Se en 2021
e 2022 a dinámica poboacional da comarca
cambiara con respecto aos anos pre-pandémicos, 2023 supuxo unha sorpresa total:
por primeira vez en moitos anos a comarca gañou poboación. Si, foron só 64 habitantes novos,
apenas un 0,17 % máis, pero non podemos queixarnos, xa que chegamos á redonda
cantidade de 36.200 habitantes.
O que non cambiou foi que a responsabilidade
dese aumento recaeu nos de sempre, os tres concellos centrais (Cerceda, Ordes e
Oroso) que aumentaron case en 170 habitantes. Aínda que en termos absolutos
Ordes foi o que máis subiu, a porcentaxe foi similar nos tres casos. A
inmigración americana parecía estar detrás deste aumento.
Doutra banda os catro concellos periféricos
volveron a perder habitantes. Tanto en termos absolutos como en porcentaxe o que
máis baixou foi Mesía, seguido de
Frades. Tordoia, habitual líder negativo, ese ano só baixou un 0,7 % e Trazo
aínda menos, un 0,5 %.
Se botamos a vista dez anos atrás, ao ano 2013, vemos que a comarca tiña entón 38.153 habitantes, polo tanto perdeu case dous mil persoas nesta última década. De feito o único dos sete concellos que gañou poboación nos últimos 15 anos foi Oroso.
No hay comentarios:
Publicar un comentario