, que son frecuentes nas carballeiras
costeiras, entre elas o loureiro (Laurus nobilis).
A vexetación ribeirega está composta por
bosques de ameneiros -aliso-
(Alnus glutinosa) acompañados de
bidueiros e salgueiros* -sauce- (Salix
atrocinerea) e, en ocasións, de abeleiras* (Corylus
avellana). Trátase de bosques lineares, paralelos sempre á canle. Ás veces
preto dos ríos e outras preto dos camiños, en solos ricos en nitróxeno atopamos
o bieiteiro* ou sabugueiro -saúco- (Sambucus nigra).
Finalmente aparecen plantas ornamentais que
se van asilvestrando e estendendo como a mimosa (Acacia
dealbata), o carballo americano (Quercus rubra) ou o chopo
branco (Populus alba).
* As plantas leñosas que ramifican desde
o chan son arbustos, por tanto estas especies, tecnicamente, non son árbores
senón arbustos.
|
ÁRBORES (ou arbustos*) da COMARCA
|
|||
|
piñeiro do país
|
pino gallego
|
abundante
|
|
|
piñeiro manso
|
pino piñonero
|
escaso
|
|
|
piñeiro
americano
|
pino insigne
|
frecuente
|
|
|
ameneiro
|
aliso
|
abundante
|
|
|
bidueiro
|
abedul
|
abundante
|
|
|
abeleira*
|
avellano
|
escasa
|
|
|
buxo*
|
boj
|
escaso
|
|
|
sabugueiro*
|
saúco
|
frecuente
|
|
|
érvedo*
|
madroño
|
moi raro
|
|
|
uz branca*
|
brezo blanco
|
frecuente
|
|
|
castiñeiro
|
castaño
|
abundante
|
|
|
rebolo
|
roble negro
|
escaso
|
|
|
carballo
|
roble
|
abundante
|
|
|
carballo
americano
|
roble americano
|
frecuente
|
|
|
sobreira
|
alcornoque
|
moi rara
|
|
|
nogueira
|
nogal
|
rara
|
|
|
loureiro
|
laurel
|
abundante
|
|
|
mimosa
|
mimosa
|
frecuente
|
|
|
acacia
|
acacia negra
|
frecuente
|
|
|
falsa acacia
|
falsa acacia
|
frecuente
|
|
|
figueira
|
higuera
|
frecuente
|
|
|
frundio*
|
mirto de
Brabante
|
frecuente
|
|
|
eucalipto
vermello
|
eucalipto rojo
|
escaso
|
|
|
eucalipto
|
eucalipto
|
profuso
|
|
|
eucalipto
|
eucalipto
|
raro
|
|
|
mirta*
|
mirto
|
frecuente
|
|
|
freixo
|
fresno de la
tierra
|
escaso
|
|
|
freixo
|
fresno común
|
frecuente
|
|
|
oliveira
|
olivo
|
ornamental
|
|
|
plátano
|
plátano
|
frecuente
|
|
|
sanguiño*
|
arraclán
|
frecuente
|
|
|
estripeiro*
|
espino majuelo
|
frecuente
|
|
|
cerdeira
|
cerezo
|
frecuente
|
|
|
guindo
|
guindo
|
frecuente
|
|
|
loureiro real*
|
laurel cerezo
|
frecuente
|
|
|
abruñeiro*
|
endrino
|
frecuente
|
|
|
pereira brava*
|
piruétano
|
frecuente
|
|
|
pereira brava*
|
piruétano
|
frecuente
|
|
|
chopo branco
|
álamo blanco
|
raro
|
|
|
chopo negro
|
álamo negro
|
frecuente
|
|
|
salgueiro
branco
|
sauce blanco
|
frecuente
|
|
|
salgueiro*
|
sauce ceniciento
|
abundante
|
|
|
salgueiro irto
|
sauce frágil
|
frecuente
|
|
|
salgueiro anano*
|
sauce rastrero
|
frecuente
|
|
|
salgueiro
nodoso*
|
barda
|
escaso
|
|
|
vimieiro*
|
mimbrera
|
escaso
|
|
|
olmo
|
olmo común
|
escaso
|
|
No hay comentarios:
Publicar un comentario