2007 foi o ano do iPhone, do horrible
Windows Vista e do Burj Khalifa como novo edificio máis alto do mundo, e tamén
foi o ano en que a crise das hipotecas subprime en USA comezou a estenderse
internacionalmente.
Os partidos de
esquerda dominaban América do Sur: Lula da Siva iniciaba o seu 2º mandato, a
peronista Cristina Fernández convertíase na 2ª muller presidente en Arxentina e
en Venezuela continuaba Hugo Chávez, a quen Juan Carlos lle espetou o famoso "¿Por qué no te callas?" na XVII Cumbre Iberoamericana. En cambio en
Europa dimitía o laborista Tony Blair no RU e o dereitista Nicolás Sarkozy
gañaba contundentemente as eleccións en Francia, aínda que a nova máis
comentada era a desaparición da nena Madeleine McCann do seu hotel do Algarve. O
ano rematou co asasinato nun atentado suicida da ex-presidente Benazir Bhutto
en Rawalpindi, a capital de Pakistán.
Nunha España
pre-crise, pero onde a bolsa xa emitía sinais de fatiga e os construtores
advertían do final da burbulla, chegouse aos 45 millóns de habitantes. Ese ano falouse da folga de fame do
etarra de Juana e de temas menos serios como a separación de Amaia Montero do
seu grupo La Oreja de Van Gogh ou do
secuestro da revista El Jueves. As
eleccións municipais e autonomicas de maio non resolveron nada porque o PP
gañou en votos e o PSOE ampliou o poder territorial. Tamén acabou mal o ano
porque en Bayona ETA volveu aos atentados, matando a un policía.
Galicia
sufriu unha enorme seca e tivo un novo susto co barco Ostedijk. Non houbo
acordo político nin novo estatuto e o PP perdeu as cidades nas eleccións de
maio.
En Ordes 2007 foi o ano máis entretido da súa
historia recente. O pobo foi ávido espectador da traxicomedia política que se
desenvolveu diante dos seus ollos. A tácita tregua do ano 2006 rachou en anacos e cada un dos actores realizou espectaculares
movementos nunha partida que non tiña nada que envexar ás dos grandes mestres
do xadrez.
Se Manuel Regos xa tiña perfilada a súa nova agrupación UxO, agora foi Manuel Astray o que moveu a silla no
PSOE, abandonando o partido en xaneiro por mor dos seus desacordos coa deputada
Esther Couto. A continuación volveu a poñer sobre a mesa o debate sobre os
soldos do equipo de goberno e denunciou no Xulgado a Martino por non deixarlle
presentar unha moción no pleno, mentres de paso se unía ao médico Juan Simón
Torre Expósito como número dous da formación Nova Alternativa. Roberto González, acompañado por Susana
García e o futuro alcalde Martís, integrábase
en TeGa, un caixón de xastre autonómico onde cabía case calquera descontento, e
aínda nos faltaba o incombustible Victorino
Cores que se uniu ao Partido Galeguista.
Por tanto en febreiro os ordenses souberon
que as eleccións de maio serían as de maior número de contendentes na historia.
"Siete enanos para
Blancanieves" foi o divertido titular dun artigo de La Voz de Galicia falando sobre o tema. Teodosio Martino mantivo o seu soldo grazas ao seu voto de calidade
como alcalde e logrou en marzo o apoio de Manuel Blanco Mosquera, un dos
concelleiros que deixaran o PP. O BNG, pola súa banda, volveu botar man do seu
maior activo, un Ramiro Recouso que
deixou o seu retiro para ser o número tres da lista nacionalista. Un
último pleno en abril rematou con enorme tensión entre Martino e Astray.
ELECCIÓNS MUNICIPAIS de MAIO de 2007 |
||||
Censo: 12.177Votos emitidos: 8.718Abstencións: 3.459% abstención: 28,4Votos en branco: 104Votos nulos: 74Concelleiros: 17 |
Partido |
Edís |
Votos |
% |
UxO |
4 |
2.039 |
23,88 |
|
PP |
4 |
1.693 |
19,82 |
|
PSOE |
3 |
1.639 |
19,19 |
|
BNG |
3 |
1.535 |
17,97 |
|
NA |
2 |
909 |
10,64 |
|
TeGa |
1 |
530 |
6,21 |
|
PG |
0 |
195 |
2,28 |
As
eleccións despexaron dúbidas: o pobo quería un cambio no statu-quo e o actor do
cambio sería Manuel Regos con UxO.
A
continuación viñeron as negociacións a varias bandas, prolongando a expectación.
Remataron en xuño cando Regos foi nomeado alcalde
co apoio do PSOE e de TeGa. En xullo outro xiro de guion máis: Astray (ao revés
que Juan Simón) entrou no goberno, que curiosamente cobraba ao ano 150.000 €,
un 36% máis que o anterior. Por certo que Astray ameazou con abandonalo se iso
era así (pero non debía de selo porque alí seguiu) e foi expulsado de NA en
outubro. Con todo isto solucionado, Regos empezou o seu primeiro mandato. Nos
seguintes meses organizaría Brincadeira e
asumiría a xestión da piscina e do cemiterio.
Instaurouse a ORA nas rúas céntricas da
vila. Proxectada para novembro de 2006, acumulou semanas de retraso pero por
fin o 23 de abril comezou o seu funcionamento. Se ben ao principio houbo
bastante oposición e as rúas quedaron case baleiras, pronto os ordenses se
acostumaron a ela. Tamén o paso dos camións con lixo para Sogama pola vila
causaba molestia e chegáronse a reunir 3.000 sinaturas apoiando que fosen
desviados das rúas céntricas.
No eido da educación inaugurouse en marzo a
escola infantil "Sorrisos" no polígono (que ampliaría o horario ata
as 14 horas en xuño) e comezaba a loita por manter as unitarias de Merelle e
Parada. O gran pau chegou en outubro coa supresión co ciclo formativo de téxtil
e confección no Instituto de FP. En cambio a boa noticia foi que a biblioteca
municipal ampliou o seu horario. E por fin, despois de moito tempo, a nova
corporación logrou cambiar o nome das rúas da época franquista.
A Movida comezaba a dar síntomas de esgotamento e xa se
albiscaba que Santa Comba coas súas licenzas de "Tablao flamenco" e
conseguinte horario de peche tardío sería un duro competidor. Pero se a movida
baixaba algo, o que subía exponencialmente era o número de festas: Expofegasa
en abril co seu desfile de moda que levou 600 persoas á sala, mentres o
champiñón concentrou 20.000 persoas na vila. A festa da 3ª idade en maio (por
suposto antes das eleccións). En xullo tivo lugar a 1ª Feira medieval con gran
éxito de asistencia pero vendas moderadas e o 3º Revoltosa Rock en Montaos.
Agosto contemplaría a 1ª edición de Brincadeira en Ordes e as festas patronais, e en setembro Poulo para non ser menos inventou
outro festival chamado "Meigas fóra!".
O equipo do Ordes que subira o ano anterior a
3ª División renovou como adestrador a José Antonio Cambón. O derbi contra o
Cerceda trouxo ata a vila 700 cercedenses.
Na
parte negativa volveu haber verteduras contaminantes ao Cabrón e apareceron
lobos en Beán matando 27 ovellas. Na parte positiva Manolo, un can chihuahua do
Mesón do Vento, gañou un torneo internacional... en México!!! e o ano rematou con Rogelio Bodelo Deus, mozo
ordense de 24 anos, nomeado "guapo oficial" da provincia da Coruña.
E de propina un vídeo daquel ano sobre o noso
concello.
2007
foi o ano da gran película "No Country for Old Men" e da divertida
"Ratatouille". No campo da música vimos o debut de Sean Kingston
con "Beautiful girls", aínda que as máis oídas foron
"Irreplaceable" de Beyoncé, "Umbrella" de Rihanna e
"The Great Escape" de Gwen Stefani. En castelán destacou "Me muero" do grupo 5ª
Estación.
|