viernes, 28 de febrero de 2025

Festas patronais de 2009

  As festas patronais do ano 2009 volveron a ser un gran acontecemento. O entón alcalde Regos quedara moi satisfeito coas festas do ano 2008 pero non se conformou e quixo superalas. Doutra banda non había demasiado tempo que a vila fora escenario da 2ª Gala da Orquestra Panorama contra o Cancro, un megaconcerto cuns 50.000 espectadores, e a principios de mes os míticos Boney M deslumbraran no Festival Brincadeira.
 
  Entón... como facer para que as festas non se viran deslucidas por comparación?
  Obviamente contratar ás mellores orquestras de Galicia xa non bastaba, iso dábase por sentado. Había que traer tamén unha megaestrela que atraese xente, alguén que superase o nivel de David Civera e Marlene Mourreau. E... quen mellor que o indiscutible número un da música popular española nos anos 60 e 70? Si, efectivamente, as festas de 2009 recordaron ás de 1990 porque a principal atracción foi o gran Manolo Escobar!
 
Venres 14
Fania e Panorama
Sábado 15
Bámbola e Olympus
Domingo 16
Galilea e París de Noia
Luns 17
Orquestra Suavecito e Manolo Escobar
Manu Tenorio, La Década Prodigiosa e Lavorda
 
  Outro punto de atención foi o corte do tráfico. Regos viña de gastar unha morea de cartos na ampliación da Alameda con resultados discutibles. Unha das razóns que dera para esta ampliación era quitar as festas da estrada nacional. Evidentemente isto non pasou, pero a súa propaganda fixo fincapé en que "a diferenza do que acontecía na lexislatura anterior" os cortes de tráfico só serían parciais, unicamente durante as horas das actuacións e a correspondente montaxe dos palcos.
  En palabras do seu voceiro Ordessiete: "Deste xeito evítase, ademais, calquer risco na seguridade dos asistentes a estes concertos, pois sempre haberá un camiño de acceso rodado á alameda no caso de que fose preciso. Unha eventualidade que antes non se tiña en conta, pois instalábanse dous palcos sobre a N-550, o que facía imposible o acceso de, por exemplo, un vehículo de emerxencias ou unha ambulancia".
  Ademais tampouco se cobraría a O.R.A.
 
  As festas comezaron o venres ás 10 da noite con Fania e Panorama.
  O día grande, que ademais foi sábado, a sesión vermú foi amenizada pola Banda de Música de Negreira e a orquestra Bámbola. Pola tarde as 19:30 tivo lugar un partido de fútbol entre a SD Ordes a SD Compostela. A verbena da noite, que se prolongou ata pasadas as tres da madrugada, contou con Bámbola e Olympus e a habitual sesión de fogos de artificio, ese ano a cargo da empresa Artefogo.
  O domingo 16, Día de San Roque e Día do Emigrante, contou coas orquestras Galilea e París de Noia.
 

  O último día, como xa dixemos, foi o de protagonismo absoluto de Manolo Escobar. Por se non bastara coa súa 2ª actuación nas festas patronais, o cantante (entón con 77 anos) tivo o detalle de visitar a Residencia da Terceira Idade en compañía do alcalde e algúns concelleiros. O entusiasmo dos maiores ao ter diante en persoa a un dos seu maiores ídolos deixou as estampas máis entrañables daquelas festas.
  Manu Tenorio, La Década Prodigiosa e o grupo pop Lavorda acompañaron e prolongaron a noite para os máis mozos.
  Unha semana despois, o sábado 22 de agosto, como colofón das festas actuou o gaiteiro Xosé Manuel Budiño, presentando o seu disco "Home". Esta actuación foi froito dun acordo de colaboración asinado entre o Concello de Ordes e Caixanova.
 
  E para dar máis espectáculo, ainda houbo o habitual rifirrafe político. O portavoz do BNG, Ramiro Recouso, a conta dunha carta enviada polo alcalde aos veciños, acusou a este de “pretender que os veciños paguen a débeda que está acumulando o Concello debido ao despilfarro do alcalde”. Segundo o nacionalista, “non é de recibo que [Regos] pretenda sangrar económicamente aos veciños de Ordes, nun momento de crise, co envío reiterado de cartas solicitando diñeiro para supostamente sufragar as festas, xa que o único responsábel do estado de quebra no que se atopa o Concello con máis de 5 millóns de débeda é o alcalde”.
  A resposta chegou por parte do concelleiro do Mesón Luis Gómez Candal que declaraba: "Tanto veciños coma hosteleiros manifestáronnos a súa satisfacción coas festas nas que contamos coas mellores orquestras de Galicia. Remitíronse [as cartas] como todos os anos, ao remate das festas, invitando á xente a que colabore connosco, nada máis, nin teñen obriga nin hai cota, cada quen pode colaborar ou non, según o decida”.
  Engadía logo: "Entendemos que teñan que facer oposición pero deberon poñerse nerviosos polo éxito das festas para facer ese tipo de comentarios que non teñen nada que ver coa realidade".

martes, 25 de febrero de 2025

Poboación da comarca 2024

 
  O ano 2023 foi unha sorpresa total no ámbito da poboación: por primeira vez en moitos anos a comarca gañou novos habitantes. Si, foron só 64, pero acostumados a anos de descenso permanente, ese pequeno número soubo a gloria.
  Pois ben, 2024 confirmou que aquela subida non fora algo puntual. Os números (120 novos habitantes) volveron a ser modestos pero mellor iso que nada. Deste xeito a comarca contaba a 1 de xaneiro de 2024 con 36.320 almas.
  O que non cambiou foi que a responsabilidade dese aumento recaeu nos de sempre, os tres concellos centrais (Cerceda, Ordes e Oroso), aínda que se lles uníu Tordoia, habitual líder negativo. Tanto en termos absolutos como relativos Oroso foi o motor do crecemento cos seus 135 novos habitantes. Ordes aumentou en 103 almas, mentres a aportación de Cerceda e Tordoia foi máis irrelevante. O auxe da inmigración americana estaba detrás destas cifras, porque o crecemento vexetativo seguía a ser negativo.
 Doutra banda os concellos periféricos (agás Tordoia) seguiron costa abaixo. O líder negativo do ano 2023, Mesía, deixou ese ingrato posto a Frades que perdeu 83 habitantes (case un 4% da súa poboación), máis que Trazo e Mesía xuntos.

sábado, 22 de febrero de 2025

Nacemento de MACOGA

  O domingo 22 de maio de 1960 tivo lugar un dos eventos notables na historia de Ordes: a inauguración da estación de servizo MACOGA, orixe dunha das máis importantes empresas do concello. Tanto El Correo Gallego como La Noche publicaron o martes 24 o mesmo artigo -moi, moi longo e moi propagandístico-, que podedes ver a continuación. Non o resumín para que poidades apreciar mellor o estilo da época.
 

  Una de las más recientes e importantes mejoras introducidas en la villa de Órdenes se llama sencillamente así: "Macoga, Estación de Servicio".
  A primera vista, la noticia pudiera parecer intrascendente, pero deja de serlo para convertirse en cambio en tema de general interés cuando supone una gran ventaja para los automovilistas que a diario recorren la ruta La Coruña - Santiago y viceversa.
  La inauguración de la modernísima estación de servicio "Macoga" en Órdenes fue el acontecimiento del domingo en la progresiva villa y un motivo de especial satisfacción para el vecindario ordinense. Porque, en efecto, se trata de una mejora cuya positiva repercusión ha de ir apreciándose a medida que el tiempo transcurra. Por lo pronto significa la estimable posibilidad de provistarse [sic] de combustible -gasolina o gas-oil, indistintamente-, a mitad del viaje entre la ciudad del Apóstol y la ciudad herculina. Ello supone al propio tiempo un motivo para detenerse en Órdenes y que esta simpática población se lance a nuevas empresas, a futuros objetivos que tiendan a darle una vida más pujante. A ese futuro están orientadas las actividades de Órdenes, que perfila nuevas calles e incrementa el número de modernas edificaciones.
  Es interesante anotar la inauguración celebrada el domingo pasado en ese punto intermedio de uno de los trayectos de las carreteras de Galicia más utilizado por el tráfico automovilístico. Coincide también "Macoga" con las grandes mejoras que se están realizando en la carretera general con nuestra capital de provincia y, en sentido inverso, con la urbe compostelana, meta del turismo mundial; la eliminación de curvas, el ensanchamiento de algunos trozos de la carretera, su adecuada señalización...
  Órdenes cuenta, pues, con un establecimiento modelo en el género. Eso es "Macoga, Estación de Servicio": un magnífico establecimiento que espera al automovilista para facilitarle aquellos medios que necesita en pleno viaje: combustible, aceites, comprobación de aire, accesorios. Más adelante, los automovilistas hallarán todavía más en "Macoga": un espacioso garaje, con capacidad para 30 coches. Y un bar. Y siempre la competente colaboración de un personal especializado.
  Nosotros, que acabamos de asistir a su inauguración, hemos apreciado la general sensación de complacencia que había en el vecindario de la localidad, sumándose entusiásticamente al acto. Lo consideran muy suyo, porque entienden cuanto ha de reportar en beneficio del futuro de la villa. Y como jornada sobresaliente de la vida del pueblo, ha merecido el honor del disparo de bombas, el alegre pasodoble interpretado por una banda de música, y las elocuentes palabras del canónigo que bendijo las instalaciones. Luego hubo fiesta cordial en el domicilio de los señores de Concheiro García (D. Manuel), propietario de "Macoga" y fiesta en la calle, popular, entrañable.
 
FELIZ INICIATIVA
  Los amplios terrenos que ocupan las instalaciones de esta ejemplar estación de servicio podían haber sido destinados a una edificación cualquiera, sin otras perspectivas que las simplemente urbanísticas. Don Manuel Concheiro, propietario del solar, ha tenido otra iniciativa más feliz y renunciando a una óptima operación de venta, se decidió por la construcción de "Macoga", pensando en el beneficio que reportaría a su pueblo y que este ha de agradecer. No ha reparado para ello en dificultades ni en gastos y fruto de su entusiasmo y cariño por los interese generales de Órdenes ha sido el acto del domingo, que resume de manera solemne su valioso empeño. "Macoga" ya está en funcionamiento y los coches que circulan en las dos direcciones entre La Coruña y Santiago tienen ya a su disposición unos servicios permanentes que vienen a cubrir una gran necesidad.
 
QUÉ ES "MACOGA"
  Acompañados de don Manuel Concheiro García y de sus hijos visitamos la instalaciones de "Macoga", cuyo aspecto exterior no puede ser más grato. Pone en el perfil urbano de Órdenes la nota ultramoderna de una estación de servicio dispuesta para atender una considerable afluencia de vehículos. El edificio es de líneas muy originales y está dedicado preferentemente a gabinete de espera, oficinas y almacén.
  "Macoga" dispone de tres surtidores de gasolina de 82-O.N., de 93-O-N. y de gas-oil. Servicios de aceites, aire, agua y accesorios. Cada depósito tien una capacidad de diez mil litros de combustible. Todo funciona automáticamente. con la mayor precisión. "Macoga" está constantemente de servicio.
  Nos explicaba su propietario don Manuel Concheiro García que las instalaciones serán completadas en un plazo breve con un amplio garaje para estacionamiento, lavado y engrase de coches, llevando anejo un taller de reparaciones. Algo, en definitiva, que dará a Órdenes en este aspecto carácter de gran ciudad.
 
 
LA INAUGURACIÓN
  Como ya hemos dicho, la inauguración de "Macoga" tuvo relieve de acto fuera de serie, solemne. Contribuyó a ello la presencia de las autoridades de la localidad y personalidades de Santiago y La Coruña.
  Las instalaciones fueron bendecidas a las cinco y media de la tarde del domingo por D. Joaquín Andrade Orza, canónigo de la Real e Insigne Colegiata de La Coruña. No podía limitarse al solo ritual religioso don Joaquín Andrade cuando él, queriendo tan íntimamente a la villa de Órdenes, tenía que sentirse tan satisfecho como el señor Concheiro García y sus convecinos ante tal mejora. Porque D. Joaquín fue muchos años párroco de Órdenes, feligresía de la que pasó a ocupar un destacado puesto en el Cabildo de la Colegiata coruñesa. Y de ahí que el ex-párroco de la villa e ilustre canónigo hablase cordialmente a los que han sido sus feligreses para decirles que la estación de "Macoga" que iba a bendecir significaba un considerable motivo de progreso para aquella localidad. Se debe -dijo- al entusiasmo y al interés que por el futuro de Órdenes tiene don Manuel Concheiro García, que de una manera tan magnífica abre nuevas perspectivas a la vida de la localidad. Presentó la inauguración de "Macoga" como ejemplo a seguir en otros aspectos de Órdenes, para conseguir en un futuro inmediato otras mejoras que tanto se dejan sentir. Era, pues, un día señalado para Órdenes.
  Las palabras de don Joaquín Andrade fueron rubricadas con cariñosos aplausos de las personalidades y numeroso público que se hallaba presente en la bendición.
  Muchas han sido las significadas personas que acompañaron a don Manuel Concheiro García en esta inauguración. De ellas recordamos al concejal D. Viriato Lamas Gutiérrez, que ostentaba por ausencia del titular, la representación del alcalde de Órdenes; don Eduardo Somoza del Río, en representación del juez de Instrucción; presidente de la Sala de lo Civil, señor Roveres; secretario del juzgado don Jesús Crispín Castro; teniente fiscal jefe de la Audiencia de La Coruña, señor Gerín; jefe de línea de la Guardia Civil, don Emilio Prado Lorca; comandante del puesto de la Guardia Civil, brigada don Luis Suárez Rey; varios concejales del Ayuntamiento con el secretario don Ángel Concheiro Iglesias; delegado comarcal de Sindicatos, don Laureano Iglesias del Río; los médicos don Manuel Rey Nión, don Genaro González y don Fernando Concheiro García; señor Llovo, de Santiago; el párroco de Órdenes, don José Fuentes, y los párrocos de varias feligresías del término, entre ellos los de Abellá, Montaos y Juanceda; alcalde de Tordoya, señor Liñares Regueiro, el médico de la misma localidad, señor Camino, y don Francisco Concheiro García. Entre los invitados figuraban también industriales, comerciantes y particulares de Bergondo y Betanzos. La Banca local y la Caja de Ahorros estuvieron representadas por sus respectivos directores.
 
AGASAJO A LOS INVITADOS
  El acto fue amenizado por la Banda de Música de Arca que a continuación lo hizo también en la fiesta popular celebrada en la Alameda del Soldado Lois.
Terminada la brillante ceremonia, el propietario de "Macoga" invitó a su domicilio a las autoridades y representaciones a las que agasajó con un espléndido lunch. La reunión ha sido gratísima. Durante la misma, a la que asistieron distinguidas damas y señoritas, hicieron los honores de la casa con exquisita delicadeza, don Manuel Concheiro García y su esposa, doña Elena Barreiro Martínez, secundados por sus hijos y su gentil sobrina señorita María Cruz Concheiro Varela.
  Como colofón de este reportaje informativo queremos expresar la felicitación más cordial a D. Manuel Concheiro García, augurándole a la estación de servicios "Macoga" una vida llena de prosperidades que han de redundar también en beneficio de Órdenes. Una felicitación especial merece también la casa "Iglesias, Instalaciones Petrolíferas" de Madrid, que ha realizado la instalación técnica de la referida Estación, representada en Galicia por don Luis Iglesias Álvarez. Y finalmente hemos de agradecer la gentileza con que hemos sido atendidos por nuestros distinguidos amigos los señores de Concheiro, tan ligados a nuestro periódico.

miércoles, 19 de febrero de 2025

Castro do Piñeiro (Mercurín)

   Na parroquia de Mercurín, ademais do castro de Souto, o máis próximo á igrexa, e doutro que está preto do Vilar, achamos na zona sueste, case no límite parroquial con Leira o castro do Piñeiro.
 

  Tamén é coñecido como castro da Portela (está a pouco máis de 200 metros dalgunha das casas deste lugar) ou simplemente a Medorra.
  Contra o que é usual noutros castros, non está nunha zona especialmente alta e ten moi fácil acceso, pois na estrada Ordes-Cerceda á altura da Portela hai unha pista asfaltada que conduce ao Piñeiro e que bordea o castro. Nesta pista, na súa zona sur está a entrada.
 

  É un recinto vagamente circular que conserva o parapeto no sector norte-noroeste, mentres no resto do perímetro apenas quedan restos do mesmo. No sector norte apréciase o foso, en correspondencia co parapeto. As súas dimensións son sobre 120 metros de norte a sur e uns 105-110 de oeste a leste, tendo unha superficie bastante grande: aproximadamente 1,1 Hectárea (ou máis enxebre, uns 17 ferrados).
  Na actualidade está rodeado de arboredo e o interior, dividido ao parecer en catro parcelas con orientación norte-sur, dedícase a prados e a algún cultivo (incluíndo árbores froiteiras).
 

sábado, 15 de febrero de 2025

Vodas en 1960

   1960 foi pródigo en vodas distinguidas, dúas delas con membros da familia Pol.
 
 
En marzo casou na igrexa parroquial de Ordes Ofelia del Amo Pol con José Juan Luis Franco García.
Foron os padriños unha irmá do noivo Purificación Franco García e o pai da noiva, o profesor e antigo director de Institucións Penitenciarias na época republicana Mariano del Amo Algara. Oficiou a misa o párroco de Sada don Juan Villanueva. Portaban as arras e os aneis as nenas Margarita Castro, Guillermina Souto e Mely Pérez. A noiva levaba precioso traxe de brocado de algodón, veo de tul ilusión e tocado de azahar.
  Representou á lei Jaime Concheiro del Río. Asinaron como testemuñas por parte do noivo Antonio Rivas Núñez, Antonio Posse del Río e Antonio Souto Vázquez, mentres que pola noiva asinaron Antonio Concheiro Iglesias, Fernando García del Río, Manuel Concheiro García, Ernesto Nogueira Romero e Alberto Concheiro Barreiro.
  Despois da comida nun restaurante da localidade, os novos esposos marcharon de lúa de mel por distintas capitales españolas.
  Establecéronse en Bergondo onde ese mesmo ano naceu o seu primeiro fillo Francisco, famoso bioquímico. Terían outros dous: Julio e Mariano Franco del Amo. Despois de Bergondo irían a Carnota e finalmente acabarían vivindo na Coruña onde ela rexentou a farmacia de Monelos 211 desde 1963 ata 2009. O matrimonio durou 34 anos ata a morte de José o 16 de xullo de 1994 con 76 anos de idade. Ofelia morrería 30 anos despois no Nadal de 2024.
 
  En abril, tamén na igrexa parroquial, casaron Mª Carmen Regos Regos e o industrial Carlos Regos Faya. Foron os padriños o pai da noiva José Regos Regos e a tía do noivo Estrella Regos Caramelo (nai de Ramón o Practicante). Representou á lei Jesús Cristín Pérez e asinaron como testemuñas o pai do noivo Manuel Regos Caramelo, Fernando Vieites Faya, Segundo e Genaro Faya, Jesús Regos e José López Menviela.
  Os numerosos invitados foron obsequiados cun banquete no Nogallás. Os esposos saíron de lúa de mel por diversas capitais españolas. Establecéronse en Ordes, en Alfonso Senra, e tiveron dous fillos: María e Carlos Regos Regos. O matrimonio durou ata 1993, ano en que morreu Carlos.
 
  O luns 30 de maio, novamente na igrexa de Santa María, tivo lugar a voda de Mª Pilar Cristín Pérez con Alfonso Castro Pol. O oficiante foi o párroco de Abellá don Luis Pérez Regueiro, íntimo da familia da noiva. Portaba as arras a "encantadora nena" Victoria Lamas Pisonero.
  Os padriños foron a nai do noivo Julia Pol Crespo (m.1963) e o pai da noiva Jesús Cristín Castro. Representou á lei Alfonso de Navascués y de Pablos, xuíz de 1ª Instancia e Instrucción de Ordes. Asinaron como testemuñas Lisardo Castro Amor, Manuel Pérez Mirás, Mariano Alba Quintana, Jesús Cristín Pérez, Julio Castro Pol, Darío Fole Malvar, Antonio, Celestino e Ángel Concheiro Iglesias, Juan Liñares Castro, Manuel Rey Nión, Segismundo Viqueira Ramos, Antonio Astray Rivas, Celestino Amigo Amigo, Manuel Mª Concheiro Barreiro, José Galán, Ignacio Castro, Viriato Lamas Gutiérrez e José Luis Palmeiro.
  Os invitados foron obsequiados cun lunch. O esposos saíron en lúa de mel. Posteriormente establéceronse en Madrid, aínda que agora viven en Francia.
 
  A finais de agosto tivo lugar na profusamente adornada capela do Sanatorio Concheiro a voda de Mª Jesús Liñares Stolle co médico Leandro Rodríguez Buján, que tiña entón 30 anos e era fillo de Maximino Rodríguez (1896-1969) e de Carmen Buján (1899-1989).
  Os padriños foron a nai do noivo Carmen Buján Sampedro e o pai da noiva, o alcalde Juan Liñares Castro. Oficiou a cerimonia don Antonio Stolle Álvarez, primo da noiva. Portaban as arras e os aneis as nenas Rosa Mª Liñares, irmá da noiva, e Lucía Quintana Rodríguez, sobriña do noivo, "primorosamente ataviadas".
  A noiva levaba un modelo de Ninna Ricci e o noivo vestía de "correcta etiqueta".
 
  Representou á lei Emilio Pita Álvarez e asinaron como testemuñas un lote de personalidades: Manuel Ferro Couselo, don Joaquín Andrade Orza, Manuel Lojo Tato, Jaime Castro García, Alfonso Penavasquez de Pablo, Jesús Cristín Castro, Antonio e Celestino Concheiro, José Trillo Fernández, Benito Rivas Pichel, Luis e Olimpio Liñares Castro, Carlos Ramón Ballesteros, Manuel Concheiro García, Marcelo Riego Urgal, Antonio Quintáns Pardo, Serafín Rivera Verdes, Daniel, Leandro e Ángel Buján Fernández, Alberto Flórez Plaza, Joaquín Erranz, Antonio Mariño Iglesias, Carlos Quintáns Cambón e Jaime Cabeza González.
  Os máis de 300 invitados foron obsequiados cunha cea fría nun salón de Ordes. Os novos esposos saíron de lúa de mel por España e o estranxeiro. Primeiramente estableceríanse na Coruña, pero acabarían vivindo en Santiago. Mª Jesús herdou a farmacia de abaixo, que entón estaba en Alfonso Senra 112, e que agora (xa no número 139) está en mans da súa filla Gemma.
 
  Finalmente o luns 5 de setembro pero non en Ordes, senón na igrexa parroquial de Santa Susana en Santiago tivo lugar a fastosa voda de Mª Pilar García Yrago, máis coñecida como Pilarín, con Luis Astray Rivas, da moi coñecida familia Astray.
   Pilarín era filla do comandante de Artillería (e presidente do Santiago FC) José García Romera e de María Yrago. Luis Astray, primeiro oficial do Rexistro en Ordes era fillo do avogado e encargado do Rexistro da Propiedade Manuel Astray Mato (m.1964) e de Clara Rivas Marzoa (m.1965).
  Os padriños como era costume foron o pai da noiva e a nai do noivo. Oficiou o profesor do Seminario don Donato Dosil. Representou á lei o pai do noivo e asinaron como testemuñas Eladio Colino de Gomar, Rosendo Ramos, Ramón Ríos, Genaro González, Manuel Liñares, Manuel Peleteiro, Manuel Astray Rivas, Fernando Concheiro, César González, Joaquín Lameiro, Pablo Landeira, Alfonso Leirós, Segismundo Viqueira, Jaime Concheiro e Juan Viqueira Veiras.
  A noiva luciu un traxe brocado e veo de tul ilusión e o noivo ía de rigorosa etiqueta. Finalizado o acto os numerosos invitados foron obsequiados nada menos que no Hostal dos Reis Católicos cun ágape amenizado pola orquestra Hispania.
  O matrimonio despois da lúa de mel estableceuse en Ordes. Case durou 50 anos porque Luis morreu en 2008 e Pilar un ano despois, pero foi moi desafortunado ao final porque viron morrer novos aos seus tres fillos varóns: Rafael, Alberto e Juan Luis. Só lles sobreviviu a filla maior, Luisa Astray, que actualmente reside en Monforte de Lemos.
 
 
 Unha anécdota: Os rapaces e non tan rapaces xogaban na Alameda cando aínda tiña o chan de terra. O meu pai Juan Ferreiro volvía de ir a un prado que tiña en Vilar. Parou na Alameda para botar unha partida e para a súa desgraza foi contra Luis Astray. "Gañoume as tres canicas que levaba nun pispás. Tiña unha puntería bárbara. Era unha máquina xogando". 

martes, 11 de febrero de 2025

O Megaconcerto

   O xoves 30 de abril de 2009 Ordes entrou na historia da música de Galicia. O Campo da Feira acolleu un dos concertos máis multitudinarios celebrados na comunidade. Segundo estimacións da policía local, foron arredor de 50.000 persoas as que asistiron á II Gala contra o Cancro da Orquestra Panorama (a primeira tivera lugar o ano anterior na praza de Fefiñáns en Cambados).
  Chegaron de toda Galicia uns 30.000 vehículos que empezaron a tomar as rúas da vila desde as 7 da tarde. Segundo testemuños dos que viñeron pola N-550 desde Santiago, a caravana de coches xa empezaba na Finsa.
  Esta afluencia converteu ao concerto no 2º con máis público da historia de Galicia. Dezaseis anos antes, en 1993, o chamado Concerto dos Mil anos acolleu en Riazor a 80.000 espectadores (pero durou tres días), superando ao concerto dos Dire Straits en Balaídos de 1992 que tivo 40.000 espectadores.
 
 
   O gran escenario estaba na zona oeste do Campo da Feira, orientado fronte á rúa Compostela, chea tamén a rebentar (un dos cantantes chamounos "el público que está en la colina"). Como se adoita dicir, non cabía nin un alfinete.
  Empezou a soar a música con atraso. Eran xa preto das doce da noite cando a Panorama comezaba cun popurrí de temas de moda. Logo sairían os cantantes nacionais famosos.
  O primeiro punto destacado foi a actuación de Carlos Baute e Marta Sánchez que ese ano estaban "on fire" grazas ao seu tremendamente exitoso tema Colgando en tus manos. Por certo que, a pesar da súa experiencia, Marta Sánchez soaba bastante peor que o seu compañeiro.
  Despois doutra intervención da Panorama, chegaba a quenda dos agradecementos. Subiron ao escenario o alcalde Manuel Regos e a presidenta da delegación pontevedresa da Asociación Española Contra o Cancro, acompañados de Lito Garrido, Marta Sánchez e Carlos Baute. Regos agradeceu a asistencia e promocionou o DVD da gala, animando a compralo para ver se lograban superarse os 20.000 euros da gala anterior.
  Foron desfilando logo o resto de artistas, soando todos moi regularmente: Melocos, Kiko e Shara, Astarot, OBK… pero o prato forte estaba por chegar: os dous Davides.
  Bustamante, cunha camiseta negra que inmediatamente cubriu cunha chaqueta gris e logo cunha bufanda, demostrou co seu chorro de voz que non era o equipo de son o que estaba mal senón os cantantes anteriores. Ademais de rebentar a decibelios o campo da feira, regalou un tema galego e a capella á presentadora Yolanda Vázquez.
  Despois dunha breve actuación de Vicky, unha bailarina do programa Fama, apareceu a outra estrela da noite, o entón "Ricitos de oro" David Bisbal, que sen chegar ás alturas vogais do seu compañeiro, deixou patente a súa calidade interpretativa e un alto nivel de baile. Súa foi tamén a anécdota da noite pois nas charlas co público viuse que non tiña claro o nome da vila á que chamou "Ordés".
 

  A festa continuou ata altas horas da madrugada, primeiro nas rúas e despois na LP45. A policía local puido confirmar ao día seguinte que non houbo incidentes significativos, o que converteu a noite nun éxito total para os ordenses. Os forasteiros, claro, tiveron que soportar enormes retencións de tráfico, pero foi un pequeno prezo a pagar para poder dicir: "Eu estiven alí".

jueves, 6 de febrero de 2025

Mapas da comarca de Ordes

  Aínda que xa había neste blog un mapa da comarca, era de pequeno tamaño e por tanto moi esquemático. Aquí tedes agora un par de mapas moito máis grandes e complexos. O primeiro é un mapa físico e o segundo un mapa político que trae as capitais dos sete concellos, algunhas localidades máis e as principais estradas.
  Como sempre, para velos a tamaño completo, debedes premer enriba deles.
 

domingo, 2 de febrero de 2025

O ano 1960


  En 1960, co recente triunfo de Fidel Castro en Cuba, recruouse a Guerra Fría. A URSS abatiu un avión espía, atrapando ao piloto Francis Gary Powers e Nikita Kruschev pegou co zapato na tribuna nunha asemblea da ONU. Os USA pola súa parte botaron o Enterprise, o primeiro portaavións nuclear, e contemplaron en novembro a victoria de John F. Kennedy sobre Richard Nixon despois dun trascendental debate televisado. Brasil estreaba nova e futurista capital no mes de abril. Pouco despois en Chile produciuse o terremoto máis poderoso da historia (9,5 Ritcher) con máis de 2.000 mortos.
  Francia, logo da humillación en Indochina e Suez, detonaba a súa 1ª bomba atómica de proba e enfrontaba a descolonización en Africa: Togo, Madagascar, Costa de Marfil, Chad, Congo, Gabón e Mauritania independizáronse ese ano. Tamén o Congo Belga alcanzou a independencia en xuño. En cambio a República Sudafricana viviu a terrible masacre de Sharpeville. En Sri Lanka chegaría á presidencia a primeira muller, Sirimavo Bandaranaike.
  Foi un ano de grandes avances na ciencia: en xaneiro Jacques Picard e Don Walsh a bordo do batíscafo Trieste baixaron á fosa de las Marianas, en febreiro inaugurouse o maior acelerador de partículas en Suiza, en abril iniciouse o programa SETI e en maio tivo lugar un feito revolucionario coa venda da 1ª píldora anticonceptiva.
  Noticias rechamantes foron o secuestro en Arxentina do criminal de guerra Adolf Eichmann por parte de axentes do Mosad, a voda de Balduino de Bélxica con Fabiola de Mora y Aragón e os Xogos Olímpicos de Roma onde destacou Abebe Bikila.
  1960 foi ano de películas memorables como The Apartment ou Psycho e dunha canción e baile que o petou totalmente: o Twist.
 

  Nunha España que chegou aos 30,5 millóns de habitantes 1960 foi un ano duro por ser o primeiro despois do Plan de Estabilización, pero pronto se verían os resultados. Cunha RPC de 1.042 $ era xunto con Portugal o país máis pobre de Europa occidental. A poboación agraria aínda era o 39% do total e supoñía o 22% do PIB, pero había signos moi positivos, sobre todo os 6 millóns de turistas que viñan ao país e deixaban divisas e novas ideas. Un atentado do DRIL ocasionou a 1ª vítima de terrorismo: unha bebé de 22 meses.
  No eido da cultura a voda de Fabiola e Balduino disparou a venda de televisores pero a radio seguía sendo a raíña. No cine iniciou o fenómeno Marisol con "Un rayo de luz" aínda que houbo outras películas de maior calidade como "El cochecito" ou "Los golfos". Na música comezou a revolución que desprazaría á copla e ao bolero: o Dúo Dinámico publicou a canción "Quince años" que sería un enorme éxito en 1961, iniciando o fenómeno fans, e Manolo Escobar renovou a rumba co tema "El porompompero".
  Galicia tiña en 1960 a mesma poboación que Madrid!, 2,6 millóns de habitantes (o 8,5% do total español). Continuaba forte a emigración, que agora ía tamén a Europa, pero seguía mellorando a economía, por exemplo os irmáns Fernández López fundaron en Vigo Pescanova. Outra agradable nova foi o Balón de Ouro logrado polo futbolista coruñés Luis Suárez.
 

Ordes chegou aos 11.770 habitantes. Houbo notables melloras na vila: construíronse varias escolas, os novos matadoiro e cárcere do partido (que nunca chegou a funcionar como tal) e cambiouse o alumeado público.
XANEIRO: Morreu Gabriel Amor Candal o Churrero o día 10 aos 68 anos. Debutou en Madrid o bailarín ordense Juanjo Linares como "Xuanxo".
FEBREIRO: O día 5 faleceu Juan López Dapena, sacerdote capelán do sanatorio da Choupana, soterrado en Leira e o día 8 Antonio Juncal Gende aos 58 anos en Beán.
MARZO: Bautizo en Ordes de Manuel José, primoxénito do veterinario de Monfero Manuel Pedreira Vázquez e Ana Mª del Río Sánchez. Voda de Ofelia del Amo Pol con José J.L. Franco García. O día 3 morreu Manuel Sanjurjo Sanjurjo aos 51 anos en Vilamaior, e o 16  Pilar Varela Abella aos 85 anos en Poulo. Tamén apareceu un home aforcado en Fafián, Trasmonte (Oroso). Homicidio en Castenda da Torre (Tordoia).
ABRIL: O Gobernador Civil Evaristo Martín Freire visitou Ordes e outras vilas divulgando o "Plan Coruña". Voda de Mª Carmen Regos con Carlos Regos.
MAIO: Inauguración da estación de servizo Macoga na rúa Alfonso Senra. Xuízo contra o veciño de Rodís Manuel Bello González pola morte de Gregorio Pereiro Liste. Voda de Mª Pilar Cristín Pérez con Alfonso Castro Pol. O día 12 faleceu Manuel Rodríguez aos 58 anos en Leira. O día 18 naceu Pedro Hervés Álvarez (Brea Hervés).
XUÑO: Asemblea comarcal sacerdotal en Ordes clausurada polo cardeal Quiroga Palacios. O día 14 morreu o mestre e tenente de alcalde Ricardo Rama Blanco. O día 24 aos 59 anos Manuela Martínez Varela, muller de Juan Ríos García e nai de 7 fillas e un fillo. O concello de Buján pasa a chamarse oficialmente Valle del Dubra.
XULLO: Nun grave accidente de moto entre Ordes e Oroso morreu o tenente de Artillería de 45 anos Francisco Cuba Miguel. Outro grave accidente de moto en Viaño Pequeno tivo de protagonista ao xastre de Ordes José Lodeiro Sánchez de 34 anos e deixaríalle secuelas permanentes. O gobernador Civil inaugurou o matadoiro de Ordes.
AGOSTO: Voda de Mª Jesús Liñares Stolle co médico Leandro Rodríguez Buján. Festas de Ordes con iluminación do padronés Eliseo Blanco Rial.
SETEMBRO: Voda de Pilarín García Yrago con Luis Astray. Bautizo da primoxénita do xuíz Alfonso de Navascués y Pablos e Mª Erundina Pérez de Quiñones. O día 6 morreu a moi coñecida Josefa Vázquez Aude a Tarula.
OUTUBRO: Parou a comer en Ordes o equipo do Celta de visita en Riazor. O día 28 morreu aos 87 anos Manuela Vilariño Fernández, viúva de Faya. O día seguinte morreu Francisca López Camino aos 26 anos.
NOVEMBRO: O día 21 morreu Juan Martínez del Río de Vilaverde, marido de María Manteiga.
DECEMBRO: Derrota do Ordes diante do Ferrol. A Sociedade Cultural organizou unha festa de fin de ano no Oriental Cinema amenizada pola orquestra Copacabana. O día 30 naceu José González Marcos PJ.