martes, 25 de febrero de 2025

Poboación da comarca 2024

 
  O ano 2023 foi unha sorpresa total no ámbito da poboación: por primeira vez en moitos anos a comarca gañou novos habitantes. Si, foron só 64, pero acostumados a anos de descenso permanente, ese pequeno número soubo a gloria.
  Pois ben, 2024 confirmou que aquela subida non fora algo puntual. Os números (120 novos habitantes) volveron a ser modestos pero mellor iso que nada. Deste xeito a comarca contaba a 1 de xaneiro de 2024 con 36.320 almas.
  O que non cambiou foi que a responsabilidade dese aumento recaeu nos de sempre, os tres concellos centrais (Cerceda, Ordes e Oroso), aínda que se lles uníu Tordoia, habitual líder negativo. Tanto en termos absolutos como relativos Oroso foi o motor do crecemento cos seus 135 novos habitantes. Ordes aumentou en 103 almas, mentres a aportación de Cerceda e Tordoia foi máis irrelevante. O auxe da inmigración americana estaba detrás destas cifras, porque o crecemento vexetativo seguía a ser negativo.
 Doutra banda os concellos periféricos (agás Tordoia) seguiron costa abaixo. O líder negativo do ano 2023, Mesía, deixou ese ingrato posto a Frades que perdeu 83 habitantes (case un 4% da súa poboación), máis que Trazo e Mesía xuntos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario